SMS (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

SMS
Sin miedo a soñar
FormatoXuvenil-Comedia-Drama
Creado porGlobomedia
País de orixeEspaña España
Episodios185
Produción
Duración22 min aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixeLaSexta
Primeiro episodio7 de xullo de 2006
Derradeiro episodio30 de marzo de 2007
Na rede
IMDB: tt0821927 Filmaffinity: 561168 Allocine: 4543 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

SMS (Sin miedo a soñar) é unha serie de televisión transmitida por LaSexta. Previo á estrea da primeira tempada, o 7 de xullo do 2006, LaSexta emitiu un especial no que se incluían os 4 primeiros capítulos da serie. A partir do día 10 de xullo empezou a primeira tempada, que constou de 120 capítulos.

O día 29 de decembro de 2006 acabouse a primeira tempada e, sen ningún descanso na realidade, pero un mes despois na ficción, o 1 de xaneiro de 2007 empezou a segunda tempada, que se emitiu ata o 30 de marzo dese mesmo ano en LaSexta.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Conta a historia dun grupo de adolescentes de clase alta cuxa vida cambia bruscamente tras a chegada de Edu, un mozo de barrio. O contraste entre ambos os mundos, xunto coas relacións sentimentais do grupo de adolescentes, conforman o armazón dunha serie xuvenil que engade un novo elemento ao xénero: unha trama de suspense, ligada a un misterioso asasinato no que se ven envolvidos tres dos protagonistas. Ao longo dos capítulos, o público contemplará o nacemento dun grupo de música, a investigación do crime, un romance imposible e, en definitiva, a transformación da vida dunha cuadrilla de adolescentes que, con 16 anos, empezan a asomarse á vida.

Elenco[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]