Milan Kundera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Milan Kundera, nado en Brno o 1 de abril de 1929, é un escritor checo en lingua checa e francesa.

Orixinario da antiga Checoslovaquia obtivo a nacionalidade francesa en 1981. A súa obra de máis sona é probablemente Nesnesitelná lehkost bytí ("A insoportable levidade do ser"), publicada en 1984. Recibiu o premio Médicis étranger en 1973 pola novela Život je jinde, o "Premio de Xerusalén" en 1985, o "Premio Aujourd'hui" en 1993 polo ensaio Les testaments trahis e o Gran Premio de Literatura da Academia francesa no ano 2001 polo conxunto da súa obra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Época checoslovaca[editar | editar a fonte]

Kundera naceu nun ambiente burgués e cultivado na recentemente creada Checoslovaquia. Seu pai era un coñecido pianista alumno de Leoš Janáček, é foi reitor máis tarde (entre 1948 e 1961) das Escola de altos estudios musicais de Brno. A súa curmá Ludvík Kundera é unha escritora checa recoñecida. Milan comezou moi axiña a estudar piano e a música figura como motivo e elemento estrutural ó longo de toda a súa obra literaria. En 1945 publicou por primeira vez un traballo literario. Foi na revista Gong e tratábase da tradución dun poema do escritor ruso Vladimir Maiakowski. Influído probablemente por súa curmá empezou a producir a súa propia obra lírica. Un dos seus poemas apareceu en 1946 na revista Mladé archy.

Despois da Segunda guerra mundial, Kundera foi obreiro e músico de jazz. En 1948 acabou os estudos secundarios, entrou no Partido Comunista Checoslovaco e comezou estudios de literatura e música na universidade de Praga. Despois de só dous trimestres, trocou a universidade pola academia cinematográfica, onde escolleu como materias principais as de dirección e escrita de guións. O ano 1950 foi expulsado do Partido Comunista, acusado de "actividades contra ó partido", sanción que compartiu con outro escritor Jan Trefulka e tivo que interromper os seus estudios durante dous anos. Os acontecementos da época inspiráronlle a novela Žert (A broma) de 1967. No mesmo 1967 foi admitido de novo no Partido Comunista, do que foi definitivamente expulsado en 1970.

En acabando os estudios traballou de profesor na facultade de cinematografía da academia de música e dramaturxia de Praga. No seu primeiro libro de poemas Člověk zahrada širá (O home, un vasto xardín) de 1953 amosaba a súa postura crítica coa doutrina do realismo socialista daquela oficial no país, aínda que dende unha perspectiva inequivocamente comunista. O poema Poslední máj ("O último maio"), de 1955, é unha homenaxe os antifascista e loitador pola liberdade checo Julius Fučík. No libro Monology, un conxunto de poemas de amor de inspiración intelectual, afástase da política e pon o punto de vista nas relacións humanas.

Durante os anos 1950 e primeiros anos da década de 1960 foi un autor recoñecido e apreciado no seu pais. Publicou ensaios moi ben valorados sobre poesía de vangarda en varias revistas literarias coma a Literarni noviny e Listy, e a súa obra xogou un certo papel liberador dentro da literatura oficial checa. O cuarto congreso de escritores checos de 1967 marcou un punto de inflexión na vida cultural checa e influíu no desenvolvemento da Primavera de Praga. Kundera converteuse na figura representativa dun movemento que esixía a liberdade artística e creativa.

A novela A broma e os primeiros contos da obra en tres volumes (Směšné lásky) (Os amores ridículos), escritos en 1958 e publicados en 1963, 1965 e 1968, falan da imposibilidade de controlar a realidade, e deixan ver a crítica do escritor ó totalitarismo. Směšné lásky sería considerada máis tarde por Kundera a súa primeira obra de madurez.

A entrada das tropas soviéticas en Checoslovaquia e a fin da Primavera de Praga marcaron tamén a fin do período de liberdade cultural e de prensa no país, que volveu a un control stalinista das actividades sociais e artísticas. Kundera perdeu o posto de ensinante na Academia de Cinematografía, os seus libros foron retirados das bibliotecas e non se lle autorizaron novas publicacións. En Život je jinde (A vida está xalundes)de 1969/70 e Valčík na rozloučenou (Vals de despedida) de 1970/71) Kundera pasa contas co seu pasado comunista. Considerado persoa non grata no mundo cultural checo e sen posibilidades de publicar ámbolos dous libros foron escritos sen ter en conta a censura, en total liberdade de creación.

Francia[editar | editar a fonte]

Os dous traballos citados serían os derradeiros de Kundera en Checoslovaquia. En 1975 foille ofrecido un posto de profesor na universidade da cidade francesa de Rennes e emigrou coa súa muller a Francia. A causa da novela de 1978 Kniha smíchu a zapomnění ("O libro da risa e o esquecemento") no que trataba unha vez máis o tema do seu pasado comunista, foille retirada a nacionalidade checoslovaca. En 1978 trasladouse a París coma docente da Ecole des Hautes Etudes e nesa cidade foi publicada a obra que o daría a coñecer universalmente: Nesnesitelná lehkost bytí. En 1981 tomou a nacionalidade francesa.

A novela de 1990 Nesmrtelnost ("A inmortalidade") fuxe por primeira vez na súa obra de caracteres e escenarios checoslovacos. O seguinte, La lenteur (A lentitude), de 1994, foi escrito en francés. Ámbalas dúas obras conteñen unha crítica agre da sociedade do oeste de Europa de finais do século XX, e poñen na picota a artificiosidade, a tecnocracia e inhumanidade.

A súa segunda novela en francés L'Identite ("A identidade"), de 1995, publicada o 1998 é, coma La lenteur, unha novela sobre o tema do amor, sentime4nto cun valor que se eleva no mundo moderno hostil e primario.

O terceiro traballo do seu ciclo francés foi a novela do ano 2000 L'ignorance ("A ignorancia"), coma as dúas anteriores de pouca extensión e poucas personaxes. Fala dos paradoxos e malos entendidos do amor e da imposibilidade de volver ás súas raíces.

Dende 1991 Kundera é membro do grupo de lectores da editorial Gallimard de Paris. Vive coa súa muller Vera Hrabankova moi afastado da vida pública. Dende 1985 da só entrevistas por escrito, por temor a ser terxiversado, inquedanza que lle fai tamén controlar de preto as traducións das súas obras.

Obras[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Žert ("A broma"), 1965/67)
  • Směšné lásky ("Os amores ridículos"), publicación en 1963, 1965 en 1968.
  • Život je jinde ("A vida está xalundes"), 1969/70.
  • Valčík na rozloučenou ("Vals de despedida"), 1970/71.
  • Kniha smíchu a zapomnění ("O libro da risa e o esquecemento"), 1978.
  • Nesnesitelná lehkost bytí ("A insoportable levidade do ser"), 1982.
  • Nesmrtelnost ("A inmortalidade"), 1990.
  • La lenteur ("A lentitude"), 1994.
  • L'Identité ("A identidade"), 1995, publicada en 1998.
  • 'L'ignorance ("A ignorancia"), 2000.

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Člověk zahrada širá ("O home e un vasto xardín"), 1953.
  • Monology ("Monólogos"), 1957.

Obra dramática[editar | editar a fonte]

Ensaios[editar | editar a fonte]

  • A arte da novela.
  • Os testamentos traizoados.
  • A traxedia de Centroeuropa.
  • A cortina 2005.

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

(Fonte: [1])

  • Premio estatal da República Socialista Checoslovaca (1964).
  • Premio da Unión de escritores checoslovacos (1968).
  • Prix Médicis á mellor novela publicada en Francia en lingua estranxeira 1973 por Život je jinde.
  • Premio letterario Mondello por Valčík na rozloučenou (1978).
  • Common Wealth Award polo conxunto da súa obra (1981).
  • Premiou europeo de literatura (1982).
  • Doutor honoris pola universidade de Michigan, EUA (1983).
  • Premio Xerusalén de literatura (1985).
  • Premio da crítica da Academia francesa por A arte da novela (1987).
  • Premio Nelly-Sachs (1987).
  • Premio Nacional de Austria de literatura europea (1987).
  • Cabaleiro da lexión de Honor francesa (1990).
  • Primeiro premio de literatura estranxeira do xornal británico The Independent (1991).
  • Premio Jaroslav-Seifert por Nesmrtelnost (1994).
  • Medalla checa ó mérito (1995).
  • Premio Herder da Universidade de Viena (2000).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]