Circes, Touro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Circes
Concello Touro
Área 3,34 km²
Poboación 118 hab. (2009)
Densidade 35,33 hab./km²
Entidades de poboación 3

Santa Mariña de Circes é unha parroquia do concello coruñes de Touro, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2009 tiña 118 habitantes (61 mulleres e 57 homes) distribuídos en dúas entidades de poboación, Quintás e Os Chaos, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando contaba con 143 habitantes. Destas dúas entidades de poboación poderíase debullar outras como As Penediñas. Ten unha superficie de 3,34 km².

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada ao leste do concello, na marxe dereita do río Ulla, formando unha península rodeada polo curso do Ulla agás polo norte, que linda con Calvos de Socamiño e un cachiño con Turces. A maioría dos seus lindes dan coa provincia de Pontevedra, co río Ulla, mais non ten ningunha ponte sobre o río e as únicas saídas de Circes son as estradas que se dirixen ao norte, a Turces e a Calvos.

Economía[editar | editar a fonte]

Na entrada de Circes áchase o maior conxunto de casas de economía produtiva similar ás freguesías limítrofes, con prados que alimentan ao gando vacún. Achegándonos ao río, dirixíndonos ao sur, o terreo faise moi costento, e esténdese, entre uns poucos prados e regos pequenos, un abundante monte autóctono, que constitúe a maior parte do territorio parroquial.

Había pesca, mais a construción de varias minicentrais hidroeléctricas no curso do río Ulla fixo desaparecer esta riqueza de Circes, xa moi decrecida polo encoro de Portodemouros, situado quilómetros arriba.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Fluvial[editar | editar a fonte]

  • Paseo Fluvial dos Pombos.
  • Lugar da Barca.
  • Fonte Natural da Piollosa.

Forestal[editar | editar a fonte]

  • Carballeira da Barca.
  • Entorno do Ulla.
  • Corticeiras de Quintás.

Área recreativa[editar | editar a fonte]

  • Área Recreativa A Piollosa.

Arquitectura[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santa Mariña de Circes.
  • Cruceiro de Circes.
  • Muíños dos Pombos: muíño de Arriba, do Medio e de Abaixo.
  • Fonte de Chaos.
  • Fonte de Quintás.

Festas[editar | editar a fonte]

Os días 18 e 19 de xullo celébranse as festas de Santa Mariña; e tamén o San Roque o luns de Pascua.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Circes[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Circes no concello de Touro (A Coruña)

Os Chaos | As Penediñas | Quintás

Parroquias de Touro[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Touro

Andeade (Santiago) | Bama (San Vicenzo) | Bendaña (Santa María) | Beseño (San Cristovo) | Calvos de Socamiño (San Martiño) | Circes (Santa Mariña) | Cornado (Santiso) | Enquerentes (San Miguel) | Fao (Santa Uxía) | Fontes Rosas (San Xoán) | Foxás (San Breixo) | Loxo (Santa María) | Novefontes (Santiago) | Prevediños (Santiago) | San Fiz de Quión (San Fiz) | San Miguel de Vilar (San Miguel) | San Pedro de Ribeira (San Pedro) | Touro (San Xoán) | Turces (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]