Jim Ward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jim Ward
Jim Ward 1.jpg
Naceu 19 de setembro de 1976 (37 anos)
Orixe El Paso, Texas Flag of the United States.svg
Instrumento(s) voz, guitarra
Relacionado con At the Drive-In, Sparta


Jim Ward, nado en El Paso (Texas) o 19 de setembro de 1976, é o vocalista, guitarrista e líder da banda de rock Sparta e foi co-fundador, guitarrista e pianista da banda seminal de post-hardcore At the Drive-In.

A súa primeira grande banda foi Foss, onde tocaba a guitarra e cantaba. Nela foi onde comezou a traballar con Cedric Bixler-Zavala. A banda desfíxose despois de editar un único traballo, El Paso Pussycats.

Despois pasaría a formar parte de At the Drive-In como guitarrista e corista, tocando tamén o piano e os teclados nalgunhas cancións, e sendo a voz principal no tema "Hourglass", no seu álbum In/Casino/Out.