Pilro de Baird

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pilro de Baird
En Islandia
En Islandia
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: 'Calidris'
Especie: ''C. bairdii''
Nome binomial
''Calidris bairdii''
Coues, 1861
Sinónimos

Actodromas bairdii
Erolia bairdii

O Pilro de Baird, Calidris bairdii, é unha pequena ave limícola.

Os adultos presentan patas negras e un bico curto e escuro. Son de cor parda nas partes superiores, coas marxes das plumas do manto e escapulares máis pálidas. As partes inferiores son predominantemente brancas. A mitra ten a zona central escura. A cabeza e o peito son de cor parda pálida con riscas escuras. En plumaxe invernal, esta especie presenta unha cor máis cincenta pálida nas partes superiores.

Un dos nesgos máis importantes para distinguir esta especie son as ás longas, que, unha vez pregadas, se estenden alén da punta da cola. Só o pilro de Bonaparte mostra esta proxección primaria, pero mostra a mitra branca.

Cría na tundra do extremo nordeste de Siberia, norte de Canadá e oeste de Groenlandia. Aniña no chan, normalmente en zonas secas con vexetación baixa.

Poliños de pilro de Baird, camuflados.

Os pilros de Baird son migradores de longa distancia, invernando en América do Sur. Esta especie é un divagante raro no oeste de Europa. Ten sido observado en Galicia, en localidades como Laxe, O Grove, Porto do Son e Culleredo, sobre todo a finais do verán e no outono.

Aliméntanse nos intermareais lamacentos, tomando o seu alimento (invertebrados) da superficie.

Foi nomeado por Eliott Coues en honra do naturalista americano do século XIX Spencer Fullerton Baird.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pilro de Baird