Mortadelo e Filemón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imaxe de Mortadelo e Filemón nas fallas de Valencia.

Mortadelo e Filemón[1] (en castelán, Mortadelo y Filemón) é a serie de banda deseñada humorística máis popular do autor español de banda deseñada Francisco Ibáñez. Como o seu nome indica, están protagonizadas por Mortadelo e por Filemón, dous axentes secretos.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira banda deseñada de Mortadelo e Filemón apareceu o 20 de xaneiro de 1958 no número 1394 de Pulgarcito co título xenérico de Mortadelo y Filemón, agencia de información. Por aquel entón era usual que as series humorísticas tivesen un pareado como título, xeralmente co nome dos seus protagonistas no primeiro verso. Nese mesmo número 1394 de Pulgarcito inclúense Margarito Celemín, un vendedor muy pillín de Sanchís, Rigoberto Picaporte, solteirón de mucho porte de Roberto Segura, Pascual, criado leal de Nadal e Doña Lío Portapartes, señora con malas artes de Raf.

As historietas da editorial Brugera amosaban un mundo achegado ó lector, no que a pobreza, a fame, a picaresca e as diferencias de clases eran comúns (os títulos de historieta antes mencionados son unha proba diso). Os propios nomes de Mortadelo e Filemón falan da época na que xurdiron. Co recordo aínda próximo da época de escaseza provocada polos racionamentos de comida que seguiron á Guerra Civil, Ibáñez bautizou ás súas personaxes con nomes que ó escoitalos evocan alimentos; Mortadelo e Filemón serían pois un eco de Mortadela e Filetón [2][3].

Etapa primitiva[editar | editar a fonte]

Nas súas orixes, Mortadelo e Filemón eran unha parodia do doutor Watson e Sherlock Holmes respectivamente (outras fontes de referencia citadas en ocasións son os personaxes do gordo e o fraco ou a obra Novísimas aventuras de Sherlock Holmes de Enrique Jardiel Poncela). Filemón tiña nariz aquilino, vestía chaqueta e sombreiro de felpa e fumaba en pipa (no número 1404 de Pulgarcito chegou mesmo a vestir o impermeable e sombreiro a cadros característico da maioría das ilustracións de Holmes). Mortadelo, pola súa parte, ademais dos habituais lentes e levita negras, levaba bombín e paraugas tamén negros. O bombín servíalle ademais a Mortadelo para gardar os disfraces, un recurso que co tempo se faría prescindible. Outra característica do primeiro Mortadelo -e que só durou uns poucos episodios- eran uns ollos perpetuamente entrepechados que lle conferían un aspecto despistado.

Este primitivo aspecto foi depurándose co tempo, adquirindo pronto un aspecto similar ó actual: Mortadelo mantería a súa levita negra, pero desaparecerían o sombreiro e o paraugas; mentres tanto Filemón viu reducido paulatinamente o seu nariz longo e afiado e a súa indumentaria pasou a consistir nunha gravata de lazo negra, camisa branca, pantalóns xeralmente vermellos e, en ocasións, chaqueta a xogo.

En Mortadelo y Filemón, agencia de información, Filemón é o xefe dunha axencia de detectives e ten a Mortadelo como empregado. As primeiras historias eran dunha soa páxina en branco e negro (agás cando esta ocupaba a portada) con seis ringleiras de viñetas e seguindo un esquema moi sinxelo: alguén contrata os servizos da axencia, pero ó intentar cumprir a misión, prodúcese algún equívoco que resulta nun completo fracaso da mesma. O descubrimento do equívoco termina xeralmente nunha persecución ou con alguén esvaéndose. Esta estrutura de presentación-equívoco-desenlace era extremadamente común nas historietas da época.

Etapa madura (clásica)[editar | editar a fonte]

En 1969 prodúcese un cambio importante. Tras once anos de axencia propia, Mortadelo e Filemón ingresan na T.I.A., unha organización con claras reminiscencias da C.I.A. Isto coincide co comezo das historias longas e marca o inicio da madurez destes personaxes. O estilo de debuxo está case totalmente definido, así como as personalidades dos dous detectives. Ademais, novas personaxes se incorporan ás historias: o superintendente Vicente, o profesor Bacterio e, tempo despois, a secretaria Ofelia. As referencias a Holmes, que xa facía tempo que desapareceran, son substituídas pola parodia das historias de espías, moi comúns daquela. A referencia máis clara desta época é a serie Superaxente 86, estreada en España dous anos antes da publicación de O sulfato atómico; esta serie reflicte un mundo de espías incompetentes, entradas secretas e ata zapatófonos, moi similar ó das aventuras de Mortadelo e Filemón.

As historias longas acostuman ter 44 páxinas e habitualmente están organizadas en episodios autoconclusivos de 4 caras que acostuman narrar os sucesos dun día. A razón desta estrutura era que estes episodios serían publicados semanalmente, inicialmente na revista Gran Pulgarcito e máis tarde na revista Mortadelo. Aparte da publicación seriada, tamén se publicaban de forma completa na colección OLÉ. O fío argumental das historias serve só como medio para estruturalas e como base para encadear as situacións cómicas. Nesta nova etapa, o humor non se basa tan só no descubrimento dun equívoco, senón que múltiples recursos humorísticos son empregados de forma continua: parodias, gags visuais, humor absurdo, slapstick, xogos de palabras, etc.

A primeira historia longa é O sulfato atómico. Nesta historieta, o estilo do debuxo é inusitadamente detallista, con claras influencias da escola francobelga de banda deseñada, especialmente de Franquin ([1]). Este estilo relaxouse nas seguintes aventuras, volvendo ó trazo sobrio habitual. Nestas primeiras aventuras longas Ibañez experimenta coa estrutura das viñetas, dando ás historietas un aspecto menos ríxido e conseguindo ademais unha maior expresividade; porén, pronto retorna á estrutura ríxida de cinco filas de viñetas.

Unha aventura arquetípica desta etapa podería ser Os diamantes da gran duquesa. No primeiro episodio descríbese o fío argumental, mentres que nos seguintes desenvólvese a busca durante dez días consecutivos dos correspondentes diamantes, agochado cada un deles nun sitio distinto (localización que conseguen, aínda que o final de cada episodio é desastroso dun ou doutro xeito, especialmente no caso do último).

Etapa madura (moderna)[editar | editar a fonte]

A división da etapa madura en dous (clásica e moderna) pode resultar controvertida; porén, poden establecerse diferenzas entre ambas. Unha destas diferenzas é o número de ringleiras de viñetas. Ata O transformador metabólico, as historias tiñan cinco ringleiras, pero a partir de entón pásase a catro. Tendo en conta que o número de páxinas non varía, isto implica unha diminución no número total de viñetas por aventura. Estas perden -por tanto- algo de densidade, tanto na historia como no aspecto visual.

Outro cambio (que non é simultáneo necesariamente co cambio no número de viñetas) é que as historias pasan a ter claras referencias á actualidade, o que daría razóns para chamar clásicas ás anteriores aventuras, con historias máis atemporais.

Ademais, entre 1986 e 1987, Ibáñez perdeu os dereitos de publicación das súas personaxes, que foran rexistradas pola editorial Bruguera. Durante estes anos publicáronse unha serie de aventuras realizadas por outros autores. Aínda despois de recuperar os dereitos, Ibáñez seguiu apoiándose por un tempo en colaboradores. En total pódese establecer un periodo de 5 años aproximadamente que divide en dous a etapa madura, na que ademais fai aparición unha nova personaxe, a señorita Irma, que posteriormente sería eliminada.[4]

Autoría das historietas[editar | editar a fonte]

Durante a etapa madura, gran parte do material publicado foi escrito e debuxado por outras persoas; porén, debido a que estas colaboracións soían ser anónimas, é difícil saber que historias ou que debuxos son realmente de Ibáñez. As únicas acreditadas oficialmente como "non-ibañez" son aquelas firmadas polo Brugera equip (durante o tempo en que Ibáñez perdeu os dereitos das súas personaxes), algunha historia corta con guión firmado por Jesús de Cos e unha colección de aventuras pouco coñecidas, editadas en forma de libros en branco e negro, firmadas por Ibáñez e José Cubero Valero. Ó parecer a maioría destas historietas bastardas publicábanse sen que Ibáñez recibise remuneración económica algunha por elas (e talvez sen o seu consentimento), aínda que parece ser que entre 1987 e 1990 Ibáñez asinou aventuras que non estaban debuxadas por el.

Entre os negros que supostamente debuxaron aventuras de Mortadelo e Filemón e que nunca foron acreditados pódense citar os nomes de Ramón Bernardó, Ramón María Casanyes, Mart-Os e mesmo un autor de primeira fila como Raf que colaborou anonimamente en As embaixadas chifladas, se ben neste caso o seu traballo reduciuse ó entintado.

Linguaxe[editar | editar a fonte]

A linguaxe que Ibáñez pon en boca das súas personaxes é peculiar. Palabras e expresións de uso reducido ("colodrillo", "beodo", "mofa e befa", "merluzo", etc.) son comúns no universo de Mortadelo y Filemón.

Outra característica da linguaxe é que os protagonistas se tratan de vostede, aínda cando son vellos coñecidos. Algo moi pouco corrente en España, mesmo entre persoas en diferentes estamentos dunha xerarquía.

Referencias na cultura popular[editar | editar a fonte]

No programa concurso 50 por 15 (edición española), o único concursante que gañou os 50 millóns afirmou acertar unha das últimas preguntas (acerca dos hotentotes) grazas a ler nunha historia de Mortadelo e Filemón o contrasinal "esos tipos con bigote tienen cara de hotentote".

Mortadelo e Filemón noutros medios[editar | editar a fonte]

Producíronse varias películas de animación ("Mortadelo y Filemón, Primer Festival del Humor", "Mortadelo y Filemón, Segundo Festival del Humor" e "El armario del Tiempo") dirixidas por Rafael Vara a principios dos 70.

Na década de 1990 unha produtora alemá creou unha serie de deseños animados ("Mortadelo y Filemón") de desapercibido éxito, que foi transmitida en España por Antena 3 e actualmente é emitida pola canle de operadoras dixitais Jetix.

Estes debuxos foron levados ó cine con personaxes reais en La gran aventura de Mortadelo y Filemón (2003) dirixida por Javier Fesser e protagonizada por Benito Pocino no papel de Mortadelo e Pepe Viyuela no papel de Filemón.

Unha nova película, Mortadelo y Filemón - Misión: Salvar la Tierra, apareceu no 2008 a modo de conmemoración do 50 aniversario das personaxes. Pepe Viyuela repetiu como Filemón, pero Mortadelo foi interpretado por Eduard Soto (coñecido tamén polo personaxe do Neng de Castefa) debido a discrepancias con Benito Pocino.

Ademais Mortadelo e Filemón cobraron vida no musical Mortadelo y Filemón, the miusical que se estreou en xuño de 2008 no Teatro Campoamor de Oviedo e que en setembro dese mesmo ano presentouse no Teatro Tivoli de Barcelona. Dirixido por Ricard Reguant e producido por Zebra Producciones e Mucho Ruido Records.

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Mortadelo é alto, delgado e cun gran nariz. É o rei do disfrace, capaz de transformarse, para asombro de todos, en calquera cousa, desde nun elefante ata nunha campá. Tiña unha portentosa melena ata que probou un invento do profesor Bacterio contra a caída do cabelo. Pódese dicir que, desde entón, nunca máis tivo que preocuparse polo seu pelo. Leva lentes e un traxe negro con levita. Nas súas orixes portaba un paraugas negro colgado do brazo e lucía un sombreiro de onde sempre extraía os disfraces.
  • Filemón Pi é o xefe de Mortadelo, e é un pouco máis baixo ca este. Ten só dous pelos na cabeza, e leva unha camisa branca e un pantalón vermello, se ben nos primeiros anos da súa publicación levaba unha gran pipa na boca e un atuendo similar ó de Sherlock Holmes. É quen acostuma levar os golpes cando algo sae mal (é dicir, case sempre). Como bo superior de Mortadelo, é un tipo culto e con gran sapiencia sobre practicamente todo tipo de temas, como bioloxía ou xeografía.
  • O Súper, ou Superintendente Vicente, é o superintendente da TIA. Encomenda as misións máis difíciles a Mortadelo e Filemón, permitíndolles o uso de mediocre maquinaria (automobilística ou armamentística) para resolvelas. Leva un poboado bigote e un traxe azul. De entre as personaxes habituais, é o de maior grao xerárquico, pero en ocasións o visitan os seus superiores, normalmente o Director Xeral.
  • O profesor Bacterio é o típico científico tolo. Crea os inventos máis inverosímiles e disparatados, que rara vez funcionan como deberían. Ten unha gran barba negra, que os axentes, o Súper ou Ofelia agarran con saña cando os seus inventos saen mal. Adoita vestir cun traxe de cor verde.
  • Ofelia é a secretaria, unha muller grande e oronda namorada de Mortadelo (pero non correspondida). É frecuentemente frustrada, desprezada e insultada, tanto por Mortadelo como por Filemón, e responde con violencia. Tamén ten enfrontamentos co Súper e con Bacterio. Viste cun traxe vermello.
  • Irma é outra secretaria, pero non aparece tan frecuentemente como Ofelia. É moi guapa, e tanto Mortadelo como Filemón séntense atraídos por ela, o que provoca gags interesantes con Ofelia. É unha personaxe menos asentada que o resto, xa que a súa primeira aparición data de 1987. Desapareceu unha vez que Ibáñez retomou por completo a súa obra a comezos dos 90.

Os "malos" (por norma xeral) e algúns axentes da T.I.A., teñen nomes cómicos como "Bestiájez", "Atúnez", "Tontáinez" ou "Mac, o antropoide".

Mortadelo e Filemón no mundo[editar | editar a fonte]

As historietas son publicadas en Europa baixo moitos nomes diferentes. Teñen unha excelente acollida en Alemaña, razón pola que se lle adicou un número enteiro. Os seus nomes varían dunha a outra lingua:

Pódense ver as diferentes portadas en http://www.mortadeloyfilemon.com/personajes/mundo.asp.

Historietas[editar | editar a fonte]

Existen certos temas que aparecen recorrentemente en moitas das historietas:

  • A Mortadelo e a Filemón sempre se lles asignan as misións máis perigosas, polo que tratan de escapar das formas máis singulares, se ben sempre son atrapados por outros axentes.
  • Mortadelo sempre acostuma meter a pata e pola súa culpa Filemón leva tódolos golpes (en ocasións reciben os dous).
  • Filemón sóese enfadar con Mortadelo e perségueo para zoscarlle.
  • Mortadelo sempre está á gresca con Bacterio, pois aínda lle garda resentimento co seu 'remedio para a calvicie'.
  • O Súper normalmente acostuma ser ameazado e perseguido por culpa das desastrosas actuacións de Mortadelo e Filemón (á vez que ameaza e persegue os dous axentes).
  • O Súper trata dun modo despótico os seus axentes.
  • Ofelia intenta porse guapa e coqueta, pero Mortadelo e Filemón acaban estropeándolle o día.
  • Ofelia anda detrás de Mortadelo, facéndolle as beiras e soñando con ser correspondida.
  • Bacterio acostuma fracasar nos seus inventos, obtendo como resultado cousas inesperadas (en ocasións xusto o contrario para o que foi creado o invento). Ás veces, o invento funciona exactamente como se esperaba pero o fai en situacións delicadas para Mortadelo e Filemón, que acaban sufrindo a inoportunidade).
  • Mortadelo e Filemón sempre foxen cando o Súper lles quere facer probar un invento do profesor Bacterio.
  • A Filemón non lle gusta que Mortadelo estea a probarse disfraces a todas horas.
  • Bacterio acostuma probar cada un dos seus novos inventos para a saúde e índole persoal entre algún dos membros da empresa, como traballadoras, secretarias (Ofelia en maior medida) e outros axentes, con funestos resultados.
  • Mortadelo e Filemón intentan ligar con Irma sen moito éxito.
  • Nas primeiras historietas curtas, Filemón está sempre berrando e dando ordes a Mortadelo.
  • Filemón aparenta en principio ser máis intelixente, serio e responsable que Mortadelo, cousa que acostuma sacar de quicio a este último.
  • As siglas das axencias criminais acostuman formar palabras, como A.B.U.E.L.A. ou C.A.O.S..
  • A T.I.A. ten entradas secretas nos máis recónditos lugares (ás veces a cada día correspóndelle unha entrada), como pode ser un simple sinal de tráfico ou o cartel publicitario dun circo, pero só os axentes saben como entrar, sendo trampas para o resto de viandantes.

As historietas teñen outra característica propia de Francisco Ibáñez: o humor no fondo de cada viñeta. Ó fondo da viñeta, alleos á acción principal, hai diversos elementos humorísticos. Así por exemplo, pódese encontrar una araña disfrazada, un rato perseguindo a un gato, dous edificios bicándose, un sinal de prohibido aparcar camelos, un lapis cun señor na orella, o sol cunha bufanda ou con lentes de sol, un señor con dúas cabezas, etc. Un destes elementos fíxose moi coñecido tralo 11-S: nunha suposta vista de Nova Iorque, na que se ve unha estatua de Francisco Ibáñez xunto á Estatua da Liberdade no especial 35 Aniversario, pódese observar ó fondo as Torres Xemelgas cun avión estrelado nunha delas. Estes elementos dan un toque especial de humor ás viñetas, se ben o autor cada vez inclúe menos elementos deste tipo.

Colección Olé[editar | editar a fonte]

Son historias longas de 44 ou 49 páxinas cada unha, seguidas de historietas curtas de entre unha e oito páxinas ata completar 60 en cada libro.

  1. Va la T.I.A. y se pone al día
  2. El profeta Jeremías
  3. El atasco de influencias
  4. El premio No-vel
  5. El gran sarao
  6. Armas con bicho
  7. La tergiversicina
  8. La Gomeztroika
  9. El candidato
  10. El ansia de poder
  11. Gatolandia 76
  12. Moscú 80
  13. Los Ángeles 84
  14. Seúl 88
  15. La estatua de la libertad
  16. El huerto siniestro
  17. El estropicio meteorológico
  18. La perra de las galaxias
  19. Los sobrinetes
  20. 13 rue del percebe
  21. El cochecito leré
  22. Ladrones de coches
  23. Lo que el viento se dejó
  24. Testigo de cargo
  25. El caso del calcetín
  26. La gallina de los huevos de oro
  27. El brujo
  28. Tete Cohete
  29. Los guardaespaldas
  30. Objetivo eliminar al "Rana"
  31. Los que volvieron de "Allá"
  32. Las embajadas chifladas
  33. Los espantajomanes
  34. La cochinadita nuclear
  35. El caso del señor-probeta
  36. La máquina de copiar gente
  37. Billy el "horrendo"
  38. El caso de los párvulos
  39. La elasticina
  40. 13 rue del percebe (2)
  41. Secuestro aéreo
  42. La gente de Vicente
  43. Las tacillas volantes
  44. El preboste de seguridad
  45. ¡Soborno!
  46. Clínicas antibirria
  47. El quinto centenario
  48. El S.O.E.
  49. La crisis del golfo
  50. Maastrich... Jesús
  51. Misión de perros
  52. Los gamberros
  53. Los bomberos
  54. Pánico en el zoo
  55. Magín el mago
  56. Los mercenarios
  57. El transformador metabólico
  58. Contrabando
  59. Los secuestradores
  60. ¡A por el niño!
  61. Mundial 78
  62. Mundial 82
  63. El balón catastrófico
  64. Mundial 82 bis
  65. Mundial 94
  66. Los diamantes de la gran duquesa
  67. El elixir de la vida
  68. El antídoto
  69. Los invasores
  70. Los monstruos
  71. Los cacharros majaretas
  72. El circo
  73. Concurso oposición
  74. El otro "yo" del profesor Bacterio
  75. Operación ¡bomba!
  76. Barcelona 92
  77. El 35 aniversario
  78. La ruta del yerbajo
  79. El racista
  80. El nuevo cate
  81. Dinosaurios
  82. El pinchazo telefónico
  83. El bacilón
  84. Cacao espacial
  85. kilociclos asesinos
  86. A las armas
  87. La brigada bichera
  88. El ascenso
  89. Hay un traidor en la T.I.A.
  90. El caso de los señores pequeñitos
  91. En Alemania
  92. ¡Terroristas!
  93. Los superpoderes
  94. Valor y... ¡al toro!
  95. El caso del bacalao
  96. La máquina del cambiazo
  97. Contra el "gang" del chicharrón
  98. Safari callejero
  99. Chapeau el "esmirriau"
  100. El sulfato atómico
  101. El plano de Alí-gusa-no
  102. La caja de los diez cerrojos
  103. La caza del caco
  104. Los inventos del profesor Bacterio
  105. ¡A la caza del cuadro!
  106. Agencia de información
  107. La historia de Mortadelo y Filemón
  108. Agentes a mogollón
  109. ¡Sálvese quien pueda! ¡Auxilio!
  110. El embrollo matutino
  111. Tres cerebelos estrechos
  112. Ceporros en pleno idilio
  113. Dos cabestros y un pollino
  114. Los demás, todos maltrechos
  115. Pitorreo a domicilio
  116. Gente de recochineo fino
  117. Un topo y dos berberechos
  118. La prensa cardiovascular
  119. Timazo al canto
  120. 20.000 leguas de viaje sibilino
  121. Robots bestiajos
  122. El señor todoquisque
  123. El ángel de la guarda
  124. ¡Pesadilla...!
  125. Corrupción a mogollón
  126. Reyes de la risa
  127. Animalada
  128. ¡Silencio, se rueda!
  129. El disfraz, cosa falaz
  130. ¡Desastre!
  131. |Alegres aventuras
  132. Atlanta 96
  133. El jurado popular
  134. 100 años de cómic
  135. Expediente J
  136. El trastomóvil
  137. Mundial'98
  138. La banda de los guiris
  139. Su vida privada
  140. ¡Bye bye, Hong Kong!
  141. Esos kilitos malditos
  142. Los verdes
  143. Las vacas chaladas
  144. ¡Deportes de espanto!
  145. El oscar del moro
  146. El espeluznante doctor Bíchez
  147. La maldita maquinita
  148. El tirano
  149. La M.I.E.R.
  150. Impeachment!
  151. De los ochenta p'arriba...
  152. Siglo XX, ¡qué progreso!
  153. Sydney 2000
  154. La Vuelta
  155. La sirenita
  156. Fórmula 1
  157. La rehabilitación esa
  158. Los Vikingos
  159. ¡Llegó el Euro!
  160. ¡Okupas!
  161. El ordenador... ¡Qué horror!
  162. Mundial 2002
  163. ¡Mascotas!
  164. ¡Misión Triunfo!
  165. ¡El Estrellato!
  166. Parque de Atracciones
  167. El UVA
  168. Rapto tremendo
  169. Atenas 2004
  170. El Señor de los Ladrillos
  171. Mortadelo de La Mancha
  172. Prohibido fumar
  173. El carnet al punto
  174. El kamikaze Regúlez
  175. Mundial 2006
  176. Bajo el Bramido del Trueno!
  177. El dopaje...¡Qué potaje!
  178. El 'Gasoil'

Outros títulos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]