Omar Rodríguez-López
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Omar Rodriguez-Lopez | |
|---|---|
| Nome completo | Omar Alfredo Rodríguez-López |
| Alias | |
| Naceu | 1 de setembro de 1975 (37 anos) |
| Orixe | Bayamón, Porto Rico |
| Morreu | |
| Ocupación (s) | guitarrista, produtor musical |
| Xénero | rock progresivo, rock psicodélico, rock alternativo, música experimental, música electrónica, math rock, post-hardcore, punk rock, dub |
| Instrumento(s) | |
| Tipo de voz | |
| Selo(s) discográfico (s) | |
| Relacionado con | The Mars Volta, At the Drive-In, The Omar Rodriguez-Lopez Quintet, De Facto, El Grupo Nuevo, John Frusciante, Radio Vago, Juliette Lewis, Bosnian Rainbows |
| Tempo en activo | 1991 - actualidade |
| Web | |
Omar Alfredo Rodríguez-López, nado o 1 de setembro de 1975 en Bayamón, Porto Rico, é un multi-instrumentista, compositor, produtor, escritor, actor e director estadounidense. É o compositor, produtor e guitarrista da banda de rock progresivo The Mars Volta, o guitarrista da banda de rock alternativo Bosnian Rainbows, e foi baixista do grupo De Facto e o guitarrista de At the Drive-In.
Índice |
Biografía[editar]
Omar Rodriguez naceu en Porto Rico e medrou en El Paso, Texas, pero pasou parte dos seus primeiros anos en Carolina do Sur. Comezou a tocar o baixo aos 12 anos, pero con 15 cambiouse á guitarra. Nese tempo coñeceu ao seu amigo Cedric Bixler, mentres practicaba con Paul Hinojos. Dende entón Omar pasou a meirande parte da súa carreira vivindo e traballando con Cedric. Durante ese tempo colaborou frecuentemente cos seus amigos e futuros compañeiros de banda de El Paso, entre os que estaban Paul Hinojos, Cedric Bixler-Zavala, Julio Venegas e Jeremy Michael Ward.
Omar uníuse a At the Drive-In como baixista e facendo as segundas voces. Antes de asinar un contrato coa Flipside para gravar Acrobatic Tenement coa banda, el era o encargado do baixo, pero despois cambiou á guitarra. Mentres empezaba con At the Drive-In, tivo traballos como vendedor, secretario e incluso se sacaba algúns cartos trapicheando con drogas.
Omar comezou a súa carreira musical aos 15 anos cando se converteu no cantante da banda hardcore de El Paso, Startled Calf, de 1990 a 1992. Rodriguez-Lopez pasou moito tempo da súa carreira traballando, e a miúdo vivindo. co seu bo amigo Cedric Bixler-Zavala. Mentres aínda tocaban en At the Drive-In, eles formaron un proxecto de dub reggae chamado DeFacto. En 2001 ambos deixaron At the Drive-In, da cal formaban parte dende 1993, nun hiato indefinido para formar The Mars Volta.
O estilo de compoñer e tocar de Rodriguez-Lopez está caracterizado por, aparte doutros factores, disonancias irresoltas (en particular un gran uso do tritono), pasaxes cromáticas e longas improvisacións. É tamén coñecido polo seu grande número de pedais de efectos. Rodriguez-Lopez di ser un ignorante a teoría da música.
O estilo de Rodriguez-Lopez foi moitas veces comparado ao do guitarrista de King Crimson Robert Fripp (que tamén usa tritonos abundantemente). É coñecido que Fripp foi unha imfluencia importante para el. Sen embargo, Rodriguez citou ao pianista de salsa Larry Harlow como a súa principal influencia. Rodriguez cita ao comediante Lenny Bruce, o director de cine Werner Herzog e ao antropologo Carlos Castaneda como outras tres importantes influencias.
Omar Rodriguez-Lopez Quintet[editar]
O "Omar Rodriguez-Lopez Quintet" é un proxecto paralelo de Rodriguez-Lopez. Tomando algún tempo libre do seu traballo con The Mars Volta, Rodriguez-Lopez toca en directo con este quinteto, que en 2005 incluíu a tres membros de The Mars Volta: Juan Alderete, Marcel Rodriguez-Lopez e Adrian Terrazas-Gonzales. O álbum auto-tilulado que editaron en 2005 foi gravado case todo en Amsterdam. O álbum, Omar Rodriguez, está composto por longas e improvisadas cancións con títulos en neerlandés e sen letras.
Despois de rematar o álbum de The Mars Volta Amputechture do 2006, Rodriguez-Lopez colaborou con Damo Suzuki nun EP titulado Please Heat This Eventually. A colaboración inclúe a membros do seu quinteto. f Omar's Quintet. O selo de Omar Gold Standard Labs editou unha edición especial en vinilo en decembro do 2006 e a versión en CD editouse o 23 de xaneiro de 2007.
Discografía[editar]
En solitario/Omar Rodriguez-Lopez Quintet[editar]
- A Manual Dexterity: Soundtrack Volume 1 (2004)
- Omar Rodriguez (2005)
- Please Heat This Eventually (2007)
- A Manual Dexterity: Soundtrack Volume 2 (2007)
Con Startled Calf[editar]
- I Love Being Trendy (1991) - EP
Con At The Drive-In[editar]
- Acrobatic Tenement (1996, reeditado en 2004)
- El Gran Orgo EP - (1997)
- In/Casino/Out (1998, re-release 2004)
- Vaya EP (1999, reeditado en 2004)
- Relationship of Command (2000, reeditado en 2004)
- This Station Is Non-Operational (2005) - Recopilatorio
Con DeFacto[editar]
- How Do You Dub? You Fight For Dub, You Plug Dub In (1999)
- Megaton Shotblast (2001)
- Légende du Scorpion á Quatre Queues (2001)
- 456132015 (2001)
Con The Mars Volta[editar]
- Tremulant - EP (2002)
- De-Loused in the Comatorium - LP (2003)
- Live EP - EP (2003)
- Frances the Mute - LP (2005)
- A Missing Chromosome - Recopilatorio (2005)
- Scabdates - LP (2005)
- Amputechture - LP (2006)
- The Bedlam in Goliath - LP (2008)
- Octahedron - LP (2009)
Colaboracións[editar]
- Shadows Collide With People - John Frusciante (2004)
- Inside of Emptiness - John Frusciante (2004)
- Curtains - John Frusciante (2004)
- White People - Handsome Boy Modeling School (2004)
- Radio Vago - Radio Vago (2005)
- Stadium Arcadium - Red Hot Chili Peppers (2006)
|
||||||||||||||||||||