Margaret Watkins

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMargaret Watkins

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de novembro de 1884 Editar o valor em Wikidata
Hamilton, Canadá Editar o valor em Wikidata
Morte1969 Editar o valor em Wikidata (84/85 anos)
Glasgow, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York
Escocia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1929 Editar o valor em Wikidata)
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Watkins-7363
Margaret Watkins: O vertedoiro da cociña, 1919.

Margaret Watkins, nada en Hamilton o 8 de novembro de 1884 e finada en Glasgow en 1969, foi unha fotógrafa canadense lembrada polas súas innovadoras contribucións á fotografía publicitaria. Viviu unha vida de rebeldía, rexeitamento ás tradicións e heroísmo individual. Adiantada ao seu tempo, foi unha profesional cunha carreira exitosa nunha época na que as mulleres adoitaban permanecer na casa.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Watkins, filla dun empresario de Ontario e dunha escocesa, naceu en Hamilton, Ontario, o 8 de novembro de 1884.[3] Ao crecer, Watkins mostrou bo ollo para o deseño e a artesanía, e aos 15 anos xa estaba a vender as súas propias obras nos grandes almacéns do seu pai. Tamén tocaba o piano e cantaba no Coro da Igrexa Metodista Centenario. En 1908 Watkins deixou o seu fogar para traballar na comunidade de Roycroft Arts and Crafts e en Sidney Lanier Camp. Foi nestas dúas comunidades rurais utópicas no nordés dos Estados Unidos onde comezou a súa aprendizaxe da fotografía.[4] En 1913, trasladouse a Boston, onde traballou como asistente nun estudo de fotografía comercial.[5] Ademais do seu traballo de fotógrafa, escribía poesía e cantaba a Mendelssohn e Wagner co Temple Israel Choir. Máis tarde conseguiu un traballo en Nova York coa fotógrafa Alice Boughton e comezou a estudar con Clarence H. White nas súas escolas de Nova York e Maine. Foi durante estes cursos en Maine, cando se solidificou o seu interese pola fotografía e onde máis tarde se fixo profesora.

Watkins abriu un estudo en Greenwich Village, Nova York, e en 1920 converteuse en editora da publicación anual Pictorial Photography in America. Traballou con éxito como fotógrafa publicitaria para Macy's, J. Walter Thompson Company e Fairfax, converténdose nunha das primeiras fotógrafas en colaborar coas axencias publicitarias. Tamén realizou paisaxes, retratos, nus e naturezas mortas. Durante os seus anos de ensino na escola Clarence White, de 1916 a 1928, contou cun alumnado entre o que se incluía Margaret Bourke-White, Laura Gilpin, Paul Outerbridge, Ralph Steiner e Doris Ulmann.

Foi unha das primeiras fotógrafas de arte en publicidade, e as súas imaxes de obxectos cotiáns estabeleceron novos estándares de aceptabilidade. A partir de 1928, cando se atopaba en Glasgow, embarcouse en traballos de fotografía da rúa en Rusia, Alemaña e Francia, especializándose en escaparates e fachada de tendas.

Watkins morreu en Glasgow, Escocia en 1969,[3] esquecida en gran parte a súa obra fotográfica.

Legado[editar | editar a fonte]

O legado de Watkins está constituído pola obra exemplar que deixou tras de si, mais tamén no seu exemplo como muller independente e exitosa. O xornal Queen's Quarterly suxire que a súa traxectoria serviu de modelo para outras mulleres que decidiron desenvolver as súas carreiras profesionais, en lugar dos roles de xénero tradicionalmente adxudicados.[1]

Antes de morrer, Watkins entregou unha caixa selada con toda a súa obra ao seu veciño e testamenteiro, Joseph Mulholland.[6] Deulle instrucións estritas para que non a abrise até despois da súa morte.[4] Aínda que custou máis dunha década, posteriormente se fixeron varias exposicións individuais en Gran Bretaña e Norteamérica, sobre todo na Light Gallery de Nova York (1984). Cando morreu, en novembro de 1969, deixou a maior parte do seu patrimonio a organizacións benéficas musicais.

En outubro de 2012, inaugurouse na Galería Nacional do Canadá unha exposición retrospectiva da obra de Margaret Watkins titulada "Sinfonías domésticas". Nesta exposición mostráronse 95 fotografías súas datadas entre 1914 e 1939, que incluían retratos, paisaxes, naturezas mortas modernas, escenas da rúa, traballos publicitarios e deseños comerciais. Como se desprende do título da exposición, a música foi unha inspiración vital para Watkins.[4]

O 22 de marzo de 2013, Canada Post emitiu un selo que representa a fotografía de Watkins, The Kitchen Sink, como parte da súa serie Canadian Photography. A imaxe é unha natureza morta dun vertedoiro con pratos.[7][8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Margaret Watkins, photographer: seduced by the modern. - Free Online Library". Arquivado dende o orixinal o 2016-08-12. Consultado o 2016-06-26. 
  2. MacLennan, Gloria Crespo (2021-05-06). "Margaret Watkins, la fotógrafa que trasladó el modernismo a la publicidad" (en castelán). Consultado o 2021-05-06. 
  3. 3,0 3,1 "Margaret Watkins". National Gallery of Canada. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Margaret Watkins: Of Sight and Sound". Arquivado dende o orixinal o 2016-07-08. Consultado o 2016-06-26. 
  5. O'Connor, Mary Elizabeth; Tweedie, Katherine (2007). Seduced by modernity the photography of Margaret Watkins. Montreal: McGill-Queen's University Press. pp. 45. ISBN 9780773575660. 
  6. Anon (27 de novembro de 2009). "In pictures: The hidden world of Margaret Watkins". 
  7. "New photography stamp series gives an appreciation of Canada’s best". Canada Post. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  8. "Canadian Photography". Canada Post. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 14 de outubro de 2013. 
  9. "Photographer Margaret Watkins honoured with Canada Post stamp". BBC News. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014. Consultado o 2 de febreiro de 2014.