Luís I de España

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Luís I de España.

O Rei Luís I de España, nado en Madrid o 25 de agosto de 1707 e finado na mesma vila o 31 de agosto de 1724, foi rei de España durante menos dun ano. Era o fillo maior do Rei Filipe V e María Luísa de Savoia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Luís subiu ao trono o 14 de xaneiro de 1724 cando seu pai abdicou en favor seu. Estaba casado coa princesa francesa Luísa Isabel de Orleans, filla de Filipe de Orleans, que como raíña se fixo acredora de fortes censuras pola súa conduta extravagante. Porén, cando o xove rei enfermou de varíola, en agosto dese mesmo ano, coidouno solicitamente, expóndose ao contaxio. Aos sete meses de ascender ao trono, o monarca faleceu de varíola en Madrid o 31 de agosto de 1724.

Este reinado lóstrego foi intranscendente pola súa brevidade e porque, en realidade, non se gobernara tanto desde Madrid (corte de Luís I), como desde o Real Sitio de La Granja (na localidade segoviana de San Ildefonso), a outra corte paralela de Filipe V e da súa muller Isabel de Farnesio. Seu pai volveu ao trono despois da súa morte, e a raíña viúva Luísa Isabel foi enviada de regreso á Francia.


Predecesor:
Filipe V
Rei de España
1724 - 1724
Escudo de Felipe V de España Toisón y Espiritu Santo Leones de gules.svg
Sucesor:
Filipe V