Pianosa
| Pianosa | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Italia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Arquipéalgo Toscano |
| Linguas | Italiano |
| Poboación (2010) | Deshabitada |
| Superficie | 10 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 42°35′N 10°05′E / 42.583°N 10.083°E |
| Maior Altura | 22 m. |
| Localización | |
A pequena illa de Pianosa, con arredor de 10 km², forma parte do Arquipélago Toscano en Italia. O seu nome expresa a idea da palabra italiana pianura (terra chá): o seu punto máis alto atópase só 22 m. sobre o nivel do mar. A efectos administrativos, Pianosa forma parte da comuna de Elba. Nos días claros, Desde Elba pódese ver Pianosa como unha liña azul escura sobre o mar azul máis claro. Pianosa non ten residentes permanentes, pero foi o lugar dunha prisión de máxima seguridade (1858-1998) especialmente para os perigosos criminais da Mafia.
Os antigos romanos coñecían a illa como Planasia. Que se fixo notoria na historia cando o princepsAugusto desterrou ao seu neto e ex-herdeiro Póstumo César no ano 6 ou 7. Postumo permaneceu alí ata a súa execución na época da morte de Augusto no 14.
Aínda hai outra illa máis pequena, chamada Pianosa atópase na costa do Adriático, o norte do Monte Gargano.