Viñeta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Secuencia de viñetas de banda deseñada.

Unha viñeta é, dentro da banda deseñada, un recadro delimitado por liñas negras que representa un instante da historia que se está a desenvolver ou narrar. Xaora, trátase da representación pictográfica dun suceso ou pasaxe e constitúe a unidade mínima da montaxe do cómic. As viñetas están así mesmo separadas por espazos, que en inglés reciben o nome de gutter.