Pablo Diego Dios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Diego Dios

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1998 Editar o valor em Wikidata (26 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid
Universidade de São Paulo
Universidade Iaguelónica de Cracovia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsociólogo , escritor Editar o valor em Wikidata

Facebook: pablo.diego.3975012 Editar o valor em Wikidata

Pablo Diego Dios, nado en Pontevedra o 11 de febreiro de 1998, é un escritor, sociólogo, internacionalista e activista en defensa da lingua e a cultura galega.

Familia[editar | editar a fonte]

As súas raíces familiares proveñen de Noia, Tui e Braga. Entre os seus ascendentes directos pola rama noiesa están o xeógrafo, matemático e político Domingo Fontán, autor do primeiro mapa topográfico científico de Galicia; Xohán de Traba, escritor e político galego militante do Partido Galeguista e fundador canda Álvaro das Casas do Grupo Ultreya[1] e Eladio López Oviedo, un dos fundadores da Unión do Povo Galego (UPG).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudos[editar | editar a fonte]

Estudou Relacións Internacionais, Socioloxía e fixo un posgraduado en Desenvolvemento Económico pola Universidade Complutense de Madrid, a Universidade Iaguelónica de Cracovia e a Universidade de São Paulo.[Cómpre referencia]

Fundacións e traballos[editar | editar a fonte]

Durante a súa formación académica en socioloxía, especializouse no campo da antropoloxía simbólica. Debido ao seu vencello co lugar da Fraga de Abaixo (Ponte Caldelas), núcleo moi pouco poboado ao pé da Serra do Cando onde pasou parte da súa infancia, realizou un traballo de campo arredor das Serras do Cando e Candán e a través da Comarca de Tabeirós-Terra de Montes [2]. Os achados foron publicados na novela “Alén”[3], gañadora do Premio á Preservación da Lingua e a Cultura Galega outorgado pola Deputación de Pontevedra. [4] [5] [6] [7] [8] [9]

Inspirado polo manifesto "Máis Alá!"[10] de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro, fundou en 2022 o colectivo galeguista [11] [12] e a revista cultural "O Ferrado"[13] [14], centrados na sociopolítica, historia e economía de Galiza. Nomeado “Un dos acontecementos que fixeron medrar Galiza” en 2022 polo xornal Praza.gal [15].

Ten colaborado con medios como a RTVG [16] [17] e La Voz de Galicia [18] e forma parte do foro de debate nacionalista Novo Galeguismo.

Publicacións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Correspondencia, Casas, Álvaro de las (1901-1950) González Pérez, Clodio (1947-), director de la publicación # Traba, Xohán de (1875-1952) (2014). "Nostalxia de Noia : cartas de Álvaro das Casas ao". Fundación Obra Social ABANCA (en castelán). Consultado o 2023-12-10. 
  2. Diario, Nós (2021-01-05). "'Alén', unha compilación de relatos orais para salvagardar a tradición esotérica". Nós Diario. Consultado o 2023-12-10. 
  3. Pontevedra, Diario de (2021-01-10). ""Non pode ser a miña xeración a que deixe morrer 2.000 anos de historia"". Diario de Pontevedra. Consultado o 2023-12-10. 
  4. "El pontevedrés Pablo Diego Dios presenta 'Alén', novela antropológica sobre la Galicia esotérica". Pontevedra Viva (en castelán). 2020-12-29. Consultado o 2023-12-10. 
  5. Redacción (2021-08-19). "El escritor local Pablo Diego Dios presenta hoy en Ponte Caldelas su novela “Alén”". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-12-10. 
  6. Redacción (2021-01-21). "“Alén”, un libro sobre las leyendas de Ponte Caldelas". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-12-10. 
  7. Vigo, Noticias (2021-01-20). "‘Alén', un libro de Pablo Diego Dios ambientado na Fraga de Abaixo, Ponte Caldelas Noticias Vigo". Noticias de Vigo. Consultado o 2023-12-10. 
  8. "El escritor Pablo Diego Dios presenta "Alén", su novela inspirada en Ponte Caldelas, al alcalde Andrés Díaz". Pontevedra Viva (en castelán). 2021-01-20. Consultado o 2023-12-10. 
  9. "Tradición oral, lendas e historia galega con Pablo Diego Dios". Consultado o 2023-12-10. 
  10. "O Ferrado: a revista online de sete mozos que queren dar voz a toda unha xeración". La Voz de Galicia. 2023-01-31. Consultado o 2023-12-10. 
  11. "O FERRADO CO BNG: Conversa con Ana Pontón e Ana Miranda.". Consultado o 2023-12-10. 
  12. "Día das Letras Galegas. Pablo Diego Dios CEIP de Corvillón". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2023-12-10. 
  13. "(Vídeo) "A medida do ferrado é diversa, como o país mesmo"". Galicia Confidencial. Consultado o 2023-12-10. 
  14. "O Ferrado. O centro galego da mocidade é dixital". vinte.praza.gal. Consultado o 10/12/2023. 
  15. "Vinte destaques de 2022. Os acontecementos culturais que fixeron avanzar o (noso) mundo este ano". Vinte. 2022-12-20. Consultado o 2023-12-10. 
  16. "Zigzag Diario CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2023-12-10. 
  17. Diego, Pablo (2023-06-20). "O Ferrado na RTVG". O Ferrado. Consultado o 2023-12-10. 
  18. "Canfurnada na Costa da Morte". La Voz de Galicia. 2020-08-02. Consultado o 2023-12-10.