Javier Cámara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Javier Cámara, nado en Albeda de Iregua (A Rioxa) o 19 de xaneiro de 1967, é un actor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Chega a Madrid coa intención de converterse en actor e comeza alí os seus estudos de arte dramático ó tempo que trababalla coma acomodador no Teatro Fígaro.

O seu primeiro papel relevante en televisión sería na serie de Antena 3 Ay, señor, señor, onde compartía protagonismo con Andrés Pajares, pero o personaxe que realmente lle daría fama sería o de Paco Gimeno en Siete Vidas.

Abandona esta produción para dedicarse ó cine, no que xa debutara xunto a Fernando Colomo en 1991 en Rosa Rosae. Tras deixar Siete Vidas roda proxectos coma Hable con ella e La mala educación, de Pedro Almodóvar; Lucía y el sexo, de Julio Medem ou Torremolinos 73, de Pablo Berger entre outros moitos títulos que compoñen a súa filmografía.

Máis recentemente rodou La vida secreta de las palabras, de Isabel Coixet e Alatriste, de Agustín Díaz Llanes. O seu último proxecto ata o momento é La torre de Suso, de Tomás Fernández.

Ademais de actor cabe salientar as súas facetas de guionista no curto Hombres Tranquilos e a película Los abajo firmantes (2003), onde tamén traballaba coma intérprete, e de compositor en filmes coma Más de mil cámaras velan por tu seguridad, de David Alonso en 2003; Jara, de Manuel Estudillo en 2000 ou Memorias del Ángel caído, de David Alonso e Fernando Cámara en 1997.

É irmán do director e guionista Fernando Cámara, co que coincidiu nalgúns proxectos.

Filmografía parcial[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 1991 El caballero de olmedo, de Lope de Vega coa Compañía de teatro Clásico de Miguel Narros.
  • Dígaselo con Valium
  • El pícaro
  • Sombrero nuevo
  • La isla
  • Retorno al hogar
  • Desde con desden
  • 2003 Como en las mejores familias

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya

Fotogramas de Prata

Academia de Cine europea

  • Premio do público ó mellor actor por Hable con ella.
  • Candidato ó premio ó mellor actor por Hable con ella.

Festival de Málaga

Festival de Peñíscola

Premios Ondas

Unión de Actores.

TP de ouro

ATV (Academia da Televisión)

Círculo de escritores cinematográficos

Premios ACE

Toulouse Cinespaña

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]