Piñeiro das Canarias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Piñeiro das Canarias
Foresta de piñeiros dende o miradoiro de LaCumbrecita cara o sur, na zona deEl Paso, Illa de La Palma
Foresta de piñeiros dende o miradoiro de La
Cumbrecita cara o sur, na zona de
El Paso, Illa de La Palma
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pinus
Especie: P. canariensis
Nome binomial
Pinus canariensis
C.Sm. ex DC.

O piñeiro das Canarias (Pinus canariensis) é unha conífera endémica das Illas Canarias, considerado, segundo unha lei do Goberno das Canarias, o símbolo natural da illa de La Palma, conxuntamente coa especie: Pyrrhocorax pyrrhocorax barbarus (coñecida coma graja).[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

A árbore adulta pode acadar máis de 40 m de altura e 2,5 m de diámetro o seu tronco, aínda que o normal é que teña entre 15 e 25 m de altura e un diámetro de 1 m.

A casca é de cor parda clara, sendo case lisa nos exemplares novos, mais a medida que envellecen engrosa axiña e aparecen as fendas, adoptando unha cor avermellada parda. Nos exemplares máis vellos, o ritidoma, moi engrosado e irregular, forma placas lisas coa apariencia de espellinos, dunha cor gris cinsenta.

Nos primeiros anos da súa vida presenta un crecemento moi rápido, con pólas horizontais con abundantes ramificacións secundarias erectas (as do ano), co que o aspecto da árbore é piramidal, para despois, e ao cesar o crecemento en altura, pasar a súa forma a ser máis tipo parasol.

As follas son verdes, aciculares, que se desenvolven sobre os gomos do ano, erectos e amarelentos que medran de xemas grosas, ovalado-cilíndricas e recubertas por escamas membranosas pardo-avermelladas. Este piñeiro posúe tres acículas por vaíña, o único deste tipo en Eurafrasia occidental, estando o máis achegado no Himalaia (Pinus roxburghii), que presenta unha gran semellanza co canario.

Hai dous tipos diferentes de follas do período infantil da árbore, que duran até dous anos sobre a árbore, son tríquetras e se presentan densamente agrupadas no extremo das franzas, sendo curtas, azul agrisadas, acuminadas e finalmente serradas nas súas marxes polo que resultan ásperas ao tacto, e as verdadeiras follas, que se agrupan de tres en tres nun estoxo ou vaíña basal membranosa (braquiblasto); son de cor verde clara, moi finas e flexíbeis, de 20 a 30 cm de longo por 1 mm de espesor.

Froito do piñeiro, piña.

A época de floración vai de marzo a maio. As inflorescencias masculinas e femininas atópanse separadas. As masculinas son amentiformes (en espigas cónicas) de 5 a 10 cm de longo, de cor amarela-averdada; constituídas por numerosos estames que conteñen gran cantidade de pole aerodivagante. As inflorescencias femininas están dispostas en estróbilos múticos de cor averdada-avermellada que na madureza se transforman en conos (piñas) oblongo-fusiformes (forma de fuso), pardo-avermelladas e lustrosas, que poden chegar a medir de 12 a 18 cm de longo por 8 a 10 de diámetro na súa parte máis larga; subsentadas ou provistas dun curto e groso pedúnculo. Tardan en madurecer (dependendo da situación ecolóxica) de 24 a 30 meses; pasado este tempo se terán formado os piñóns, dous por cada escama do estróbilo.

A frutificación, é dicir, o cono propiamente dito (o estróbilo inmaturo) está formada por escamas subsentadas ao longo dun eixo lígneo central que só se abre cando as condicións externas, especialmente a sequidade do ambiente, separan as escamas, ou ben ao caer o cono da árbore deixando ceibos os piñóns no seu batemento no chan. Os piñóns presentan unha á que facilita a súa propagación aérea. Na súa morfoloxía externa, o piñón está envolto polas cubertas tegumentarias que forman a testa, que é moi dura, anegrada por unha banda, agrisada e con tacas escuras polo outro. A á é membranosa, non está artellada, e mide de 18 a 20 mm de longo, sendo recta por unha das súas bandas e arqueada na outra, estando toda ela percorrida por fendas negras.

O piñón en si é oblongo, con endopleura de cor marrón clara e albume abrancazado que encerra un embrión con seis a oito cotiledóns. Ten un peso medio duns 100 mg cada semente.

Noutrora o piñeiro das Canarias sufriu unha talla abusiva, por mor da súa apreciada madeira, a tea, pola súa beleza, facilidade de traballala, e a capacidade de se mantener inalterada co paso dos anos. O proceso de enteamento realízase a partir do centro de forma regular e continua, pasando anel por anel até a situación de enteamento uniforme, polo que o seu rendimento para a extracción desta madeira é moi superior e máis aproveitábel que a doutros piñeiros.

Bosque de piñeiros das Canarias coas pegadas visíbeis dun incendio anterior. Foto tirada o 12 de decembro de 1999 dende o miradoiro de La Cumbrecita, na Illa de La Palma.

Outra característica moi importante é a súa resistencia ao lume grazas en parte á gran camada de cortiza, que cobre o toro, que o aílla da calor e mais das lapas, e que ademais ten a capacidade de regromar de cepo, abrollando incluso pólas a rentes do chan a partir dos vástagos que teñen follas glaucas. Considérase que é realmente a presezia de parénquima transversal (un tecido alimentario con disposición radial que favorece a rexeneración das células dos meristemos de crecemento, incluso despois de verse afectadas polo lume) o que proporciona a esta especie a súa gran capacidade de rexeneración (trátase dun tecido habitual en frondosas, mais moi raro nas coníferas). Por isto tense usado para reforestar montes arrasados por incendios no sur de Europa.

Madeira[editar | editar a fonte]

Este piñeiro produce dous tipos de madeira, a madeira branca e maila de tea. A madeira branca, moi semellante á dos piñeiros euromediterráneos, dunha cor branca lixeiramente avermellada, co cerne e o sámago perfectamente diferenciados ao igual que os aneis primaverais e outonizos, esta madeira é semipesada e semidura, de estrutura homoxénea e de gran fino. A madeira enteada é de cor uniforme fortemente acaramelada; cerne e sámago perfectamente diferenciados e translúcida ao despece. É unha madeira moi pesada e dura, de estrutura homoxénea e gran moi fino.

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

Piñeiral en Tenerife.

De xeito natural atópase formando masas boscosas nas illas de Tenerife, La Palma, Gran Canaria e El Hierro, especialmente nas tres primeiras. En La Gomera introduciuse artificialmente xunto outras especies de piñeiro europeas.

A distribución xeográfica do piñeiro das Canarias nas illas non se corresponde coa que primitivamente tivo. O piñeiro ocupa hoxe nichos ecolóxicos que non lle corresponden, formando comunidades de transición que se estableceron de por si fican nun equilibrio estábel. Normalmente forma asociacións monoespecíficas (piñeirais), aínda que acompañado dalgunhas outras plantas vasculares de pouca importancia. Os piñeirais puros localízanss entre os 700 e 1.200 msnm.

En Ceuta preséntase tamèn unha pequena comunidade deste piñeiro canario e algún exemplar illado polo resto do territorio ceutí.

É unha especie moi adaptábel, altamente tolerante a moi diversos tipos de solo sendo capaz incluso de se desenvolver en paredes de rocha viva case verticais; por mor da súa alta valencia ecolóxica pode vivir nun amplo rango de alturas, desde uns 100 msnm deica os 2000 msnm, sendo pouco esixente na demanda de humidade, rega, e exposición ao sol, malia preferir zonas sollosas e secas.

Distribución histórica[editar | editar a fonte]

Seica durante o Terciario estivo bastante estendido por Europa, onde piñeiro ningún de tres acículas chegou ao período Cuaternario agás o piñeiro das Canarias, que perdurou até os finais do Neóxeno, como teñen demostrado fósiles achados no Plioceno de Murcia e Alacant e o Mediodía de Francia (en Gard), rexións desde as cales se supón que as aves transportaron as súas sementes ás Canarias.

Nas propias Canarias a súa distribución cambiou considerabelmente por mor da explotación humana. A súa talla indiscriminada provocou a desaparición de grandes masas forestais de piñeiral, especialmente en Tenerife e en Gran Canaria. Por outra banda, a deforestación das zonas de monteverde nas illas provocou que sexan repoboadas espontaneamente por piñeiro das Canarias, que nesta situación desenvolve un papel regresivo.

Usos[editar | editar a fonte]

Foresta de piñeiros preto do Teide.

O principal valor da especie é forestal, moi útil en tarefas de reforestación, dada a súa grande importancia na suxeición de solos, a súa facilidade para medrar e se desenvolver en terreos pouco evoluídos (malpaíses), rochosos e con pouca materia orgánica, ademais da súa alta valencia ecolóxica, a súa resistencia ao lume e o seu rápido crecemento.

Por outra banda está a súa utilidade para o aproveitamento madeireiro, sobre todo en exemplares semimaduros, pois os vellos (os piñeiros de tea) son cada día máis escasos por mor da demanda da súa madeira, de gran calidade.

A madeira branca, máis corrente, úsase en carpintaría de armar e para carpintaría de baixa calidade. Debido á súa dureza e belísimo polimento, así como a súa resistencia ao paso do tempo a madeira teosa úsase en ebanistaría, talla, e carpintaría de taller; así mesmo usouse durante moito tempo na construción de teitos de vivendas, igrexas e outros edificios civís.

Propiedades[editar | editar a fonte]

Utlilízase no tratamento de afeccións respiratorias, bronquite, asma. Aplicación da resina na eliminación de quistes.[2]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Pinus canariensis foi descrita por John Gill Lemmon e publicado en Mining Sci. Press 64: 45. 1892.[3][4][5]

Etimoloxía

Pinus: nome xenérico dado en latín ao piñeiro.[6]

canariensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización nas Illas Canarias.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Piñeiro das Canarias Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Santos, Arnoldo. Vegetación y Flora de La Palma, 1983, Editorial Interinsular Canaria, Santa Cruz de Tenerife
  • Ceballos, Luis y Ortuño, Francisco. Vegetación y Flora Forestal de las Canarias Occidentales, 1976, Excmo. Cabildo Insular de Tenerife. Santa Cruz de Tenerife.
  • Viera y Clavijo, José. Diccionario de Historia Natural de las Islas Canarias, 1982, Mancomunidad de Cabildos de Las Palmas, Las Palmas de Gran Canaria
  • Delgado González, Juan Carlos. Propagación de Árboles Canarios, 1986, Excmo. Cabildo Insular de Gran Canaria, Las Palmas de Gran Canaria
  • Méndez Hernández, Javier Raúl. Análisis del impacto del fuego en la regeneración sexual del pino canario a lo largo de una cronosecuencia de incendios en la isla de La Palma (Canarias), 2010, Servizo de publicacións Universidade de La Laguna.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]