Alba Iulia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alba Iulia (Húngaro: Gyulafehérvár, Alemán: Karlsburg) é unha cidade do condado de Alba, Transilvania, Romanía cunha poboación de 66.369, localizada a carón do río Mureş.
A cidade consiste en dúas partes, a alta foi construída por Carlos VI de Austria entre 1716 e 1735 e a cidade baixa, na que está a catedral gótica e o Batthyaneum, un museo fundado en 1794.
A cidade é historicamente importante para as minorías húngara e alemá de Romanía. En 1992 o 93'7% da poboación era romanesa, o 3'5% húngara, o 2% xitana e o 0'6% alemá.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi un importante centro político e económico dacio denomidado Apulon, mencionado polo xeógrafo grego Tolomeo. Cando o sur da Dacia se converteu nunha provincia do Imperio romano, a capital da Dacia Apulensis foi establecida aquí, e a cidade foi coñecida como Apulum
Entre 1541 e 1690 foi a capital do Principado de Transilvania.
O 1 de decembro de 1918 prodúcese a incorporación da Transilvania a Romanía, e o 15 de outubro de 1922 Fernando de Romanía foi proclamado rei de Romanía en Alba Iulia.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alba Iulia