Illa do Príncipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Illa do Príncipe
Localización de Príncipe
Situación
PaísSan Tomé e Príncipe
CapitalSanto António
Coordenadas01°37′N 07°24′L / 1.617, -7.400Coordenadas: 01°37′N 07°24′L / 1.617, -7.400
Xeografía
Superficie136 km² km²
Punto máis alto948 m. Pico do Príncipe
Demografía
Poboación6.737 hab. (2006)
Lingua propiaportugués, o principense ou Lunguyê e o forro.

A illa do Príncipe é a máis pequena das dúas illas principais de San Tomé e Príncipe. Ten unha área de 136 km² e unha poboación estimada en 2006 de 6.737[1] persoas. A súa altura máxima é o Pico do Príncipe (948 m), localizado ao sur da illa e que forma parte da área forestal do Parque Nacional Obo. O norte e centro da illa foron antigas plantacións que agora están sendo reforestadas. Administrativamente, esta illa constitúe, desde 29 de abril de 1995, unha rexión autónoma, formada polo distrito de Pagué.

Os idiomas que se falan na illa son o portugués, o principense ou Lunguyê e o forro.

A illa ten un pobo Santo António e un aeroporto, así como algunhas pequenas vilas incluíndo Bela Vista, Bombom, Futuro, Neves Ferreira, Paciencia, Ponta Fonte, Ribeira Ize, San Antonio de Ureca, Vila Rosa e outras máis, conectadas por unha pequena rede de camiños.

Historia[editar | editar a fonte]

A illa foi descuberta polos exploradores portugueses o 17 de xaneiro de 1471, que a denominaron como "Illa de Santo António".

Co obxectivo de favorecer o seu poboamento, en 1502 converteuse nunha donataria, nomeada como "Illa do Príncipe" introdúcese á cultura cana de azucre. Fóra nomeada illa do Príncipe por Xoán II de Portugal. O rei adoraba ao seu único fillo e herdeiro Afonso, Príncipe de Portugal que, na súa honra, bautizou como "Principe" a illa máis pequena do arquipélago de Santo Tomé e Príncipe.

En 1573 a donataria (concesión) volveu á posesión da Coroa Portuguesa.

No contexto da Dinastía Filipina foi invadida e ocupada por corsarios holandeses de agosto a outubro de 1598, e novamente en 1600. Ese ano, co obxectivo de fomentar o seu asentamento e defensa, a illa do Príncipe recibe a Carta Foral.

Nese período, chegan ao arquipélago diversos gobernadores e capitáns:

Posteriormente, tras a conquista da Fortaleza de São Jorge da Mina polos holandeses (1637), no contexto da Restauración Portuguesa (1640), estes conquistan o arquipélago de San Tomé e Príncipe de 1641 a 1644, pasando a controlar o seu comercio de escravos até seren expulsados polos portugueses en 1648.

Co establecemento dunha alfándega na Illa do Príncipe, en 1695, dáse inicio á construción da Fortaleza de Santo António da Punta da Mina.

En 1719 a cidade de Santo António e a fortaleza foron atacadas e incendiadas polo pirata inglés Bartholomew Roberts, tamén coñecido como "John Roberts" e "Black Bart", en represalia pola morte do seu capitán, Howell Davis.

En 1753 a Illa do Príncipe e a de San Tomé son unidas administrativamente, pasando a constituír a colonia de San Tomé e Príncipe.

No inicio do século XX o arquipélago converteuse nun importante produtor de café e de cacao. Tras a independencia do arquipélago en (1975), o 29 de abril de 1995 a illa pasou a constituír unha rexión autónoma, formada polo distrito de Pagué.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A illa do Príncipe sitúase a nordeste da Illa de San Tomé a arredor de 140 km de distancia, no Golfo da Guinea.

Rodean á illa outros illotes como Illote Bombón, Illote Carozo, Tinhosa Grande e Tinhosa Pequena.

De orixe volcánica, con densa vexetación e o clima ecuatorial, a illa é moi accidentada, alcanzando 948 metros no Pico do Príncipe, localizado no sur da illa e que forma parte do Parque Natural Ôbo.

No interior da illa existe un denso bosque tropical, onde a flora é moi diversa. A illa é tamén un santuario da vida salvaxe, pois poden ser observadas moitas especies raras de animais (especialmente aves).

Ecoloxicamente, a illa forma parte da ecorrexión denominada selva de terras baixas de San Tomé, Príncipe e Annobón.

Listaxe de praias da Illa do Príncipe[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de maio de 2012. Consultado o 27 de outubro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]