Manuel Pesqueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Pesqueira
Biografía
Nacemento7 de decembro de 1911 Editar o valor em Wikidata
Lantañón, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de febreiro de 1988 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Pesqueira Salgado, nado en Lantañón (Paradela, Meis) o 7 de decembro de 1911 e finado en Pontevedra o 7 de febreiro 1988, foi un pintor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo.

Atraído pola pintura. Trasladouse a Pontevedra aos 16 anos para estudar maxisterio, onde coñeceu a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Carlos Maside e Arturo Souto.[1] Vinculouse ás Irmandades da Fala, despois simpatizou co Partido Galeguista e colaborou en A Nosa Terra.[1] En 1933 fixo a súa primeira exposición en Pontevedra. Marchou á Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo e despois a Madrid. Coa vitoria do Frente Popular foi concelleiro de Meis polo Partido Galeguista. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu varios intentos de agresión de falanxistas, polo que se enrolou na Lexión.[2] Foi combatente na Guerra civil e ferido na fronte de Aragón en 1938, resultou co brazo dereito inutilizado. En 1939, no hospital de Vilagarcía de Arousa, comezou a pintar coa man esquerda.[1] Viviu en Vilagarcía onde casou en 1942 e despois trasladouse á Coruña.

En 1951 o Centro Gallego de Buenos Aires organizou unha exposición colectiva na Sala Velázquez na que participaron, ademais de Manuel Pesqueira, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo, Carlos Maside e Xulia Minguillón. Expuxo en Madrid, Santiago de Compostela, Vigo e París (1984).

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Carmen Collazo Grela en 1942, e foi pai de José e Manuel Pesqueira Collazo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Dicionario biográfico de Galicia.
  2. Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. pp. 169–171. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]