Henrique de Escocia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Henrique morreu denantes de seu pai e non ascendeu ao trono de Escocia. Soterrouse na abadía de Kelso
Henrique de Escocia ou Eanric mac Dabíd, nado en 1114 e finado o 12 de xuño de 1152, foi príncipe de Escocia, herdeiro do Reino de Alba. Tamén foi conde de Northumbria e de Huntingdon e Northampton.
Traxectoria[editar]
Henrique era fillo de David I de Escocia e de Maud de Northumbria e sobriño de Henrique I de Inglaterra. Casou en 1139 en Inglaterra con Ada de Warenne, filla de Guillerme II de Warenne, conde de Surrey e tiveron seis fillos:
Descendencia[editar]
- Ada de Huntingdon (1139 – 1206), casou en 1161 con Floris III de Holanda.
- Margarida de Huntingdon (1140 – 1201)
- Casou en 1160 con Conan IV de Bretaña, (d.1171)
- Casou por segunda vez con Humphrey de Bohun, conde de Hereford.
- Malcolm IV de Escocia.
- Guillerme I de Escocia.
- David de Huntingdon.
- Matilda de Huntingdon, nada e morta en 1152.
- Marjorie de Huntingdon, casada con Gille Críst de Angus.
Bibliografía[editar]
- Barlow, Professor Frank, The Feudal Kingdom of England 1012 - 1216, London,1955, tree opposite p.288.
- Burke, John & John Bernard, The Royal Families of England, Scotland, and Wales, with their Descendants, Sovereigns and Subjects, London, 1851, vol.2, page xlvii and pedigree XXIX.
- Dunbar, Sir Archibald H., Bt., Scottish Kings, a Revised Chronology of Scottish History, 1005 - 1625, Edinburgh, 1899, p.64-65.
- Howard, Joseph Jackson, LL.D., F.S.A., Miscellanea Genealogica et Heraldica, New Series, volume I, London, 1874, p.337.
- Stringer, Keith, "Senlis, Simon (II) de, earl of Northampton and earl of Huntingdon (d. 1153)", Oxford