Pierre Abélard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os amores de Heloísa e Abelardo, cadro de Jean Vignaud, 1819

Pierre Abélard, nado en Pallet en 1079 e finado en 1142, foi un filósofo escolástico francés, pai do método escolástico con Alexandre de Hales. A historia dos seus amores con Heloísa convertéronse en lendarios.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no seo dunha familia nobre. En 1099 marcha a París para estudar, converténdose en discípulo de Guillaume de Campeaux en Notre-Dame de París, contra o 1102, abre unha escola propia en Melun, nos arredores de París, aquí ensina retórica e filosofía escolástica, propagando as súas ideas nas escolas de Melun, Corbeil e París. É un mestre brillantes con grande éxito, permitíndose mesmo atacar as ideas da doutrina do realismo ensinado polo seu mestre, Guillaume de Champeaux.

Relación con Heloísa[editar | editar a fonte]

Abaelard und seine Schülerin Heloisa é un cadro do pintor Edmund Blair Leighton do ano 1882).

Elixido cóengo de Notre-Dame en 1115, nesta época namorouse de Heloísa, de 17 anos, sobriña do cóengo Fulbert, da que Abelard era o preceptor. Fulbert quixo separar aos amantes, estes foxen á Bretaña ao se decatar que ela estaba preñada, alí tiveron o fillo. Cando Heloísa volveu con seu tío non quixo revelar a súa voda para non prexudicar a vida eclesiástica de Abelardo, e ingresou no mosteiro de Argenteuil. Fulbert, para se vingar, mandou castrar a Abelard (1118) que ingresou no mosteiro de San Dionisio (1119). Posteriormente reabriu unha escola en Maisoncelle.

Os dous esposos estableceron correspondencia, o que os fixo universalmente coñecidos pola fermosura e platonismo das súas cartas, publicadas cara 1130: Lettres d'Abélard et d'Héloïse.
Foi condenado por herexe no sínodo provincial de Soissons (1121) a instancias de San Bernardo de Claraval. Anos despois, en 1140, foi outra vez condenado en Sens. Ratificada a condena polo Papa Inocencio II, Abelard quixo ir a Roma para defenderse, pero enfermou no camiño e morreu no mosteiro de San Marcelo, preto de Chalon-sur-Saône.

Heloísa morreu 22 anos despois. Desde 1817 os dous corpos descansan na mesma tumba no cemiterio parisino de Père-Lachaise.

Obras[editar | editar a fonte]

Tumba de Abelardo e Heloísa.
  • De Unitate et Trinitate divina.
  • Sic et non.
  • Scito te ipsum seu Ethica. ( "Coñécete a ti mesmo ou Ética")
  • Dialéctica.
  • Historia calamitatum.
  • Ethica ou Scito te ipsum.
  • Theologia christiana (foi o primeiro en empregar o termo teoloxía).
  • Introductio ad Theologiam.