Eivissa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ibiza")
Eivissa
Ibiza flag.svg

Localització d'Eivissa respecte les Illes Balears.svg
Localización nas Illas Baleares
Situación
País España España
Comunidade autónoma Flag of the Balearic Islands.svg Illas Baleares
Arquipélago Illas Baleares
Coordenadas 38°59′N 1°26′E / 38.98°N 1.43°E / 38.98; 1.43
Xeografía
Superficie 572,56 km²
Distancia a terra 79 km
Demografía
Capital Eivissa
Poboación 129.562 hab. (INE 2009)
Lingua propia Catalán e castelán
Ibiza.jpg
Vista por satélite de Eivissa e Formentera.

Eivissa ou L'illa d'Eivissa (non oficial en castelán: Ibiza) é unha illa situada no mar Mediterráneo e que forma parte da Comunidade Autónoma de Illas Baleares, en España.

Xeografía [editar]

Está situada uns 75 km ao leste da Península Ibérica, fronte a Dénia, 140 km ao suroeste da illa de Mallorca, e ao norte da de Formentera, cunhas coordenadas 39° N, 1,4° E. A súa capital é Eivissa e as dúas vilas máis importantes, ademais da capital, son Sant Antoni de Portmany e Santa Eulària des Riu.

A illa de Eivissa, que xunto coa de Formentera reciben o nome de Pitiusas, ocupa unha superficie de 575 km² e por ela discorre un só río, o de Santa Eulària des Riu, que desde hai bastantes anos permanece seco pola excesiva explotación dos recursos acuíferos da illa.

Conta cunha poboación de 111.107 habitantes e unha densidade de 193,22 hab./km², segundo o INE 2005. A distancia máis longa por estrada é de 42 km.

Historia [editar]

A illa de Eivissa conserva restos arqueolóxicos (fenicios) pois foi un enclave comercial relevante dentro da cultura náutica deste pobo. Tanto na ruta do leste ao oeste como ao revés, a illa era punto de paso propicio para os navegantes polos ventos reinantes e as correntes do Mar Mediterráneo. Aproximadamente a metade do S. VIII a.n.e fúndase o primeiro asentamento estable na zona S-W, o asentamento de Sa Caleta, que se ocupará ata finais do mesmo século cando será abandonado. Aproximadamente na mesma época comézase a urbanizar a cidade de Eivissa, na mesma localización que a actual cidade, debido sobre todo ao seu gran porto, moito máis grande que o actual e á situación sobre un pequeno outeiro duns 100 sobre o nivel do mar. Entre o século VII a.n.e e un momento indeterminado a illa quedará dentro da órbita das polis Cananeas de Oriente Medio ata a súa conquista polos Asirios e de Qart Hadasht (Cartago) despois ata a súa destrución polos romanos o ano 146 a.n.e.

A ocupación extensiva da illa fará que creza a súa produción e riqueza de produtos ata ser nomeada polos historiadores romanos pola súa la, os seus viños e o seu sal. Proba do seu auxe económico son as acuñacións propias feitas na illa desde finais do S.IV a.n.e co símbolo da illa, o deus Bes, ao que se debe o nome de "Ybshm" (Yboshim - illa de Bes)), sincretismo do deus da fertilidade fraternal exipcio. Tamén é bo exemplo deste auxe a fundación en Mallorca dunha serie de asentamentos económicos na zona Sur, preto das salinas para o seu aproveitamento así como das relacións económicas cos insulares da cultura Talaiotica.

Tamén os romanos comerciaron coas Illas Baleares que posuían certas riquezas como o sal, figos ou a extracción de minerais (minas de galena-arxentífera e minio en s´Argentera _ San Carlos). Ybshm(Yboshim?) foi o nome que lle deron os fenicios, e Ebusus a súa transcrición ao latín. Mentres nas illas maiores habitaban tribos menos desenvolvidas culturalmente e con tradicións bárbaras a ollos da cultura helenística, nas Pitiusas vivían xentes de tradición semita, descendentes de emigrantes de oriente medio, Qart Hadasht ou as polis semitas do sur da Península Ibérica. A razón para pór este nome ás illas só puido ser a de non chamalas "illas dos cananeos" que marcaría a pertenza a devandita órbita, pois piñeiros, aos que a tradición aduce o nome, hai tantos ou máis en Mallorca e Menorca como nas Pitiusas.

Tras as ocupacións visigoda e bizantina (séculos VII e VIII), as illas baleares, entre elas Eivissa, caeron nunha etapa de anarquía. Os árabes tomaron posesión do seu territorio en 902 e fundaron a cidade que hoxe pervive como capital, a parte antiga da cal recibe o nome de Dalt Vila (cidade alta). Jaime I de Aragón concedeu a reconquista das Pitiusas ao arcebispo electo de Tarragona, Guillermo de Montgrí, que se asociou co conde do Rosellón, Nunó Sanç, e co infante Pedro de Portugal para o empeño. As tropas cristiás ocuparon o castelo de Eivissa o día 8 de agosto de 1235. Eivissa foi incorporada ao recentemente fundado Reino de Mallorca, dentro da Coroa de Aragón. A poboación autóctona musulmá foi entón sometida e tróuxose a novos poboadores cristiáns.

Herdanza desta riqueza e utilizada sobre todo en época antiga, é a Necrópole de Puig dean Molins. Con máis de 3000 enterramentos conserva parte do tesouro arqueolóxico que o pasado legou á illa.

A illa é dominada desde o principio da Guerra Civil española (xullo de 1936) polos militares insurrectos contra o goberno da Segunda República española. O 8 de agosto de 1936 a Columna barcelonesa de Alberto Bayo (coñecida como Columna de Baleares) desembarca en Eivissa no contexto da operación militar chamada Desembarco de Mallorca e domínaa en poucos días coa axuda das milicias mandadas por Manuel Uribarri, formándose inmediatamente na illa un chamado Comité Antifascista de Eivissa, baixo a responsabilidade de Antonio Martínez, do Partido Comunista.

A principios de setembro, unha delegación do Comité Antifascista de Eivissa, formada entre outros por Xusto Tur, Angel Palerm, Juan Morais, Ramón Medina e García Rovira, solicita axuda a Barcelona ante a previsible retirada das forzas de Bayo de Mallorca e a precaria situación de Eivissa ante un futuro ataque dos militares alzados.

Cara aos días 9 e 10 chegan á illa de Eivissa en resposta ás peticións de apoio do Comité Antifascista de Eivissa, desde Barcelona, a bordo dos barcos Cidade de Barcelona e Cidade de Tarragona dous grupos de milicianos de douscentos e trescentos homes, integrando a chamada Columna Cultura e Acción, a pesar do cal o 19 de setembro os sublevados toman a illa, situación que se manterá durante o resto da guerra.

Eivissa mantivo sempre unha fama de lugar de potencial místico; foi un punto de referencia nos anos sesenta e setenta para a cultura hippie e para moitos viaxeiros. Foi visitada por Pink Floyd, que lle dedicou unha canción a un bar soado na illa no disco More.

En xullo de 2007 a illa sufriu a contaminación por chapapote debida á vertedura do barco mercante "Don Pedro" tras afundirse fronte ás súas costas, ameazando ao Parque Natural de Ses Salines.

Administración [editar]

A illa atópase dividida en parroquias e estas á vez en forma de pedanías conforman os municipios, o órgano de goberno do arquipélago é o Goberno Balear, que goberna en Eivissa e Formentera a través do Consello Insular de Eivissa e Formentera (en catalán, Consell Insular d'Eivissa i Formentera) como administración territorial do Estado ademais das competencias derivadas do Estatuto de Autonomía das Illas Baleares e dispón dunha importante dotación económica, a súa existencia fúndase na antiga institución da Universidade, que fora disolta tras a guerra de Sucesión Española a principios do século XVIII, sendo substituída por outra de menor entidade, o Concello.


Municipios da illa de Eivissa

Municipio Poboación Superficie Densidade
Eivissa 42.797 hab 11,14 km² 3.841,74 hab/km²
Santa Eulària des Riu 26.724 hab 153,58 km² 174,01 hab/km²
Sant Antoni de Portmany 18.366 hab 126,80 km² 144,84 hab/km²
Sant Josep de sa Talaia 18.382 hab 159,38 km² 115,33 hab/km²
Sant Joan de Labritja 4.838 hab 121,66 km² 39,77 hab/km²
Total Illa de Eivissa 111.107 hab 571,04 km² 193,22 hab/km²