Mário Domingues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMário Domingues

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xullo de 1899 Editar o valor em Wikidata
Illa do Príncipe, San Tomé e Príncipe Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1977 Editar o valor em Wikidata (77 anos)
Costa da Caparica, Portugal Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePortugal Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador , escritor , xornalista , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Mário José Domingues, nado na Illa do Príncipe (a máis pequena das dúas illas principais de San Tomé e Príncipe), o 3 de xullo de 1899, e finado na Costa da Caparica, Portugal, o 24 de marzo de 1977, foi un escritor, publicista, xornalista, tradutor e historiador, considerado un dos máis fecundos do panorama literario portugués.[1] Colaborou en varias publicacións periódicas anarcosindicalistas.[2] Con numerosos pseudónimos estranxeiros, algúns dos cales chegaron a ser moi populares, escribiu uns centos de novelas policiais, "rosas" e de aventuras, que en xeral foron vendidas con grande éxito. Foi pai do artista António Pimentel Domingues e amigo de Fernando Pessoa.[3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu na illa de Príncipe, na herdade Infante D. Henrique, propiedade da firma Casa Lima & Gama, con sede e oficinas en Lisboa, fillo dunha nai angolana, nada en Malanje, chamada Kongola ou Munga, que marchara a Príncipe como contratada (pola forza) con quince anos de idade, e de António Alexandre José Domingues, oriundo de familias liberais lisboetas.[1] Aos dezaoito meses de idade foi enviado para Lisboa, onde foi educado pola súa avoa paterna.

Aos dezanove anos adheriuse aos ideais do anarquismo e iniciuou a súa colaboración co diario anarcosindicalista A Batalha e, posteriormente, co xornal anarquista A Comuna, da cidade do Porto. Nese período, participou nas actividades dun grupo libertario que, entre outros, incluía a Cristiano Lima e David de Carvalho. Formou parte da redacción da revista Renovação (1925-1926)[4] e colaborou na organización do congreso anarquista da Unión Anarquista Portuguesa (UAP).[5]

Publicou varias obras de ficción, entre elas Hugo, o pintor (1922), Delicioso pecado (1923), A audácia de um tímido (1923), Entre Vinhedos e Pomares (1926) e O preto de Charleston (1930). Despois da Revolução do 28 de maio de 1926 dedicouse ao xornalismo e converteuse en escritor profesional, publicando máis dunha ducia de volumes de narrativa.

Tamén se dedicou ás novelas policiais, novelas de aventuras e literatura rosa, utilizando pseudónimos supostamente estranxeiros: as novelas policiais e de aventuras asinábaas cos nomes de Henry Dalton e Philip Gray (con este pseudónimo escribiu noventa e dous volumes), Marcel Durand, W. Joelson, Fernand d'Almiro, Fred Criswell, F. Hopkins, Henry Jackson, James Black, James W. Sleary, James Strong, JW Powell, Mackinson, Max Fergukay Water, JW. rion, William Brown, Thomas Birch, Guida de Montebelo, Marcelle de Sérizy, C. de La Touraine, Clau Weber, Repórter Mistério e André Chevalier, entre moitos outros.

O 10 de xullo de 1970 outórgaselle o grao de Oficial da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.[6]


Malia terse distanciado do movemento anarquista, cando aparece Voz Anarquista en 1975, escribiu unha carta ao director, na que declaraba: Agora, máis que nunca, hai que proclamar ben alto que o anarquismo non é desorde, violencia e crime, como quixeron cualificalo as forzas reaccionarias. Urxe desfacer esta escura lenda e demostrar ao gran público, enganado por estas viles mentiras, que o anarquista ama e defende o ideal supremo de orde, exercido nunha Sociedade construída sobre a Liberdade, a Fraternidade e a Xustiza Social. A Voz Anarchista encádrase nesta tarefa sublime, lembrando o exemplo de homes superiormente lúcidos como Proudhon, Eliseu Reclus, Sébastien Faure, Bakunine, Kropotkine, Neno Vasco, Pinto Quartin, Campos Lima, Cristiano Lima, Aurélio Quintanilha e outros adrede esquecidos, que abriron aos homes da Liberdade esquecidos.[5]

Obra escrita[editar | editar a fonte]

Entre outras obras, é autor de:

  • Hugo, o Pintor, 1922
  • Audácia de um Tímido, 1923
  • Anastácio José, 1928
  • O Preto do Charleston, 1930
  • O Cavaleiro, o Monge e o Outro, 1948
  • A Vida Grandiosa do Condestável, 1951
  • O Drama e a Glória do Padre António Vieira, 1952
  • O Marquês de Pombal, o Homem e a sua Época, 1955
  • Fernão Mendes Pinto, 1958
  • O menino entre gigantes, 1960

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rodrigues Vaz, Mário Domingues: Santomense filho de angolana foi o escritor mais fecundo da Língua Portuguesa. (en portugués)
  2. E. Rodrigues (1982). A oposição Libertária em Portugal (1939-1974). Lisboa. Sementeira.
  3. https://www.dn.pt/autor/joao-ceu-e-silva.html (2019-02-14). "Fernando Pessoa. ″É desonesto dizer que ele era racista e esclavagista″". www.dn.pt (en portugués). Consultado o 2023-07-22. 
  4. Jorge Mangorrinha (1 de Março de 2016). "Ficha histórica:Renovação: revista quinzenal de artes, litertura e atualidades (1925-1926)" (pdf). Consultado o 18 de maio de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Domingues, Mário (1899-1977) no Arquivo Histórico-Social do Projecto MOSCA.
  6. "Cidadãos Nacionais Agraciados com Ordens Portuguesas". Resultado da busca de "Mário José Domingues". Consultado o 2019-07-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]