Martin Buber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Martin Buber

Martin Buber, nado en Viena en 1878 e falecido en Xerusalén en 1965, foi un filósofo e escritor xudeu.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pasou boa parte da infancia co seu avó, un erudito na tradición e literatura xudía, en Lviv (Ucraína), tras unha crise relixiosa comeza a ler a Kant e Nietzsche. En 1896 marcha a estudar a Viena e en 1898 únese ao movemento sionista, en 1902 convértese no editor do semanario Die Welt, o órgano oficial do sionismo. A partir de 1903 estuda a interesarse polo hasidismo, en 1904 Buber deixa o traballo na organización sionista para se dedicar a estudar e escribir.

En 1906 publica Die Geschichten des Rabbi Nachman, unha colección dos contos do rabino hasidí Nachman de Breslau, pero interpretados e rescritos para unha especie de neohasidismo. En 1908 publica Die Legende des Baalschem, historias Baal Shem Tov, o fundador do hasidismo.

Entre 1910 e 1914 Buber estudou mitos e publicou edicións de textos míticos, durante a Primeira Guerra Mundial axudou a establecer a Comisión Nacional Xudía para mellorar as condicións dos xudeus de Europa oriental, e foi o editor da revista Der Jude ata 1924. En 1922 Buber e Franz Rosenzweig abriron a Freies Jüdisches Lehrhaus.

En 1923 escribiu a súa obra máis coñecida Ich und Du (Eu e máis ti), e en 1925 con Rosenzweig comezou a traducir a Biblia hebrea ao alemán.

En 1930 Buber converteuse en profesor honorario da Universidade de Frankfurt, pero á chegada dos nazis ao poder prohibíronlle dar leccións nela. En resposta á prohibición para os xudeus de acudir á educación pública fundou a Oficina central para a educación dos xudeus adultos.

En 1938 deixou Alemaña e aséntase en Xerusalén, alí entra na Universidade Hebrea de Xerusalén e participa na discusión dos problemas dos xudeus en Palestina e na cuestión árabe, milita no grupo moderado Ichud, que reclamaba un estado binacional para árabes e xudeus en Palestina.