Mol
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa química que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
A magnitude que expresa o número de partículas presentes nas sustancias é a magnitude básica de substancia. A súa unidade no SI e o mol.
Un mol é a cantidade de substancia que contén tantas entidades elementais (átomos, moléculas, electróns,...) como átomos hai en 0,012 kg de carbono 12. O número de átomos presentes en 12 g de carbono 12 é unha constante chamada constante de Avogadro, NA. Por isto, un mol é a cantidade de materia que contén un número de partículas igual a NA.
Non podemos contar os átomos ou as moléculas, pero existen métodos para determinar o número de partículas presentes nas substancias. Mediante estes métodos calculouse que o valor da constante de Avogadro é:
A partir de agora, utilizaremos como valor da constante de Avogadro NA = 6.022 · 1023 mol-1 para simplificar os cálculos.
Un mol é a cantidade de substancia que contén 6,022 · 1023 unidades. Así:
- 1 mol de moléculas contén: 6,022 · 1023 moléculas.
- 1 mol de átomos contén: 6,022 · 1023 átomos.
- 1 mol de electróns contén: 6,022 · 1023 electróns.
O mol refírese sempre a un número fixo de partículas, sexan átomos, ións... E incluso lapis e bolígrafos.
Para facérmonos unha idea, toda a Terra dividida en bolas de uns 15 cm de diámetro daría un número de bolas igual á constante de Avogadro.