Blanca Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBlanca Suárez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de outubro de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Rei Xoán Carlos - comunicação audiovisual (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,67 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo castanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2007 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaJavier Rey (2019–2022)
Mario Casas (2018–2019)
Joel Bosqued (pt) Traducir (2015–2017)
Dani Martín (2014–2014)
Miguel Ángel Silvestre (2011–2014)
Javier Pereira (pt) Traducir (2008–2010) Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webblanca-suarez.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0840754 Allocine: 246155 Allmovie: p605569
Twitter: blancasuarezweb Instagram: blanca_suarez Editar o valor em Wikidata

Blanca Martínez Suárez, nada en Madrid o 21 de outubro de 1988, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A actriz Blanca Suárez comezou no mundo da interpretación co papel de "Ángela" en Eskalofrío aínda que non se estreou en cines ata 2008. Con 19 anos, e tras a rodaxe da súa primeira película de medo, entrou a formar parte da repartición de El internado, no papel de "Julia" con actores como Yon González, Elena Furiase, Martiño Rivas, Nani Jiménez e outros. Tamén interveu en películas como Cobardes de José Corbacho e Juan Cruz, Fuga de cerebros de Fernando González Molina, onde interpreta a "Angelical" ou El cónsul de Sodoma.

Ademais, Blanca participou nas curtametraxes Universos, dirixido por José Corbacho e Juan Cruz, que se deu a coñecer como La wikipeli de Mahou e en Hemisferio, dirixido por Luis María Ferrández e Alejandro Áboli e cuxo rodaxe tivo lugar na Praia de Sant Joan d'Alacant. Tamén participou en Carne de neón, longametraxe que rodou no verán de 2009 e acábase de converter en Moza Almodóvar ao formar parte da nova película de Pedro Almodóvar, La piel que habito.

En televisión e logo de intervir en El internado (2007-2010), Blanca Suárez protagonizou a serie El barco (2011) emitida tamén en Antena 3.

Blanca Suárez foi nomeada no Festival de Televisión de Montecarlo na súa 49ª edición na categoría de Mellor actriz de drama polo seu papel de "Julia" en El internado. O seu último nomeamento foi no Festival de Cine de San Sebastián 2009 no que recibiu o premio Talento Revelación do Cine Español[1] logo de haber sido nomeada por segundo ano consecutivo.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Talento Revelación do Cine Español (2009)
  • Festival de Televisión de Montecarlo, Ninfa de Ouro á mellor actriz-drama (2009)
  • Premio Pétalo, rostro revelación (2010)
  • Premio Goya, mellor actriz revelación (2011)
  • TP de Ouro, mellor actriz (2011)
  • Premios Ondas, mellor interpretación feminina (2011, 2017)
  • Premios Fotogramas de Prata, mellor actriz de televisión (2011, 2012) e mellor actriz de cinema (2021)
  • Premios Cosmopolitan, mellor actriz de televisión (2012)
  • Premios GQ, muller do ano (2012)
  • Semana de Cinema de Medina do Campo, actriz do século XXI (2012)
  • Neox Fan Awards, mellor actriz de cinema español (2012), mellor actriz de serie de televisión (2012, 2013), mellor beso do ano (2012, xunto con Mario Casas), a parella máis atractiva (2013, xunto con Miguel Ángel Silvestre)
  • Trophée Chopard do Festival de Cinema de Cannes, Revelación feminina do ano (2013)
  • Premio Feroz, mellor actriz de repartición (2015)
  • Premio Iris, mellor actriz (2017)
  • Premio Platino, mellor interpretación feminina en teleserie (2018)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blanca Suárez e Mario Casas, entre os nomeados ao premio 'Talento Revelación do Cine Español' Arquivado 05 de xullo de 2009 en Wayback Machine.. La Vanguardia (26-6-2009). Consultado o 2 de xullo de 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]