Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto
|
Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto |
|
| Concello: | Bilbao |
| Servizos: | |
| Alta Velocidade: | |
| Longa Distancia: | Alvia, Arco, Diúrno, Estrella, Talgo |
| Media Distancia: | |
| Proximidades: | |
| FEVE: | Bilbao-Concordia |
| Metro: | |
| Autobuses: | |
| Outros: | EuskoTran |
| Máis información: | {{{web}}} |
A estación ferroviaria intermodal Abando-Indalecio Prieto é o nome que recibe a estación anteriormente coñecida como Bilbao-Abando (Estación do Norte) de Bilbao, situada no barrio de Abando. Dita estación enmárcase dentro do proxecto da Y vasca, co Tren de Alta Velocidade que comunicará ás tres capitais vascas.
Índice |
Historia e características [editar]
A estación encóntrase en pleno centro de Bilbao, na praza Circular, na confluencia da Gran Vía a rúa Hurtado de Amézaga. Consta dun centro comercial e de lecer (Vialia) así como unha entrada directa á estación de Abando do Metro de Bilbao e accesos directos ás distintas liñas de Cercanías Renfe.
O nome elixido , decidido polo Ministerio de Fomento, é a unión do antigo nome da estación (por se-la principal estación do barrio de Abando, antiga anteigrexa de San Vicente de Abando) e o dun bilbaíno ilustre do s. XX (aínda que nacido en Asturias), Indalecio Prieto, dirixente do PSOE e ministro de Facenda e de Obras Públicas durante o primeiro bienio da Segunda República (cargo dende o que promoveu o desenvolvemento de infraestruturas ferroviarias). O nome foi decidido en 2006 polo Ministerio de Fomento (durante unha lexislatura presidida polo mesmo PSOE) e conta co rexeitamento do resto de partidos vascos (PNV, EA, EB, Aralar e PP).[1]
Servizos [editar]
- Centro Comercial.
- Aparcadoiro.
- Parada de taxi e autobuses.
- Conexións a Metro Bilbao, FEVE, EuskoTran, Bilbobus e Bizkaibus.
- Restaurantes.
Proximidades [editar]
As tres liñas do núcleo de Renfe Proximidades de Bilbao, denominado Aldirikoak Renfe, teñen como estación terminal esta estación. Os trens estacionan no piso superior, ocupando o tramo entre as vías da 1 á 5.
Esta estación corresponde á zona 0.
Longa Distancia / Grandes Liñas [editar]
Liñas [editar]
- Alvia
- Bilbao-Abando - Madrid-Chamartín
- Diúrno
- Bilbao-Abando - Salamanca
- Estrella
- Bilbao-Abando - Málaga-María Zambrano
- Bilbao-Abando - Barcelona
- Talgo
- Bilbao-Abando - Barcelona
- Bilbao-Abando - Madrid-Chamartín
Metro de Bilbao [editar]
![]()
![]()
Abando é unha estación do metro de Bilbao subterránea, situada no céntrico barrio bilbaíno de Abando e inaugurada o 11 de Novembro de 1995. Conecta por unha das súas saídas coa estación de Renfe. É a estación máis concorrida de toda a rede do Metro de Bilbao, cuns datos interanuais de 6.569.655 de viaxeiros.
A súa tarifa corresponde á da zona A.
Accesos [editar]
- Rúa Gran Vía Nº1 (Praza Circular) (saída Gran Vía/Praza Circular)
- Rúa Berastegi Nº1 (saída Berastegi)
- Estación RENFE (saída Estación Abando - Renfe)
Ascensor [editar]
- Rúa Gran Vía nº1 (Praza Circular)
EuskoTran [editar]
A estación de EuskoTran de Abando encóntrase na Rúa Navarra de Bilbao, xunto ás estacións terminais de RENFE e FEVE. A estación pertence á liña A de EuskoTran.
FEVE [editar]
Recentemente remodelada, xunto á estación de Abando-Indalecio Prieto encóntrase a estación de Bilbao-Concordia de FEVE, que é unha estación terminal de trens de cercanías, rexionais e longa distancia de FEVE.
Liñas [editar]
- Cercanías
- Bilbao-Concordia / Balmaseda
- Rexionais
- Bilbao-Concordia / Carranza
- Bilbao-Concordia / Santander
- Longa distancia
- Bilbao-Concordia / León
Bilbobus e Bizkaibus [editar]
No exterior da estación sitúanse tres paradas de Bizkaibus, con conexión cara ós concellos da Marxe Esquerda, Busturialdea e Duranguesado; e cinco paradas de Bilbobus, con conexión a todos os distritos da cidade, con estas liñas: ; os Microbuses: A1, A2, A5: e os servizos nocturnos Gautxori: G2 , G3 , G4, G5 , G6 , G7 ,G8.
Conexións [editar]
Notas [editar]
- ↑ Critican el cambio de nombre de la estación, noticia del Diario Vasco