Pavía
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pavía é unha cidade do suroeste de Lombardía, no norte de Italia, é cruzada polo río Ticino (Durante a época romana chamábase Ticinum.), un pouco ao norte da confluencia co río Po. É capital da provincia de Pavía e en 2001 contaba con 71.074 habitantes. A provincia de Pavía dedícase sobre todo á agricultura (viño, arroz e cereais). As industrias son escasas e estan localizadas nos suburbios da cidade.
Foi capital do reino longobardo. Desde a Idade Media foi sede dunha das universidades máis antigas de Italia. A cidade estivo fortificada até 1842, cando os bastións se transformaron en rúas e xardíns públicos. Porén, grande parte dos muros ficou en pé até 1901, cando foron derrubados para construir a estrada de circunvalación.