Comunas de Italia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As comunas italianas (en italiano comune; plural comuni, palabras de xénero masculino) son a unidade básica de organización territorial das provincias e as rexións de Italia, equivalentes aos concellos en Galicia.

Administración[editar | editar a fonte]

  • Consiglio comunale (Consello municipal)
  • Giunta comunale (Xunta municipal)
  • Sindaco (Alcalde)

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Fracción xeográfica.

En Italia as comunas subdivídense de dúas formas: frazioni (fraccións), ou circoscrizioni (circunscricións).

Unha fracción é unha agrupación de casas ou unha pequena localidade illada da capital, no caso dos concellos compostos por máis dunha localidade. En troques, unha circunscrición é unha área administrativa dentro da cidade mesma.

Dende o 19 de xaneiro de 2001, as 19 circunscricións de Roma denomínanse municipi, cada cal cun presidente que se elixe directamente e unha xunta asesora.

Comunas por provincia[editar | editar a fonte]