Liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid
A Liña de Alta Velocidade Madrid - Segovia - Valladolid é unha liña de alta velocidade que se abriu ao servizo comercial o 23 de decembro de 2007, e constitúe o primeiro tramo que entrou en funcionamento dos corredores norte e noroeste do ferrocarril de alta velocidade en España.
Índice |
Conexións[editar]
Segundo o PEIT 2005-2020 esta liña estará conectada coas seguintes:
- L.A.V. Olmedo - Zamora - Galicia, e esta á súa vez co Eixe Atlántico.
- L.A.V. Valladolid - Burgos - Vitoria, e esta á súa vez con Logroño e o Y vasco.
- L.A.V. a Asturias
- Outras liñas de alta velocidade que parten de Madrid, grazas á futura construción dun terceiro túnel con vías de ancho internacional entre as estacións de Chamartín e Atocha.
Características[editar]
Esta liña está construída cunha plataforma preparada para a circulación de trens a 350 km/h, sinalización de tipo ERTMS II e ASFA dixital, franqueamiento de desvíos a 220 km/h e supón unha redución de máis de 70 km (28%) respecto ao trazado da Liña Xeral do Norte ou Imperial grazas aos túneles de San Pedro e de Guadarrama, de 9 e 28 km respectivamente. Reduciu os tempos de percorrido entre Madrid e Valladolid das 2:30 h a 56 min (velocidade media de 192 km/h). Ademais, grazas aos tres cambiadores de ancho duais que se instalaron en Chamartín, Valdestillas e Valladolid tamén reduciu os tempos de viaxe en todos os traxectos entre Madrid e o Norte-Noroeste de España.
Características técnicas[editar]
| L.A.V. Madrid-Segovia-Valladolid |
|---|
- Inauguración: 22 de decembro de 2007 (posta en servizo o día seguinte).
- Coste aproximado: 4.205 M€ (uns 700 M€ corresponden á reforma da RAF de Valladolid).
- Licitación: encargada polo Goberno ao GIF (hoxe ADIF) en 1998.
- Estacións intermedias: Segovia-Guiomar (PK 68,3).
- No PK 133,8 existe unha bifurcación cara á futura L.A.V. a Galicia, con desvíos franqueables a 220 km/h pola vía desviada (salto de carnero dende a vía dereita).
| Lonxitude | 179,6 km |
| Lonxitude total en túneles | 42,1 km |
| Lonxitude total en viaductos | 2 km |
| Ancho de vía | UIC (1.435 mm) |
| Electrificación | 25 kV 50 Hz CA |
| Velocidade Máxima | 350 km/h |
| Sinalización | ASFA digital e ERTMS II |
| Ancho plataforma | 16 m |
| Posto de adelantamento e estacionamento de trens | 3 (Soto del Real, Garcillán e Olmedo) |
| Posto de banalización | 3 (Tres Cantos, Nava e Valdestillas) |
| Cambiadores de Ancho | 3 (Chamartín, Valdestillas e Valladolid) |
Obras singulares[editar]
- Túneles de Guadarrama (28.377 m)
- Túneles de San Pedro (8.930 m)
- Viaduto Arroio do Val (1.796 m, altura máxima 77,8 m)
Redución dos tempos de viaxe[editar]
Os trens Talgo foron substituídos por trens Alvia ao incorporar ás ramas de Talgo VII as novas cabezas da Serie 130 de Renfe, sendo así o conxunto do tren de rodaxe desplazable.
Así, estes trens pasan polo cambiador de ancho de Valdestillas ou de Valladolid para incorporarse á Liña Xeral do Norte desde esta liña de alta velocidade e viceversa reducindo o seu tempo de viaxe por redución da distancia e aumento da velocidade comercial no tramo Madrid-Valladolid.
O Talgo Madrid-Galicia desviouse máis tarde pola L.A.V. circulando ata o cambiador de Valdestillas, onde inviste o sentido da marcha e cambia de locomotora. Neste caso a redución de tempo foi menor, tan só 15-20 min, aínda que no tren Galicia-Madrid supuxo unha vantaxe o uso da liña ao poder recuperar mellor o atraso acumulado.
| de Madrid a: | tren anterior | t | d | v-media | tren actual | t | d | v-media | redución |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Burgos | Talgo | 3:22 | 282 km | 83,76 km/h | Alvia | 2:20 | 301 km | 129 km/h | 1:02 |
| Irún | Intercity | 6:50 | 640 km | 93,66 km/h | Alvia | 5:44 | 570 km | 99,42 km/h | 1:06 |
| León | Talgo | 3:50 | 420 km | 109,57 km/h | Alvia | 2:46 | 350 km | 126,51 km/h | 1:04 |
| Miranda de Ebro | Talgo | 4:26 | 371 km | 83,68 km/h | Alvia | 3:19 | 390 km | 117,59 km/h | 1:07 |
| Oviedo | Talgo | 5:43 | 559 km | 97,78 km/h | Alvia | 4:36 | 489 km | 106,30 km/h | 1:07 |
| Palencia | Talgo | 2:50 | 298 km | 105,18 km/h | Alvia | 1:44 | 228 km | 131,54 km/h | 1:06 |
| San Sebastián | Intercity | 6:25 | 623 km | 97,09 km/h | Alvia | 5:20 | 553 km | 103,69 km/h | 1:05 |
| Santander | Talgo | 5:35 | 515 km | 92,24 km/h | Alvia | 4:27 | 445 km | 100 km/h | 1:08 |
| Segovia | Rexional | 2:03 | 101 km | 49,27 km/h | AVE | 0:35 | 68 km | 136 km/h | 1:33 |
| Valladolid | Talgo | 2:23 | 249 km | 104,48 km/h | AVE | 0:56 | 179 km | 191,79 km/h | 1:27 |
| Vitoria | Intercity | 4:39 | 493 km | 106,02 km/h | Alvia | 3:41 | 423 km | 114,84 km/h | 0:58 |
| Xixón | Talgo | 6:15 | 591 km | 94,56 km/h | Alvia | 5:05 | 521 km | 102,49 km/h | 1:10 |
Servizos que circulan por estas liñas[editar]
| Tren | << | >> | paradas intermedias | material | observacións |
|---|---|---|---|---|---|
| AVE | Madrid-Chamartín | Valladolid-Campo Grande | Segovia-Guiomar | S102 | 1:10 |
| AVE | Madrid-Chamartín | Valladolid-Campo Grande | sen paradas | S102 | 0:56 |
| Avant | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar | sen paradas | S130 | 0:35 |
| Trens mixtos UIC-Ibérico | |||||
| Alvia | Madrid-Chamartín | Hendaia | Segovia-Guiomar Valladolid-Campo Grande Burgos-Rosa de Lima Miranda de Ebro Vitoria-Gasteiz Altsasu Donostia/San Sebastián Irún |
S130 | cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas |
| Alvia | Madrid-Chamartín | Bilbao-Abando | Segovia-Guiomar Valladolid-Campo Grande Burgos-Rosa de Lima |
S130 | cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas |
| Alvia | Madrid-Chamartín | Santander | Segovia-Guiomar Valladolid-Campo Grande Palencia Aguilar de Campóo Reinosa Torrelavega |
S130 | cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas 1 tren ao día por sentido prolonga o seu percorrido a Alacant |
| Alvia | Madrid-Chamartín | Xixón-Cercanías | Segovia-Guiomar Valladolid-Campo Grande Palencia Sahagún León Mieres-Puente Oviedo Xixón-Jovellanos |
S130 | cambio de ancho en Valladolid/Valdestillas 1 tren ao día por sentido prolonga o seu percorrido a Alacant |
| Talgo | Madrid-Chamartín | A Coruña-San Cristovo | Segovia-Guiomar Medina del Campo Zamora Puebla de Sanabria A Gudiña Ourense-Empalme O Carballiño Santiago de Compostela |
Talgo VII | cambio de ancho en Valdestillas |
| Talgo | Madrid-Chamartín | Pontevedra | (*) Guillarei Redondela Vigo |
Talgo VII | (*)circula xunto coa rama da Coruña ata Ourense cambio de ancho en Valdestillas |
Velocidades máximas[editar]
As velocidades máximas admisibles na liña coa sinalización ERTMS II en servizo son as seguintes. Nótese que por agora só se autoriza a circular a un máximo de 300 km/h durante 147 km da liña (82% de toda a liña).
| km inicio | km fin | km/h |
|---|---|---|
| 0,800 | 1,402 | 110 |
| 1,402 | 1,440 | 35 |
| 1,440 | 1,884 | 65 |
| 1,884 | 6,071 | 110 |
| 6,071 | 6,513 | 105 |
| 6,513 | 8,300 | 110 |
| 8,300 | 12,400 | 165 |
| 12,400 | 14,600 | 200 |
| 14,600 | 21,000 | 270 |
| 21,000 | 168,700 | 300 |
| 168,700 | 170,358 | 200 |
| 170,358 | 171,807 | 180 |
| 171,807 | 172,600 | 200 |
| 172,600 | 173,081 | 160 |
| 173,081 | 173,091 | 100 |
| 173,091 | 177,752 | 160 |
| 177,752 | 177,827 | 150 |
| 177,827 | 178,100 | 160 |
| 178,100 | 179,300 | 50 |