LunaJets

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°13′30″N 6°4′54″L / 46.22500, -6.08167

LunaJets

Sede da empresa en Xenebra.
TipoPrivada
Fundación2007
LocalizaciónXenebra, Suíza
FundadorEymeric Segard
IndustriaAviación
Beneficio 110.000.000 CHF (2021)[1]
Na rede
https://www.lunajets.com/en, https://www.lunajets.com/fr, https://www.lunajets.com/de, https://www.lunajets.com/es, https://www.lunajets.com/ru, https://www.lunajets.com/pl, https://www.lunajets.com/hu e https://www.lunajets.com/it
Facebook: lunajets Twitter: lunajets Instagram: lunajets LinkedIn: lunajets-s-a- Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

LunaJets é unha empresa privada de alugueiro de avións de negocios, fundada en 2007 por Eymeric Segard en Xenebra (Suíza), onde ten a súa sede. Ten oficinas tamén en Londres, París, Mónaco, Riga e Dubai.

A compañía non posúe ningún avión en propiedade; o seu modelo de negocio consiste en conectar os operadores e propietarios de avións privados con clientes finais. Ao longo dos anos, LunaJets desenvolveu unha rede global de 350 operadores con acceso a 4.800 avións,[2] tanto turbohélices coma jets a reacción que varían en tamaño, desde very light jets, coma o Cessna Citation Mustang, ata avións VIP, coma os Boeing Business Jet (BBJs) ou os Airbus Corporate Jets (ACJs).

Forma parte das alianzas European Business Aviation Association (EBAA) e da National Business Aviation Association (NBAA). Posúe a certificación ARGUS (filial de SGS).

Historia[editar | editar a fonte]

LunaJets foi fundado en decembro de 2007 por Eymeric Segard,[3] antigo publicista da axencia Ogilvy, tras lograr reunir dous millóns de dólares de investidores privados. O concepto inicial era crear unha plataforma en liña para proporcionar "voos baleiros" (empty-leg flights),[4] e "asentos baleiros" de última hora en avións privados que voan baleiros, cun desconto sobre o prezo de mercado que poden alcanzar o 75%. Estes "voos baleiros" son avións que transitan sen pasaxeiros debido á necesidade de reposicionarse ou volver á súa base, entre outras razóns.

Nese momento o empresario Richard Branson, xunto con Scott Duffy,[5] lanzou un proxecto similar chamado Virgin Charter, onde se potenciaba o jet-sharing (compartir avión privado) e a revenda de asentos, modelos de negocio que LunaJets non compartiu.[6] Virgin Charter, que nese momento empregaba a 100 persoas, detivo as súas operacións en 2009 cando o alugueiro de avións privados caeu drasticamente debido á crise financeira. Nese mesmo ano 2009, LunaJets lanzou o seu sitio web, especializado en servizo completo e baixas comisións en voos privados baixo demanda.

En 2010, LunaJets rebautizouse como provedor de voos chárter de baixo custo baixo o slogan “fly private at the best price” (voa en privado ao mellor prezo), ofrecendo voos a demanda e voos baleiros (empty-legs). Ese mesmo ano abriron unha oficina en Hungría.

En 2015 lanzaron a súa app para móbiles,[7] presentada pola cadea CNBC coma o Uber da aviación privada. Ese mesmo ano, LunaJets abriu unha sucursal dentro da terminal de jets privados en Olbia (Italia) e en Dubai, así coma unha nova oficina en Ibiza. Neste momento a empresa contaba cuns 25 empregados.

En 2017 a empresa superou os 40 empregados, contando 20 nacionalidades e 12 idiomas. LunaJets alcanzou os 60 millóns de francos suízos en vendas anuais en 2018, o que representa un aumento do 40% con respecto ao ano anterior.[8] Además, en 2018 a empresa organizou preto de 5.000 voos, un 35% máis ca o ano anterior.[8] Ese mesmo ano foi a primeira vez que a revista económica Bilan premiou á empresa como mellor empregador do ano. O crecemento da compañía foi notable: En 2010 venderon unhas 550 prazas e contaban cuns 10 empregados e para 2019 xa subiran a 6.000 voos e uns 50 empregados.

En 2021, LunaJets alcanzou os 100 millóns de francos suízos en vendas anuais, máis de 8.000 voos organizados e 60 empregados repartidos en seis oficinas: Xenebra, París, Londres, Riga, Mónaco e Dubai. Ese mesmo ano superou a cifra de máis de 1.100 novos clientes que cobren voos de longo alcance en todos os continentes,[9] así como operou voos chárter de urxencia desde Cabul. Na actualidade lidera os servizos de jet chárter en Europa.[10]

Modelo de negocio[editar | editar a fonte]

O modelo de negocio de LunaJets baséase en alugar jets privados ofrecendo os mellores prezos do mercado. A súa función é poñer en contacto os propietarios dos avións de negocios cos clientes finais. Para poder ofrecer os mellores prezos baséanse no poder adquisitivo e nunha tecnoloxía propia desenvolvida polo equipo, que lles permite ofrecer un servizo 24 horas.

Filiais[editar | editar a fonte]

LunaJets pertence ao grupo Luna Aviation. Dentro do grupo atópase LunaSolutions, especializada na venda e adquisición de aeronaves; LunaGroup Charter, para grupos grandes de pasaxeiros e LunaLogistik, especializada en voos de carga e urxencias médicas.[11]

LunaSolutions[editar | editar a fonte]

LunaSolutions, fundada en 2020, ofrece un servizo personalizado a aqueles que desexen vender ou intercambiar avións privados.[12] Estes poden ser clientes privados, corporativos ou incluso gobernos. O obxectivo é brindarlles o asesoramento axeitado e individualizado para a adquisición ou venda de jets privados. As súas oficinas ubícanse en Xenebra, Londres e París.[12] Grazas á experiencia de máis de 10 anos de LunaJets no sector, o coñecemento sobre aeronaves é moi completo e avanzado para unha solución a medida de cada cliente.

LunaGroup Charter[editar | editar a fonte]

LunaGroup Charter funciona de maneira similar a LunaJets, dedicado á localización de avións privados pero para grupos grandes, cos mesmos principios de efectividade e transparencia, adaptando as necesidades do grupo na busca da mellor solución para calquera destino e lugar de partida. En 2022, LunaGroup Charter bateu o récord de 5.500 pasaxeiros voando o mesmo día para o Torneo das Seis Nacións de rugby.[13]

LunaLogistik[editar | editar a fonte]

LunaLogistik adícase a axudar a clientes particulares e corporacións co servizo de transporte e envío de mercadorías por vía aérea. Estas cargas poden ser desde valiosas obras de arte, documentos importantes, produtos perigosos, ou mercadorías grandes e pesadas. As oficinas atópanse en Xenebra e Londres.[14]

Certificacións e asociacións[editar | editar a fonte]

Logo da EBAA

LunaJets conta coa certificación ARGUS,[15] o símbolo de excelencia máis respectado dentro da industria da aviación, sendo unha filial do grupo francés SGS. En 2015 foi a primeira empresa de voos chárter en obter esta certificación fóra dos Estados Unidos, renovada dous anos máis tarde.[15]

En 2018 a revista financeira suíza Bilan recoñeceu a LunaJets coma "Mellor empregador de Suíza", para empresas emerxentes con menos de 100 empregados.[16] En 2021 recibiu o premio por cuarta vez.[17]

LunaJets é membro da European Business Aviation Association (EBAA) e da National Business Aviation Association (NBAA) estadounidense.[18]

LunaJets pertence a The Air Charter Association como axente certificado de ARGUS.[19] Esta certificación está plantexada para promover maiores niveis de seguridade e atención ao cliente.[19] Ofrecen consultoría de aviación, estándares de auditoría global e analítica aeronáutica.

Patrocinios[editar | editar a fonte]

Veleiro IMOCA La Fabrique

Desde 2011 LunaJets patrocina o equipo de vela Aleph Sailing Team. En 2014 convertíronse en socios de The Womanity Foundation, en Suíza. No verán de 2016 LunaJets patrocinou o Stile F Squadra Corse no Blancpain GT Series, unha carreira anual de GT3 no Circuíto Paul Ricard, en Le Castellet (Francia).[20]

En 2017, anunciaron o seu apoio á World Bicycle Relief, organización sen ánimo de lucro que reparte bicicletas a nivel global, como parte do seu programa de responsabilidade social corporativa.[21] Un ano máis tarde renovaron o seu compromiso coa organización.[22]

Ese mesmo ano patrocinaron un catamarán de aluminio easy-to-fly chamado Luna.[23] En 2018, foi o primeiro easy-to-fly en gañar a carreira Bol d'Or Mirabaud, no lago Léman de Xenebra.

En 2018 anunciouse o patrocinio durante tres anos das viaxes e regatas de Alan Roura, a bordo do veleiro IMOCA La Fabrique.[23]

En 2022 LunaJets converteuse no patrocinador da Scuderia Monte-Carlo (filial de Ferrari en Mónaco) para o campionato Ferrari Challenge en Europa e apoiando á Fundación Eden, para a construción dun orfanato e unha escola en Cotonou (Benín). O seu piloto, o monegasco Willem van der Vorm, venceu o campionato de 2021.[24]

Frota[editar | editar a fonte]

A frota á que ten acceso LunaJets, dentro das categorías Very Light Jets (en xeral, de 4-5 asentos), Light Jets (5-8 asentos), Super Light Jets (6-8 asentos), Midsize Jets (6-9 asentos), Super Midsize Jets (7-9 asentos), Large Jets (10-12 asentos), Super Large Jets (12-15 asentos), Long Range Jets (12-15 asentos), Turboprops, VIP Airliner e Regional Jet Airliner; está formada polas seguintes aeronaves:[25]

Very Light Jets
Light Jets
Super Light Jets
Midsize Jets
Super Midsize Jets
Large Jets
Super Large Jets

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "LunaJets nearly doubles revenue". businessairnews.com. Consultado o 29 maio 2022. 
  2. "A Global Network of Private Jets". lunajets.com. 
  3. "LunaJets launch low cost private jet travel up to 80% cheaper". The Travel Magazine. 20-07-2008. 
  4. "LunaJets says empty legs bargain attracts new clients". Charter Broker Magazine. Xuño 2010. 
  5. Arrington, Michael (2007-06-12). "Virgin Charter Launches: Private Aviation Marketplace". TechCrunch (en inglés). Consultado o 2023-11-16. 
  6. "L'Économie de partage s'étend à l'aviation privée". tdg.ch (en francés). 
  7. "LunaJets nearly doubles revenue but forecasts clouds ahead | Magazine | Business Air News". businessairnews.com. Consultado o 08-12-2022. 
  8. 8,0 8,1 "LunaJets vise 100 millions de revenus fin 2020". Agefi.com. 
  9. Kingston, Izzy (7 xaneiro 2022). "LunaJets surpassed $100m revenue in 2021". Business Jet Interiors International. 
  10. "The Story of LunaJets". lunajets.com. 
  11. "Luna Aviation Group". lunajets.com. Consultado o 22 xuño 2022. 
  12. 12,0 12,1 "Aircraft Aviation Experts | LunaSolutions". lunaaircraftsolutions.com. Consultado o 22 xuño 2022. 
  13. "Aircraft charter for the Six Nations | LunaGroup Charter". lunagroupcharter.com. Consultado o 08 decembro 2022. 
  14. "Global Multimodal Logistics Experts for You | Luna Logistik". lunalogistik.com. Consultado o 08 decembro 2022. 
  15. 15,0 15,1 "LunaJets is first European charter broker to earn ARGUS rating". Business Airport International. 11 novembro 2015. Arquivado dende o orixinal o 01-08-2018. 
  16. Gollan, Doug (30 abril 2018). "LunaJets wins Bilan's top employer award". privatejetcardcomparisons.com. 
  17. Kingston, Izzy (7 xaneiro 2022). "LunaJets surpassed $100m revenue in 2021". Business Jet Interiors International. 
  18. "Our difference | Our team | Our background". lunajets.com. Arquivado dende o orixinal o 18 setembro 2018. Consultado o 18 marzo 2019. 
  19. 19,0 19,1 "Members Directory". The Air Charter Association. 
  20. "When private aviation meets race cars: LunaJets supports Ferrari". lunajets.com. Consultado o 16 xuño 2016. 
  21. "LunaJets supports World Bicycle Relief association". charterbroker.aero. Consultado o Agosto 2017. 
  22. "LunaJets renews its support to World Bicycle Relief". lunajets.com. 
  23. 23,0 23,1 "LunaJets sponsors Alan Roura's sailing adventures for the next three years!". lunajets.com. 
  24. "Willem Van der Vorm, the confidence of a champion". ferrari.com. 
  25. "Private Jet Comparator". lunajets.com (en inglés). Consultado o 2 xaneiro 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]