David de Huntingdon
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David de Huntingdon na cuberta de The Talisman, obra de Walter Scott na que aparece David nas cruzadas acompañando ao rei Ricardo I de Inglaterra
David de Huntingdon (1144 – 17 de xuño de 1219), foi conde de Huntingdon (1185 - 1219).
Era fillo de Henrique de Escocia e Ada de Warenne, neto de David I de Escocia e irmán de Malcolm IV de Escocia e Guillerme I de Escocia.
Casou o 26 de agosto de 1190 con Maude de Chester, filla de Hugues de Kevelioc, conde de Chester. A parella tivo sete fillos:
- Xoán de Escocia (1200 – 1237), conde de Huntingdon e de Chester
- Marguarida de Huntingdon, casou con Alan de Galloway
- Isobel, casou con Robert V Bruce († 1245)
- Ada, casou con Henry Hastings.
- Robert, morto moi novo
- Henry, morto moi novo
- Matilda