Maruxa Boga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maruxa Boga, nada en Arxentina en 1915 e finada o 26 de xullo de 2010, foi unha actriz e xornalista galega.

Índice

[editar] Traxectoria

Filla de galegos, comeza a súa traxectoria como locutora de radio no programa Galicia, que dirixía a actriz Maruxa Villanueva. O 5 de agosto de 1945 comeza a presentar, a canda o actor Fernando Iglesias, "Tacholas" e o seu home, o xornalista Alfredo Arostegui, o programa de radio Recordando a Galicia na emisora arxentina Radio Rivadavia.

Funda con Tacholas a compañía de teatro Boga-Tacholas, coa que se dedica á representacións de comedias moitas delas de temática galega. Logo de que Tacholas deixa en 1953 a presentación do programa, continuará con Arostegui á súa fronte ata marzo de 1984, cubrindo 39 anos de emisións ininterrompidas. O programa foi ademais un referente da comunidade galega en Arxentina, e por el pasaron Castelao, Eduardo Blanco Amor, Antón Alonso Ríos, Ramón Suárez Picallo ou Maruxa Villanueva.

[editar] Premios e distincións

Recibiu o Grelo de ouro en 1998 canda a Maruxa Villanueva e Tacholas, polo impulso do teatro galego en Arxentina.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas