Margaret Bourke-White

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bourke-White en 1964

Margaret Bourke-White nada en Nova York o 14 de xuño de 1904 e finada en 1971, foi unha fotógrafa estadounidense.

Índice

Traxectoria [editar]

Interesouse pola fotografía cando estudaba na Universidade de Cornell. Foi alumna de Clarence Hudson White na Universidade de Columbia e despois abriu o seu estudo en Cleveland, onde se especializou na fotografía arquitectónica.

Era unha muller de esquerdas que fixo varias viaxes á antiga Unión Soviética. Así, en 1931 publicou "Eyes on Russia". Casou con Erskine Caldwell en 1939 e foron os únicos xornalistas estranxeiros na ocupada URSS tras a invasión do exército alemán en 1941. Tras a Segunda Guerra Mundial interesouse pola campaña da non violencia impulsada por Gandhi.

Obra [editar]

  • Eyes on Russia (1931)
  • You Have Seen Their Faces (1937)
  • Say Is This the USA? (1942)
  • Interview with India (1950)
  • Portrait of Myself (1963)

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]