Albaricoque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Froitos na árbore
Albaricoques secos nunha vila da Capadocia (Turquía).

O albaricoque é o froito do albaricoqueiro (Prunus armeniaca).
É unha drupa arrendondeada e aveludada, co óso liso e duro, a súa cor varía do amarelo ao laranxa

Orixinaria do nordés da China, preto da fronteira con Rusia e non de Armenia como indica o nome científico. Os romanos levárono a Europa por Anatolia ó redor do ano 70 antes de Cristo denominándoo a preaecox pois florecía temperán na primavera. Hoxe prodúcese o 85 por cento dos albaricoques secos en Turquía

Na Península Ibérica valóranse especialmente os producidos na vila de Bornos Cádiz.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Albaricoque


Produción en milleiros de toneladas. Cifras 2003
Datos de FAOSTAT (FAO)

Turquía 440 000 18 %
Irán 284 000 12 %
España 142 300 6 %
Paquistán 125 000 5 %
Francia 111 000 4 %
Italia 108 539 4 %
Siria 100 900 4 %
Marrocos 97 950 4 %
Estados Unidos 88 810 4 %
Ucraína 80 000 3 %
Rusia 75 000 3 %
Grecia 75 000 3 %
China 73 218 3 %
Exipto 70 765 3 %
Alxeria 70 000 3 %
Sudáfrica 66 386 3 %
Outros 460 391 19 %

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]