George Houstoun Reid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
George Reid

George Houstoun Reid, nado en Johnstone (Renfrewshire, Escocia) o 25 de febreiro de 1845 e finado en Londres o 12 de setembro de 1918, foi un político australiano, o cuarto primeiro ministro do seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun pastor da Igrexa de Escocia, que emigrou a Victoria coa súa familia cando el era un neno, máis tarde trasladouse a Sydney. Sucedeu a Henry Parkes como líder do Partido do Libre Comercio e converteuse en primeiro ministro de Nova Gales do Sur en 1894. Foi primeiro ministro de Australia entre agosto de 1904 e xullo de 1905.