Marcos Remeseiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Marcos Remeseiro
Información persoal
Nome Marcos Remeseiro Conde
Nacemento 21 de xullo de 1992
Lugar de nacemento A Coruña
Altura 1,80 m.
Posición Mediapunta
Información de club
Club actual Bergantiños
Número 10
Carreira xuvenil
Ural
2009–2011 Racing de Ferrol
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Racing de Ferrol 3 (0)
2011Galicia de Mugardos (ced.)
2011–2013 Cerceda 29 (6)
2013–2015 Deportivo B 67 (26)
2015–2016 Somozas 35 (0)
2016–2017 Oviedo B 34 (11)
2017–2018 Boiro 36 (5)
2018–2019 Compostela 33 (2)
2019– Bergantiños 126 (19)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Marcos Remeseiro Conde, nado na Coruña o 21 de xullo de 1992, é un futbolista galego. Xoga de mediapunta e o seu equipo actual é o Bergantiños.

Desenvolveu case toda a súa carreira na Terceira División, militando en numerosos equipos, entre eles o Cerceda, o Fabril, o Compostela ou o Bergantiños. Xogou tamén na Segunda División B co Somozas.

É curmán do tamén futbolista Jason Remeseiro.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Tras despuntar nas categorías inferiores do Ural uniuse ao equipo xuvenil do Racing de Ferrol en 2009.[2] Na súa segunda tempada en Ferrol debutou co primeiro equipo na Segunda División B, disputando tres partidos. Continuou nos xuvenís unha tempada máis, saíndo cedido en abril de 2011 ao Galicia de Mugardos, de Preferente.[3] Ao volver da cesión desvinculouse do Racing e fichou polo Cerceda,[4] co que xogou dúas tempadas en Terceira División.

En xullo de 2013 fichou polo Fabril, tamén na Terceira División.[5] Militou dúas tempadas no filial branquiazul, anotando na segunda 16 goles, dous deles na fase de ascenso na que eliminaron ao Durango,[6] caendo logo contra a UD San Pedro. O 3 de decembro de 2014, debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña nun partido de Copa do Rei contra o Málaga en Riazor (1–1).[7]

Tras o frustrado intento de ascenso en 2015 fichou pola UD Somozas, en Segunda B. Estreouse xogando a Copa Deputación, na que o equipo se proclamou campión derrotando na quenda de penaltis da final ao Racing de Ferrol, tras rematar o partido 1-1, cun gol de Remeseiro.[8] Disputou un total de 40 partidos co equipo das Somozas, nunha tempada na que remataron na oitava posición da 2ª B, a mellor clasificación da historia do club.

Na tempada 2016/17 marchou a Asturias, para xogar no Oviedo-Vetusta, filial do Real Oviedo. Disputou 34 partidos co club ovetense, anotando 11 goles.[2] Volveu a continuación a Galicia, fichando polo CD Boiro, no que permaneceu un ano, disputando 40 partidos e marcando 7 goles.

Na tempada 2018/19 asinou pola SD Compostela, tamén de Terceira. Co equipo santiagués rematou a tempada en 3ª posición e xogou a fase de ascenso, onde caeu fronte ao filial do Deportivo Alavés.[9]

En 2019 fichou polo Bergantiños.[10] Co club de Carballo disputou o histórico partido de Copa do Rei fronte ao Sevilla en Riazor.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ""No puedo achacarle nada al Dépor porque una persona no confiase en mí"". La Opinión A Coruña (en castelán). 10 de febreiro de 2017. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Marcos Remeseiro, novo reforzo para o proxecto da SD Compostela". 11 de xullo de 2018. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  3. "Marcos Remeseiro jugará cedido en el Galicia de Mugardos". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de abril de 2011. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  4. "Marcos Remeseiro abandona el Racing y ficha por el Cerceda" (en castelán). 6 de xullo de 2011. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2014. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  5. "El Fabril ficha a Aarón Rama y Marcos Remeseiro". La Opinión A Coruña (en castelán). 19 de xullo de 2013. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  6. Antelo, Iván (1 de xuño de 2015). "El Fabril sufre ante el Durango pero sigue soñando con el ascenso a Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  7. "El Dépor no consiguió pasar del empate tras un buen partido"
  8. "A final entre o Somozas e o Racing de Ferrol decidiuse na tanda de penaltis". 16 de agosto de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  9. "A un minuto da gloria". 2 de Xuño de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  10. "Marcos Remeseiro, sexto refuerzo para el equipo carballés". DxT Campeón (en castelán). 9 de xullo de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  11. "El Sevilla aguanta el chaparrón y pasa con un gol de Koundé ante el Bergantiños" (en castelán). 18 de decembro de 2019. Consultado o 18 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]