Clarence Hudson White
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Clarence Hudson White, nado en Carlisle (Ohio) o 8 de abril de 1871 e finado na Cidade de México o 7 de xullo de 1925, foi un fotógrafo estadounidense cofundador da corrente da Photo-Secession.
Traxectoria [editar]
O seu traballo obtivo gran recoñecemento polos seus retratos pictorialistas. Foi profesor de fotografía. Ao final da súa carreira fundou a Clarence H. White School of Photography que tivo entre os seus alumnos a Margaret Bourke-White, Ralph Steiner, Dorothea Lange, Doris Ulmann ou Paul Outerbridge.
En 1910 White separouse do movemento da Photo-Secession e fundou xunto con Karl Struss e Edward Dickson en 1916 a asociación Pictorial Photographers of America.