Lista de Gobernadores Xerais de Australia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David Hurley, o 27º e actual gobernador xeral de Australia

O Gobernador Xeral de Australia é o xefe da rama executiva do goberno federal, servindo como representante do monarca australiano (actualmente Isabel II). O cargo creouse coa adopción da nova constitución nacional o 1 de xaneiro de 1901, e foi ocupado por 26 persoas dende entón. O mandato do gobernador xeral non ten unha duración determinada, mais adoita ser de 5 anos.

Durante as dúas primeiras décadas, os gobernadores xerais foron seleccionado só polo goberno británico. Comezouse a consultar ao monarca nos anos 30. Os primeiros catro gobernadores xerais foron lords. Ronald Munro Ferguson (nomeado en 1914) foi o primeiro membro da Cámara dos Comúns que ocupou o posto, a pesar de que logo foi tamén ascendido á Cámara dos Lords. En 1920, Billy Hughes converteuse no primeiro Primeiro Ministro en ser consultado sobre nomeamento dun novo gobernador xeral. Stanley Bruce (1925) e Joseph Lyons (1935) pediron ou foilles entregada unha lista de candidatos entre os que escoller.

James Scullin (1930) foi o primeiro Primeiro Ministro de Australia que decidiu completamente un nomeamento, o de Isaac Isaacs, e converteu a Australia no primeiro dominio en ter un gobernador xeral nacido no propio dominio. En 1945, John Curtin nomeou o príncipe Henrique, Duque de Gloucester para o posto, o primeiro e único membro da casa real en ocupalo. Un segundo australiano (William McKell) foi nomeado en 1947, foi seguido doutros tres británicos, todos escollidos por Robert Menzies. O cuarto nomeamento de Menzies foi Richard Casey, quen tomou posesión en 1965. El e todos os gobernadores xerais seguintes foron cidadáns australianos. Todos os estados excepto Tasmania e Australia Meridional proporcionaron polo menos un nomeado. A primeira muller gobernadora xeral foi, Quentin Bryce, que tomou posesión en 2008.

O 16 de decembro de 2018, o primeiro ministro Scott Morrison anunciou que o próximo gobernador xeral sería David Hurley, actual gobernador de Nova Gales do Sur.[1][2]

Lista[editar | editar a fonte]

Retrato Gobernador Xeral Lexislatura Duración Monarca Primeiro Ministro
1 John Hope, Conde de Hopetoun 1 de xaneiro de 1901 17 de xullo de 1902 1 ano e 197 días Vitoria (1837–1901)
Edmund Barton
Eduardo VII

(1901–1910)

2 Hallam Tennyson, Barón de Tennyson 9 de xaneiro de 1903 21 de xaneiro de 1904 1 ano e 12 días
Alfred Deakin
3 Henry Northcote, Barón de Northcote 21 de xaneiro de 1904 9 de setembro de 1908 4 anos e 232 días
Chris Watson
George Houstoun Reid
Alfred Deakin
4 William Ward, Conde de Dudley 9 de setembro de 1908 31 de xullo de 1911 2 anos e 325 días
Andrew Fisher
Alfred Deakin
Andrew Fisher
Xurxo V

(1910–1936)

5 Thomas Denman, Barón de Denman 31 de xullo de 1911 18 de maio de 1914 2 anos e 291 días
Joseph Cook
6 Ronald Munro Ferguson 18 de maio de 1914 6 de outubro de 1920 6 anos e 141 días
Andrew Fisher
Billy Hughes
7 Henry Forster, Barón de Forster 6 de outubro de 1920 8 de outubro de 1925 5 anos e 2 días
Stanley Bruce
8 John Baird, Barón de Stonehaven 8 de outubro de 1925 2 de outubro de 1930 4 anos e 359 días
James Scullin
9 Isaac Isaacs 21 de xaneiro de 1931 23 de xaneiro de 1936 5 anos e 2 días
Joseph Lyons
Eduardo VIII

1936)

10 Alexander Hore-Ruthven, Barón de Gowrie 23 de xaneiro de 1936 30 de xaneiro de 1945 9 anos e 7 días
Xurxo VI

(1936–1952)

Earle Page
Robert Menzies
Arthur Fadden
John Curtin
11 Príncipe Henrique, Duque de Gloucester 30 de xaneiro de 1945 11 de marzo de 1947 2 anos e 40 días
Frank Forde
Ben Chifley
12 William McKell 11 de marzo de 1947 8 de maio de 1953 6 anos e 58 días
Robert Menzies
Isabel II

(1952–presente)

13 William Slim 8 de maio de 1953 2 de febreiro de 1960 6 anos e 270 días
14 William Morrison, Vizconde de Dunrossil 2 de febreiro de 1960 3 de febreiro de 1961 1 ano e 1 día
15 William Sidney, Vizconde De L'Isle 3 de agosto de 1961 7 de maio de 1965 3 anos e 277 días
16 Richard Casey, Barón de Casey 7 de maio de 1965 30 de abril de 1969 3 anos e 358 días
Harold Holt
John McEwen
John Gorton
17 Paul Hasluck 30 de abril de 1969 11 de xullo de 1974 5 anos e 72 días
William McMahon
Gough Whitlam
18 John Kerr 11 de xullo de 1974 8 de decembro de 1977 3 anos e 150 días
Malcolm Fraser
19 Zelman Cowen 8 de decembro de 1977 29 de xullo de 1982 4 anos e 233 días
20 Ninian Stephen 29 de xullo de 1982 16 de febreiro de 1989 6 anos e 202 días
Bob Hawke
21 Bill Hayden 16 de febreiro de 1989 16 de febreiro de 1996 7 anos
Paul Keating
22 William Deane 16 de febreiro de 1996 29 de xuño de 2001 5 anos e 133 días
John Howard
23 Peter Hollingworth 29 de xuño de 2001 28 de maio de 2003 1 ano e 333 días
24 Michael Jeffery 11 de agosto de 2003 5 de setembro de 2008 5 anos e 25 días
Kevin Rudd
25 Quentin Bryce 5 de setembro de 2008 28 de marzo de 2014 5 anos e 204 días
Julia Gillard
Kevin Rudd
Tony Abbott
26 Peter Cosgrove 28 de marzo 2014 1 de xullo de 2019 10 anos e 30 días
Malcolm Turnbull
Scott Morrison
27 David Hurley 1 de xullo de 2019[3] no cargo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Novo Gobernador Xeral de Australia" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2018. Consultado o 13 de abril de 2019. 
  2. "David Hurley named next governor general of Australia as Labor blasts timing" (en inglés). 16 de decembro de 2018. Consultado o 13 de abril de 2019. 
  3. "David Hurley sworn in as new Governor-General" (en inglés). 1 de xullo de 2019. Consultado o 2 de xullo de 2019.