Little Rock, Arcansas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Little Rock
Bandeira de Little Rock, Arcansas
Bandeira
Arkansas State Capitol, Little Rock.jpg
Arkansas State Capitol
Información
País Flag of the United States.svg Estados Unidos
Estado Flag of Arkansas.svg Arcansas
Superficie
 • Total

302,55 km²
Poboación
 • Total
 • Área metropolitana

189.515 hab. (2008)
675.069 hab.
Densidade 626,39 hab./km²
Altitude 102 m
Alcalde Mark Stodola
Pulaski County Arkansas Incorporated and Unincorporated areas Little Rock Highlighted.svgLocaliación de Little Rock
Páxina oficial

Little Rock é unha cidade dos Estados Unidos, a capital e a cidade máis grande do estado de Arcansas. Está localizada no centro do estado, no condado de Pulaski e o seu nome deriva dunha pequena rocha situada nun extremo do río Arkansas, chamada La Petite Roche.

Segundo o censo de 2008 tiña unha poboación de 189.515, cun total de 675.069 no área metropolitana.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Little Rock está localizada na parte sur do río Arkansas, no centro de Arcansas. A parte occidental da cidade está localizada nas faldas das montañas Ouachita. No norte, o lago Maumelle proporciona auga potable á cidade.

O seu fuso horario é o Central, (UCT -6).

Demografía[editar | editar a fonte]

De acordo co censo de 2008, Little Rock ten unha poboación de 189.515 persoas, sendo a densidade de poboación de 626,39 hab/km². En 2000, a poboación de Little Rock era un 55% de etnia blanca, o 40,41% eran afroamericanos, o 2,67% eran latinos, o 1,66% eran asiáticos e o 1,28% pertencía a outras etnias.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1722, un explorador francés chamado Bernard de la Harpe atopou unha pequena roca ao carón da ribeira do río Arkansas, á que chamou La Petite Roche ("A Pequena Roca", en francés), e preto da cal construíu un posto comercial.

En 1819 fúndase Little Rock, a cal convértese na capital do estado de Arcansas en 1821. En 1836, Arcansas convértese no 25º estado de Estados Unidos, sendo Little Rock a súa capital. No período da Guerra de Secesión, Little Rock uniuse ao bando confederado.

En 1911 construír o Capitolio do Estado de Arcansas. Converteuse no terceiro edificio estatal da cidade.

En 1957 producíronse graves disturbios raciais nun instituto de Little Rock. A magnitude dos feitos foi tal, que o exército tivo que intervir para disolver as revoltas.

En 1992 o Gobernador de Arcansas Bill Clinton converteuse na primeira persoa deste estado en converterse en presidente dos Estados Unidos.

A banda de rock Evanescence provén desta cidade.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

A cidade está irmandada con:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Little Rock, Arcansas

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]