Netlog

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Netlog (antigamente coñecida como Facebox e Bingbox) é unha web de rede social, creada en Bélxica e dirixida principalmente a mozos e mozas europeas. Tamén é o nome da empresa propietaria.

Características[editar | editar a fonte]

A web comezou a funcionar en 2004, ideada polos empresarios belgas Lorenz Bogaert e Toon Coppens. É unha web baseada en perfís, que incorpora as ferramentas normais das webs de redes sociais: agrupamentos de individuos, compartición de vídeos e sons, mantemento da actualidade persoa con imaxes e textos etc. O rexistro é aberto (calquera pode crear un perfil en Netlog) e pódese acceder á información publicada de cada un dos membros sen necesidade de estar rexistrado. A rede é gratuíta, pero algunhas funcións son de pagamento.

A rede está localizada en dezanove linguas, entre as que non está o galego: alemán, árabe, afrikaans, búlgaro, catalán, checo, chinés, dinamarqués, eslovaco, esloveno, español, francés, finés, húngaro, inglés, italiano, lituano, neerlandés, noruegués, polaco, portugués, romanés, ruso, sueco e turco.

Cifras[editar | editar a fonte]

  • 33 millóns de usuarios rexistrados [1] (marzo de 2008)
  • 12,6 millóns de visitantes únicos [2] (datos de comScore World Metrix, 2007)
  • A maior parte dos seus usuarios son europeos[3].
  • É líder do sector en Eslovenia[4].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]