Waikiki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Distrito e praia de Waikiki.

Waikiki é un barrio de Honolulu. As famosas praias creadas pola man do home e os seus hoteis son recoñecidos a nivel internacional. Waikiki pertence á cidade e ao condado de Honolulu, na illa de Oahu, no estado de Hawai. A palabra "waikiki" significa "chorros de auga" en hawaiano. Este nome provén da época anterior á colonización, na que existían numerosos regueiros, estanques e vías de auga que separaban Waikiki do resto da illa. A meirande parte destes foron drenados con posterioridade.