Jean Ranc
Jean Ranc, nado en Montpellier o 28 de xaneiro de 1674 e finado en Madrid o 1 de xullo de 1735, foi un retratista barroco francés, que serviu na corte de Luís XV de Francia e de Filipe V de España.
Índice |
Traxectoria [editar]
Alumno e seguidor de Hyacinthe Rigaud, desde 1723 colocouse como pintor de cámara na corte do monarca español Filipe V, de orixe francesa.
Mantivo serias disputas co seu colega Michel-Ange Houasse por celos artísticos e desexos de sobresaír na Corte. O incendio do Alcázar de Madrid, ocorrido no Nadal de 1734, que destruíu por completo a antiga residencia dos Austrias, iniciouse na habitación de Ranc, que tiña problemas de visión. No lugar que ocupaba dito edificio construíuse o actual Palacio Real de Madrid. Jean Ranc morreu seis meses despois do incendio, sumido nunha forte depresión.
A súa obra Vertumno e Pomona (Montpellier, Museo Fabre), arquetipo da beleza barroca no século XVIII, puido ter inspirado algún dos cartóns para tapices de Francisco de Goya, como O parasol.
Galería [editar]
-
Retrato ecuestre de Filipe V, Museo do Prado.
-
Retrato do pintor François Verdier.
-
O rei Luís I de España.
-
O rei Luís XV de Francia.
-
O rei Carlos III de España.
-
Filipe V en 1723. Museo do Prado.
-
Filipe I de Parma neno.