Estación de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°14′05″N 8°42′46″W / 42.23472°N 8.71278°W / 42.23472; -8.71278

Madrid-MetroCercanias.SVG Vigo
Estación de trens de Vigo.JPG
Estación de trens de Vigo
Concello: Vigo
Servizos:
Alta Velocidade:
Longa Distancia: Alvia, Arco, Talgo, Trenhotel
Media Distancia: G1.JPG G3.JPG
Proximidades:
FEVE:
Metro:
Autobuses:
Outros:
Máis información: {{{web}}}

A estación de Vigo foi a estación máis importante de Adif na cidade de Vigo, final de liña Monforte-Ourense-Vigo, ata a apertura da estación de Vigo-Guixar o 28 de agosto de 2011, que a supliu. Foi a estación terminal de case todos os trens que paran en Vigo. Está situada na Praza da Estación, nun barrio céntrico da cidade viguesa, próxima á rúa Urzáiz.

Índice

Situación [editar]

Está situada na Praza da Estación s/n, nun barrio céntrico da cidade viguesa, próxima á rúa Urzáiz.

Historia [editar]

O actual edificio da estación foi inaugurado o 28 de setembro de 1987, substituíndo á antiga estación orixinal, construída en 1878, aínda que o primeiro servizo ferroviario partiu dela o 18 de xuño de 1881 con destino a Ourense, inaugurando así o servizo ferroviario na cidade. Ambas as estacións conviviron ata finais da década de 1990, á espera de que se decidise cal ía ser o uso do edificio da antiga estación, expondo entre outras posibilidades a instalación do Conservatorio Profesional de música de Vigo, non chegando a materializarse este proxecto e sendo finalmente a estación desmantelada, e as súas pedras almacenadas en terreos do Concello de Vigo.[1]

No ano 1981 concluíron as obras de electrificación da liña Monforte-Ourense-Vigo, permitindo así a chegada dos primeiros servizos con trens eléctricos, sendo as UT 440 as encargadas de inaugurar devandita electrificación, e permitindo posteriormente a chegada de trens máis rápidos e máis potentes a Vigo, como as UT 444 ou as locomotoras 251 ou 252, sendo tamén locomotoras habituais por esta zona ata a súa baixa as locomotoras 277. A electrificación é desde a súa orixe a estándar de Renfe a 3 Kv CC.

O edificio actual da estación está vivindo os seus últimos tempos, xa que será demolida para construír no seu lugar a nova estación deseñada polo arquitecto Thom Mayne, pasando temporalmente os trens de viaxeiros a circular desde unha estación provisional situada no barrio de Guixar, onde se atopa a estación de mercancías da cidade.

Galería de imaxes [editar]

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Outros artigos [editar]