Pinus contorta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Pinus contorta

Pinus contorta subsp. contorta no estado de Washington
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Plantae

Clado: Tracheophytes
Clado: Gymnosperms

División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pinus
Subxénero: P. subg. Pinus
Sección: P. sect. Trifoliae

Subsección: P. subsect. Contortae

Especie: Pinus contorta
Douglas
Mapa de distribución: * Pinus contorta subsp. contorta * P. contorta subsp. latifolia * P. contorta subsp. murrayana
Mapa de distribución: * Pinus contorta subsp. contorta * P. contorta subsp. latifolia * P. contorta subsp. murrayana

Mapa de distribución:
  • Pinus contorta subsp. contorta
  • P. contorta subsp. latifolia
  • P. contorta subsp. murrayana
Subspecies

4, ver texto

Pinus contorta[2] é unha árbore conífera do oeste de América do Norte. É común preto da costa oceánica e en bosques de montaña secos da zona subalpina, pero é raro en bosques temperados húmidos das terras baixas. Como todos os piñeiros (membros das especies do xénero Pinus) é de folla perenne.

Descrición[editar | editar a fonte]

Dependendo da subespecie, Pinus contorta crece como un arbusto ou unha árbore. A forma arbustiva é un krummholz (forma deformada subártica ou subalpina) de aproximadamente de 1 a 3 m de altura. A forma de árbore delgada e de copa estreita pode medrar ata os 40-50 m e acada os 2 m de diámetro á altura do peito dun home.[3] A subespecie murrayana é a máis alta. A copa é redondeada e a parte superior é aplanada. En bosques densos, a árbore ten unha copa delgada, e cónica. A formación de árbores xemelgos é común nalgunhas poboacións da Columbia Británica. As pólas elásticas dirixense cara a arriba ou colgan e son difíciles de romper. As pólas están cubertas de curtos brotes que son doados de arrancar.[4][5][6]

O nome de especie é contorta debido aos piñeiros dobrados e retortos que se encontran en zonas costeiras[7] así como polas follas aciculares retortas.[8][9][10][11][12] P. contorta subsp. latifolia hibrida co moi relacionado Pinus banksiana.

A codia de P. contorta latifolia é delgada, escamosa e marrón cincenta.[7] A da forma costeira (P. c. contorta) é algo grosa e parecida a cortiza, fisurada en cadrados.[7] Algúns P. c. latifolia aparecen a alturas baixas e teñen características parecidas ás formas costeiras, incluíndo a codia.[7]

A subespecie murrayana pode vivir séculos e no parque de Yellowstone sábese que algúns P. contorta latifolia viviron 300 anos.[7]

Follas[editar | editar a fonte]

As follas son de 4 a 8 cm de longas, dispostas en feixes de dúas, alternadas sobre as ramiñas. Os conos femininos son de 3 a 7 cm de longo con escamas de extremos agudos.

Os gromos teñen forma oval e son marróns avermellados e dunha lonxitude de 20 a 30 mm. Son bicudos, lixeiramente rotados e moi resinosos. O crecemento de primavera empeza en tempo benigno en abril e o crecemento anual complétase a inicios de xullo. As follas aciculares ou acículas son escuras e principalmente brillantes, agudas e de 4 a 8 cm de longo e de 0,9 a 2 mm de ancho. O bordo da acícula ten dentes de serra suaves ou fortes. As acículas aparecen en pares sobre curtas ramiñas e rotadas sobre os eixes lonxitudinais dos brotes. En Alberta por riba dos 2000 m, teñen feixes de 1 a 5 acículas. Unha poboación cunha alta proporción de feixes de tres acículas vive no Yukón. As acículas viven como media de catro a seis anos, cun máximo de 13 anos.[5] A follaxe do P. c. latifolia é verde amarelada en comparación do P. c. contorta, que é verde escura.[7]

Piñas[editar | editar a fonte]

As piñas ou conos desta árbore empezan a formarse cando as árbores teñen uns dez anos de idade.[7] Os conos son de 3 a 7 cm de longo, con pugas nas escamas.[7]

Moitas poboacións da subespecie das Montañas Rochosas P. contorta subsp. latifolia teñen conos serotinos. Isto significa que os conos están pechados e deben ser expostos a altas temperaturas, como as dos lumes forestais, para que se abran e liberen as sementes.[13] A variación entre as subespecies neste carácter correlacionouse cos lumes forestais e os ataques do escaravello Dendroctonus ponderosae.[14] Os conos da subespecie da costa do Pacífico P. contorta subsp. contorta son tipicamene non serotinos,[12] e os da subespecie do Pacífico no interior P. contorta subsp. murrayana son completamente non serotinos.[15]

Distribución[editar | editar a fonte]

Pinus contorta vive desde os bosques de montaña secos superiores ata a rexión subalpina do oeste de América do Norte.[16][17][4] Pode encontrarse no lado oeste da Cordilleira das Cascadas, no interior da Columbia Británica e nas Montañas Rochosas de Alberta, excepto en sitios demasiado altos e secos.[7] Pode tolerar ambientes relativamente hostís como rochas volcánicas a grande altura do centro de Oregón (por exemplo, no lago Cráter) e os solos delgados das ladeiras leste das Cascadas.[7] Máis ao sur a especie pode encontrarse a grandes alturas de ata 3.350 m sobre o nivel do mar, especialmente no sur de Colorado.[7] É raro nos bosques temperados húmidos das terras baixas.[17][4] O piñeiro costeiro pode encontrarse en solos moi infértiles das rexións costeiras desde o sur de Alasca ao norte de California.[7]

As subespecies latifolia e contorta poden encontrarse mesturadas (e aparentemente hibridadas) ao norte de Puget Sound.[7] A subespecie murrayana, menos dependente do lume pode encontrarse nas montañas do norte de California e mesturada con contorta en Oregón.[7] Pinus contorta pode encontrarse no bosque de piñeiros de cono pechado da costa de California.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Pinus contorta é unha especie dependente do lume, e necesita incendios para manter poboacións sas de diversas idades. A fina codia que ten minimiza a súa defensa contra o lume, aínda que a calor do lume fai que se abran os conos e liberen as sementes. Isto permite que a especie se rexdenere e manteña o seu lugar no hábitat boscoso.[18] Por outra parte, non lle vai moi ben en bosques ateigados de árbores porque as outras especies son máis tolerantes á sombra, aínda que algúns (por exemplo os abetos) son máis susceptibles ao lume.[7]

Bosque de P. contorta subsp. latifolia 23 anos antes (arriba) e 10 anos despois (abaixo) dos incendios de Yellowstone de 1988
Bosque de P. contorta subsp. latifolia 23 anos antes (arriba) e 10 anos despois (abaixo) dos incendios de Yellowstone de 1988

O réxime de lume natural destas especies está determinado principalmente polo clima. Os lumes ocorren xeralmente despoois de anos de seca. Os bosques nas rexións montañosas superior e subalpina experimentan moita humidade no inverno pola neve. Os lumes infrecuentes pero graves dominan esta especie.[18][19]

Un grupo de conos masculinos cheos de pole no Monte de San Antonio

O fungo Suillus tomentosus produce estruturas especializadas chamadas ectomicorrizas tuberculadas coas raíces de Pinus contorta var. latifolia. Estas estruturas é onde se localizan bacterias fixadoras do nitróxeno que contribúen a fixar unha canidade significativa de nitróxeno para a árbore e permiten que estes piñeiros colonicen sitios pobre en nutrientes.[20][21]

Ameazas[editar | editar a fonte]

Os espécimes grandes da especie son atacados polo escaravello Dendrochtonus ponderosae, e loitan contra el producindo resina pero son superados polo insecto.[7] Tamén o afecta o fungo Grosmannia clavigera, que transporta na súa boca o escaravello. A planta Arceuthobium tamén parasita a especie. Tanto a ameaza do escaravello coma a da planta son freadas polos incendios forestais, que ocorreron en menor número no século XX debido á loita contra os incendios. Máis recentemente, deixouse que incendios producidos por lóstregos non considerados perigosos queimasen áreas silvestres de Idaho e Montana.[7] Unha climatoloxía excepcionalmente fría pode matar parte dos escaravellos.[7]

Un estudo publicado en 2011 concluíu que Pinus contorta podería experimentar reducións significativas na súa distribución debido ao cambio climático a finais do xéculo XXI.[22][23]

Como especie invasora[editar | editar a fonte]

Pinus contorta é considerada unha especie invasora grave en Nova Zelandia, xunto con outras especies norteamericanas de piñeiros. Está na lista do National Pest Plant Accord e está prohibida a súa venda, propagación comercial e distribución.

Subespecies[editar | editar a fonte]

Hai catro subespecies de Pinus contorta e dunha delas ás veces considérase que hai dúas variedades.[24] Ás veces, as subespecies son tratadas segundo o rango de variedade.[2][3][25]

Cono Imaxe Subespecies Descrición e nomes Distribución
Pinus contorta subsp. bolanderi É o piñeiro de Bolander, tamén tratado como Pinus contorta subsp. contorta var. bolanderi, en cuxo caso o que se trata aquí como Pinus contorta subsp. contorta é a variedade Pinus contorta subsp. contorta var. contorta.[26] Endémico do condado de Mendocino no noroeste da costa californiana;[27] case ameazado polos lumes forestais e o desenvolvemento
Pinus contorta subsp. contorta É o piñeiro costeiro (chamado en Norteamérica shore pine) Costa do Pacífico, do sur de Alasca ao noroeste de California.[8][28][29]
Pinus contorta subsp. murrayana Chamado en Norteamérica tamarak pine ou Sierra lodgepole pine[30] Cordilleira das Cascadas desde Oregón ao norte de California; Serra Nevada, Cordilleiras Transversas do sur de California (incluíndo as Montañas de San Bernardino, Cordilleira Peninsular no norte de Baixa California, e as Montañas da Primavera do sur de Nevada).[31][8][32]
Pinus contorta subsp. latifolia Chamado en Norteamérica lodgepole pine Montañas Rochosas, de Colorado ao Yukón e Saskatchewan; Aspen parkland (onde hai unha transición entre praderías e bosque boreal) e bosque boreal.[33][34][35]

Usos[editar | editar a fonte]

Pinus contorta subsp. murrayana preto do cume do Pywiack Dome no Parque Nacional de Yosemite.

Construción[editar | editar a fonte]

Os indios nativos americanos usaban estas altas e rectas árbores para construír aloxamentos (Tipis, tendas ou lodges) na área das Montañas Rochosas, de onde se cre vén o nome que ten a árbore en Norteamérica, lodgepole pine.[7] Os europeos utilizábanos para construír cabanas (lodges) de troncos.[7] Os seus troncos aínda se usan en áreas rurais como postes, valados, madeira e leña.[7] A resina do piñeiro costeiro foi utilizada historicamente como cola de pegar.[7]

Realizánse amplas plantacións de Pinus contorta en Noruega, Suecia, Irlanda e o Reino Unido como cultivo forestal para producir madeira. En Islandia úsase para a reforestación ou crear unha cuberta forestal nova.[36] Tamén se usa comunmente en Norteamérica como madeira tratada a presión.

Alimento[editar | editar a fonte]

Os indios nativos americanos comían a codia interna desta árbore para previr a inanición propia ou dos seus cabalos.[7]

Medicina tradicional[editar | editar a fonte]

Os pobos indíxenas do noroeste do Pacífico e de California usaban diferentes partes da planta aplicadas interna ou externamente como medicina tradicional para tratar varias doenzas.[37] A goma do piñeiro costeiro usábase con propósitos medicinais e para mascar.[7]

Cultivo[editar | editar a fonte]

Pinus contorta cultívase como árbore ornamental pola industria horticultora. Nos viveiros cultívanse Pinus contorta subsp. contorta e Pinus contorta subsp. murrayana para o seu uso en xardíns tradicionais e silvestres (que serven de refuxio á vida salvaxe), e como pequenas seleccións de plantas nativas en paisaxismo natural. As variedades menores e cultivares do piñeiro costeiro tamén se utilizan en xardíns de testos (as árbores plántanse en testos ou contedores e non na terra), incluíndo grandes espécimes de bonsais.

Cultivares desta especie son:

  • "Chief Joseph", unha variedade anana de Pinus contorta var. latifolia cultivada polas súas acículas de inverno amarelas. Este cultivar gañou o premio da Sociedade Real de Horticultura británica.[38][39]
  • "Spaan's Dwarf", unha variedade anana de Pinus contorta var. contorta que crece máis ancha que alta.

Emblema[editar | editar a fonte]

Este piñeriro é a árbore oficial da provincia de Alberta, Canadá.[40]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Farjon, A. (2013). "Pinus contorta". IUCN Red List of Threatened Species. 2013: e.T42351A2974612. doi:10.2305/IUCN.UK.2013-1.RLTS.T42351A2974612.en. Consultado o 11 de novembro de 2021.
  2. 2,0 2,1 "Pinus contorta". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
  3. 3,0 3,1 Pinus contorta en Flora of North America (en inglés).
  4. 4,0 4,1 4,2 Giblin, David, ed. (2015). "Pinus contorta". WTU Herbarium Image Collection. Burke Museum, University of Washington. Consultado o 2015-01-24. 
  5. 5,0 5,1 Schütt, Weisgerber; Schuck, Lang; Stimm, Roloff (2008). Lexikon der Nadelbäume. Hamburg, Germany: Nikol. pp. 365–367. ISBN 978-3-933203-80-9. 
  6. Klinkenberg, Brian, ed. (2014). "Pinus contorta". E-Flora BC: Electronic Atlas of the Plants of British Columbia [eflora.bc.ca]. Lab for Advanced Spatial Analysis, Department of Geography, University of British Columbia, Vancouver. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 2015-01-24. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 7,11 7,12 7,13 7,14 7,15 7,16 7,17 7,18 7,19 7,20 7,21 7,22 7,23 Arno, Stephen F.; Hammerly, Ramona P. (2020). Northwest Trees: Identifying & Understanding the Region's Native Trees (en inglés) (field guide ed.). Seattle: Mountaineers Books. pp. 61–70. ISBN 978-1-68051-329-5. OCLC 1141235469. 
  8. 8,0 8,1 8,2 Farjon, Aljos (2010). A Handbook of the World's Conifers 2. Leiden, Netherlands: Koninklijke Brill NV. pp. 654–655. ISBN 978-90-04-17718-5. 
  9. "Plants and Trees: lodgepole pine". U.S. Forest Service. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  10. "Pinus contorta var. contorta : Shore Pine". Oregon State University. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  11. "Forests of Crater Lake National Park: Lodgepole Pine (Pinus Contorta)". Crater Lake Institute. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2014. Consultado o 12 de agosto de 2014. 
  12. 12,0 12,1 Cope, Amy B. (1993). "Pinus contorta var. contorta". Fire Effects Information System (FEIS). US Department of Agriculture (USDA), Forest Service (USFS), Rocky Mountain Research Station, Fire Sciences Laboratory.
  13. Anderson, Michelle D. (2003). "Pinus contorta var. latifolia". Fire Effects Information System (FEIS). US Department of Agriculture (USDA), Forest Service (USFS), Rocky Mountain Research Station, Fire Sciences Laboratory.
  14. Feduck, Mike. "The genetic basis of cone serotiny in Pinus contorta as a function of mixed-severity and stand-replacement fire regimes". bioRxiv 10.1101/023267.
  15. Cope, Amy B. (1993). "Pinus contorta var. murrayana". Fire Effects Information System (FEIS). US Department of Agriculture (USDA), Forest Service (USFS), Rocky Mountain Research Station, Fire Sciences Laboratory.
  16. Moore, Gerry; Kershner, Bruce; Craig Tufts; Daniel Mathews; Gil Nelson; Spellenberg, Richard; Thieret, John W.; Terry Purinton; Block, Andrew (2008). National Wildlife Federation Field Guide to Trees of North America. New York: Sterling. p. 91. ISBN 978-1-4027-3875-3. 
  17. 17,0 17,1 Sullivan, Steven. K. (2015). "Pinus contorta". Wildflower Search. Consultado o 2015-01-24. 
  18. 18,0 18,1 Schoennagel, Tania; Thomas Veblen (2004). "The Interaction of Fire, Fuels and Climate across Rocky Mountain Forests". BioScience 54 (7): 661–76. ISSN 0006-3568. doi:10.1641/0006-3568(2004)054[0661:TIOFFA]2.0.CO;2. 
  19. Kauffman, J. Boone (agosto de 2004). "Death Rides the Forest: Perceptions of Fire, Land Use and Ecological Restoration of Western Forests" (PDF). Conservation Biology 18 (4): 878–82. doi:10.1111/j.1523-1739.2004.545_1.x. Consultado o 24 de febreiro de 2010. 
  20. Paul, L.R.; Chapman, B.K.; Chanway, C.P. (2007). "Nitrogen Fixation Associated with Suillus tomentosus Tuberculate Ectomycorrhizae on Pinus contorta var. latifolia". Annals of Botany 99 (6): 1101–1109. PMC 3243579. PMID 17468111. doi:10.1093/aob/mcm061. 
  21. Chapman, W.K.; Paul, L.R. (2012). "Evidence that Northern Pioneering Pines with Tuberculate Mycorrhizae are Unaffected by Varying Soil Nitrogen Levels". Microbial Ecology 64 (4): 964–72. PMC 3474912. PMID 22677953. doi:10.1007/s00248-012-0076-0. 
  22. Coops, Nicholas C.; Waring, Richard H. (marzo de 2011). "A process-based approach to estimate lodgepole pine (Pinus contorta Dougl.) distribution in the Pacific Northwest under climate change". Climatic Change 105 (1–2): 313–328. Bibcode:2011ClCh..105..313C. doi:10.1007/s10584-010-9861-2. 
  23. Rudolf, John Collins (28 de febreiro de 2011). "Climate Change Takes Toll on the Lodgepole Pine". Green: A Blog About Energy and the Environment. Consultado o 1 de marzo de 2011. 
  24. Conifer Specialist Group (1998). "Pinus contorta var. bolanderi". IUCN Red List of Threatened Species. 1998. Consultado o 12 de maio de 2006.
  25. "Pinus contorta". World Checklist of Selected Plant Families. Royal Botanic Gardens, Kew – via The Plant List.
  26. Jepson Flora Project (ed.). "Pinus contorta subsp. bolanderi". Jepson eFlora. The Jepson Herbarium, University of California, Berkeley.
  27. "Pinus contorta var. bolanderi". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
  28. "Pinus contorta ssp. contorta". Calflora. Berkeley, California: The Calflora Database.
  29. "Pinus contorta var. contorta". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
  30. Chase, J. Smeaton (1911). "Pinus murrayana (Tamarack, Lodge-pole-pine)". Cone-bearing Trees of the California Mountains. Eytel, Carl (ilustracións). Chicago: A.C. McClurg & Co. p. 36. LCCN 11004975. OCLC 3477527. 
  31. "Pinus contorta var. murrayana". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
  32. "Pinus contorta ssp. murrayana". Calflora. Berkeley, California: The Calflora Database.
  33. "Pinus contorta var. latifolia". Germplasm Resources Information Network (GRIN). Agricultural Research Service (ARS), United States Department of Agriculture (USDA).
  34. USDA, NRCS (n.d.). "Pinus contorta". The PLANTS Database (plants.usda.gov). Greensboro, North Carolina: National Plant Data Team. Consultado o 24 de xaneiro de 2015.
  35. Johnson, Kershaw; MacKinnon, Pojar (1995). Plants of the Western Boreal Forest and Aspen Parkland. Edmonton AB: Lonepine Publishing. p. 27. ISBN 978-1-55105-058-4. 
  36. Skógræktin. "Forestry in Iceland". Skógræktin (en inglés). Consultado o 2021-05-17. 
  37. "NAEB". umich.edu. 
  38. "RHS Plantfinder – Pinus contorta 'Chief Joseph'". Consultado o 2 de maio de 2018. 
  39. "AGM Plants – Ornamental" (PDF). Royal Horticultural Society. xullo de 2017. p. 78. Consultado o 2 de abril 2018. 
  40. "Emblems of Alberta". Alberta Culture and Tourism. 2017-06-14. Arquivado dende o orixinal o 2017-04-08. Consultado o 2017-07-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]