Odontopera bidentata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Odontopera bidentata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Geometridae
Xénero: Odontopera
Especie: Odontopera bidentata
(Clerck, 1759)
Sinonimia[1]
  • Phalaena bidentata Clerck, 1759
  • Geometra pectinaria Denis & Schiffermuller, 1775
  • Odontopera pectinaria (Denis & Schiffermuller, 1775)
  • Odontopera dentaria (Hübner, [1799])
  • Gonodontis oreas Herbulot, 1963
  • Gonodontis graecarius Bang-Haas, 1910
  • Odontopera graecarius (Bang-Haas, 1910)

Odontopera bidentata é unha especie de avelaíña de Europa e Asia da familia Geometridae. Foi descrita por Carl Alexander Clerck en 1759.

Eiruga

Distribución[editar | editar a fonte]

É unha especie común no norte e centro de Europa, incluíndo as Illas Británicas e Rusia ata os Urais. Tamén se esende por Siberia e a rexión do río Amur-Ussuri ata as illas Kuriles e o Xapón.

Descrición[editar | editar a fonte]

A súa envergadura alar é de 46–50 mm. A cor de fondo das ás anteriores adoita ser marrón agrisada. A parte central da mesma cor está beireada por barras anegradas que a miúdo son parcialmente brancas. No bordo das ás baixo o ápice hai dous dentes característicos que fan protrusión. O nome científico da especie deriva disto, do latín bidentatus, 'con dous dentes'. A liña que cruza escura externa das ás anteriores continúa nas ás posteriores. Todas as ás teñen manchas con forma de anel escuro. O tórax é peludo. É unha especie moi variable e a súa cor de ás varía de branquecho a beixe e marrón e a negro, ás veces con variegación, mais é sempre doadamente identificable pola mancha clara en cada á e as características beiras das ás con entrantes irregulares. As eirugas do último estadio ou ínstar teñen unha coloración amarronada. Porén, pode haber outras variacións de cor. Son características dúas pequenas xibas no penúltimo segmento así como dúas protrusións escuras parecidas a cápsulas na cabeza.

Nesta especie fixéronse estudos sobre o melanismo industrial.[2]

típica
melánica
Odontopera bidentata nas súas formas típica e melánica. A forma escura fíxose común en áreas polucionadas despois da Revolución Industrial.[2]

A época voadora dos adultos varía segundo a rexión; por exemplo, nas illas Británicas é de maio a xuño e son atraídas pola luz.

A eiruga é verde ou marón e con forma semellante a un pau, e aliméntase de diversas plantas (ver lista máis abaixo). A especie pasa o inverno en forma de pupa.

Bioloxía[editar | editar a fonte]

Os seus hábitats inclúen bosques caducos e mistos, bosques pantanosos e parques.

Plantas que son alimento das larvas[editar | editar a fonte]

Subspecies[editar | editar a fonte]

  • Odontopera bidentata bidentata (Clerck, 1759) (Europa)
  • Odontopera bidentata exsul Tschetverikov, 1904 (leste de Asia)
  • Odontopera bidentata kurilana Bryk, 1942 (illas Kuriles)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skou, P.; Sihvonen, P. (2015). "Odontopera bidentata (Clerck, 1759)". En Hausmann, A. The Geometrid Moths of Europe, Volume 5: Subfamily Ennominae I. Brill. ISBN 978-90-04-25220-2. 
  2. 2,0 2,1 Cook, L. M.; Turner, J. R. G. (2008). "Decline of melanism in two British moths: spatial, temporal and inter-specific variation". Heredity 101 (6): 483–489. PMID 18941471. doi:10.1038/hdy.2008.105. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]