Moeda de Terra Nova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A moeda de Terra Nova é a emitida para a súa circulación neste territorio norteamericano, inicialmente como colonia británica, ata 1907, e posteriormente como dominio británico, ata 1949, data en que Terra Nova e Labrador pasa a constituírse como provincia do Canadá.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

As primeiras moedas utilizadas en Terra Nova, do mesmo xeito que no resto do Canadá, foron as levadas consigo polos primeiros colonos e polos comerciantes que se achegaban ás súas costas.[1]

En tanto que nos territorios de influencia francesa abundaban as moedas dese país, as moedas de uso común en Terra Nova naquela primeira época procedía maioritariamente de Gran Bretaña e tamén doutros países que tiñan actividade pesqueira na zona, como Portugal.[1]

Emisións privadas de comerciantes[editar | editar a fonte]

Neste contexto, á medida que os intercambios comerciais ían xerando unha maior necesidade de moeda circulante, algúns comerciantes e entidades locais comezaron a cuñar as súas propias moedas, baixo o sistema monetario inglés, coñecidas na tradición anglosaxoa como tokens.[1][2]

Os irmáns Rutherford[editar | editar a fonte]

Token de medio penique emitido por Rutherford en San Xoán, Terra Nova (ca. 1840-1841).[3]

As primeiras destas moedas privadas en Terra Nova emitíronse en 1841 en San Xoán, co valor de medio penique, a cargo dos irmáns Robert e I. S. Rutherford, establecidos en 1840 como comerciantes nesa cidade.[1]

Nos seus anversos amosan o escudo familiar dos Rutherford e nos reversos unha ovella colgada, coa lenda R & I:S:RUTHERFORD * St JOHN'S NEWFOUNDLAND. Hai dúas variedades destes tokens, unha con data de 1841 baixo o escudo do anverso e outra sen ela, que podería estar cuñada ese mesmo ano ou no anterior.[4]

En 1846, logo de que un incendio destruíse o establecemento de San Xoán, outros dous irmáns dos Rutherford, chamados George e Andrew, abriron un novo comercio na vila de Harbour Grace e posteriormente fixeron unha nova emisión de tokens, tamén co valor de medio penique. A súa tipoloxía é moi semellante á da emisión anterior, coa diferenza das lendas do reverso: RUTHERFORD BROS. * HARBOUR GRACE NEWFOUNDLAND.[1][5]

O gravado destas moedas, tanto as de 1841 como as de 1846, atribúeselles a Boulton e Watt, e a cuñaxe realizouse en Birmingham, Inglaterra, ou ben na Ceca de Soho, ou ben na de Ralph Heaton & Sons, ou con subcontratacións entre ambas.[2]

Peter McAuslane[editar | editar a fonte]

Outra das primeiras emisións privadas de moeda en Terra Nova foi a levada a cabo na década de 1840 (ca. 1844) por Peter McAuslane, un comerciante xeral de San Xoán.[1] A partir do mencionado incendio producido nesta cidade en 1846, McAuslane trasladou o seu establecemento á provincia do Alto Canadá, o actual Ontario.

No anverso desta moeda, con valor dun cuarto de penique (farthing), amósase a lenda PETER McAUSLANE ST. JOHN'S NEWFOUNDLAND, en tanto que no reverso, a lenda SELLS ALL SORTS OF SHOP & STORE GOODS rodea a imaxe dunha vide con flores.[6]

Emisións anónimas[editar | editar a fonte]

Outras dúas emisións posteriores carecen de mención ao emisor e tamén á localización xeográfica. Coñécense senllas moedas de medio penique, unha primeira con data de 1858 e unha segunda con data de 1860:[1]

  • O medio penique de 1858, do que se coñecen moi poucos exemplares, amosa no anverso un barco moi similar ao dos tokens da Illa do Píncipe Eduardo. O reverso está ocupado unicamente pola data: 1858. Os cuños desta moeda foron gravados por Ralph Heaton e a cuñaxe produciuse na ceca privada Ralph Heaton & Sons, en Birmingham.[7]
  • O medio penique de 1860, tamén moi escaso, amosa a data na parte central do anverso, no interior dun círculo e rodeada pola lenda FISHING RIGHTS FOR NEWFOUNDLAND. A lenda do reverso, situada no centro, é: RESPONSIBLE GOVERNMENT AND FREE TRADE. Con estas inscricións faise unha declaración política acerca da promoción da industria pesqueira e a apelación á responsabilidade do Goberno, logo da sinatura dun tratado por parte dos principais estados con intereses pesqueiros.[8]

Moedas do dólar de Terra Nova (1865-1947)[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Dólar de Terra Nova

En 1865, Terra Nova adoptou o dólar como moeda do sistema decimal, do mesmo xeito que o fixeran o Canadá, Novo Brunswick e Nova Escocia.

Terra Nova foi o único territorio de soberanía británica en América do Norte cunha moeda propia de ouro —aínda que na ceca de Otava tamén se producían soberanos británicos—. Nun principio pensouse en producir neste metal moedas dun dólar, aínda que se pensou que os pescadores as poderían perder por mor do seu reducido tamaño; por este motivo decidiuse crear as moedas de dous dólares en ouro.[9][10]

Cecas[editar | editar a fonte]

A combinación entre a data de cuñaxe e a presenza ou a ausencia dunha marca de ceca indica o lugar de produción destas moedas. As moedas canadenses emitidas entre 1858 e 1907 foron, todas elas, cuñadas en Inglaterra; se carecen de marca de ceca proceden da Royal Mint, en Londres, e se teñen a marca "H" foron cuñadas na ceca de Heaton, en Birmingham.[11] En 1908 a Royal Mint estableceu unha das súas sucursais en Otava, que daría lugar á posterior Casa da Moeda do Canadá; as moedas procedentes desta ceca amosan un "C" como marca de ceca.[1][12]

Moedas emitidas[editar | editar a fonte]

Estes son os modelos e os valores das moedas de Terra Nova cuñadas oficialmente baixo o sistema do dólar, agrupados por reinados:[13]

Raíña Vitoria (1837-1901)
Valor facial Anverso e reverso Período Cecas Outros datos Deseño / Gravado
1 cent

[14]

1865 a 1896
  • Deseño: H. Morehen.
  • Gravado: T. Minton.
5 cents

[15]

1865 a 1896
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 15, 2 mm
  • Peso: 1,17 g
  • Tiraxe: 1.140.260
10 cents

[16]

1865 a 1896
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 17,5 mm
  • Peso: 2,35 g
  • Tiraxe: 681.614
20 cents

[17]

1865 a 1900
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 23,19 mm
  • Peso: 4,71 g
  • Tiraxe: 1.215.797
50 cents

[18]

1870 a 1900
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 30 mm
  • Peso: 11,78 g
  • Tiraxe: 954.282
2 dólares

[19]

1865 a 1888
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Au
  • Diámetro: 23,50 mm
  • Peso: 3,32 g
  • Tiraxe: 98.575
Eduardo VII (1901-1910)
Valor facial Anverso e reverso Período Cecas Outros datos Deseño / Gravado
1 cent

[20]

1904 a 1909
  • Metal: Cu
  • Diámetro: 25,53
  • Peso: 5,67
  • Tiraxe: 500.000
5 cents

[21]

1903 a 1908
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 15,2 mm
  • Peso: 1,17 g
  • Tiraxe: 600.000
10 cents

[22]

1903 e 1904
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 17,50
  • Peso: 2,35
  • Tiraxe: 200.000
20 cents

[23]

1904
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 23,19 mm
  • Peso: 4,71 g
  • Tiraxe: 75.000
50 cents

[24]

1904 a 1909
  • Royal Mint
  • Birmingham
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 30 mm
  • Peso: 11,78 g
  • Tiraxe: 2.400.000
Xurxo V (1910-1936)
Valor facial Anverso e reverso Período Cecas Outros datos Deseño / Gravado
1 cent

[25]

1913 a 1936
  • Metal: Cu
  • Diámetro: 25,5 mm
  • Peso: 5,67 g
  • Tiraxe: 2.304.534
5 cents

[26]

1912 a 1929
  • Royal Mint
  • Otava
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 15,5 mm
  • Peso: 1,78 g
  • Tiraxe: 1.011.163
10 cents

[27]

1912 a 1919
  • Royal Mint
  • Otava
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 17,5 mm
  • Peso: 2,35 g
  • Tiraxe: 455.147
20 cents

[28]

1912
  • Royal Mint .
  • Otava
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 23,20 mm
  • Peso: 4,71 g
  • Tiraxe: 350.000
25 cents

[29]

1917 e 1919
  • Royal Mint
  • Otava
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 23,6 mm
  • Peso: 5,32 g
  • Tiraxe: 628.718
50 cents

[30]

1911 a 1919
  • Royal Mint
  • Otava
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 29,89 mm
  • Peso: 11,78 g
  • Tiraxe: 1.176.651
Xurxo VI (1936-1952)
Valor facial Anverso e reverso Período Cecas Outros datos Deseño / Gravado
1 cent

[31]

1938 a 1947
  • Metal: Cu
  • Diámetro: 19 mm
  • Peso: 3,20 g
  • Tiraxe: 6.506.831
  • A/.: P. Metcalfe.
  • R/.: W. J. Newman.
5 cents

[32]

1938 a 1947
  • Royal Mint .
  • Otava
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 15,5 mm
  • Peso: 1,17 g
  • Tiraxe: 1.571.655
10 cents

[33]

1938 a 1947
  • Royal Mint
  • Otava
  • Metal: Ag
  • Diámetro: 18 mm
  • Peso: 2,35 g
  • Tiraxe: 1.233.543

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Willey, R. C. (2013). "Coins and Tokens". The Canadian Encyclopedia.
  2. 2,0 2,1 "19th Century Canada Genuine Trade Tokens". London Numismatic Club.
  3. "½ Penny - Rutherford "St John's"". Numista.com
  4. Variedades do token de 1841: "sen data" e "con data". Numista.com
  5. "½ Penny - Rutherford Harbour Grace". Numista.com
  6. "1 Farthing - Peter McAuslane". Numista.com
  7. "½ Penny - Sailing Ship design". Numista.com
  8. "½ Penny - Responsible Government and Free Trade". Numista.com
  9. Cross, W. K. (2005). Páxina 55.
  10. "Newfoundland, two dollars, 1870". Coinsandcanada.com. 29 de marzo de 2004.
  11. Berman, A. G. (2008). Páxina 137.
  12. Cuhaj, G. S. (ed.) (2012). Páxina 15.
  13. "Coins from Newfoundland". Numista.com
  14. "1 Cent. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
  15. "5 cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
  16. "10 cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
  17. "20 Cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
  18. "50 Cents. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
  19. "2 Dollars. Newfoundland. Queen Victoria". Colnect.com
  20. "1 Cent. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
  21. "5 cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
  22. "10 cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
  23. "20 Cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
  24. "50 Cents. Newfoundland. Edward VII". Colnect.com
  25. "1 Cent. Newfoundland. George V". Colnect.com
  26. "5 cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
  27. "10 cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
  28. "20 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
  29. "25 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
  30. "50 Cents. Newfoundland. George V". Colnect.com
  31. "1 Cent. Newfoundland. George VI". Colnect.com
  32. "5 cents. Newfoundland. George VI". Colnect.com
  33. "10 cents. Newfoundland. George VI". Colnect.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]