Y vasco
A liña de alta velocidade Vitoria - Bilbao - San Sebastián - Fronteira francesa, denominada comunmente Y vasco (en éuscaro Euskal Y), é o proxecto ferroviario que pretende unir mediante unha liña de alta velocidade as tres capitais vascas Bilbao, Donostia-San Sebastián e Vitoria-Gasteiz, conectándoas entre si mediante un trazado en "Y", nun percorrido medio de 35 minutos, e coa fronteira francesa, dando continuidade á liña Madrid - Valladolid.
Índice |
Proxecto [editar]
Este proxecto forma parte da rede de altas prestacións do Plan estratéxico de infraestruturas e transporte do Ministerio de Fomento para o período 2005 - 2020, e tamén do proxecto europeo Proxecto prioritario nº 3 do Eixo Atlántico europeo. O Y vasco prevese que estea acabada para o ano 2013.
A lonxitude total do trazado é de 175 km, dos cales 94 son da galla Vitoria - Bilbao. Hai un total de 157 quilómetros de vía dobre, e outros 37 km de vía única.
A utilización desta vía será mixta, e compartirá o tráfico de mercadorías e o de viaxeiros. As características técnicas do trazado son: radio mínimo de curvas de 3.100 m e pendentes máximas de 15 milésimas por metro, con velocidades que oscilan entre 120 km/h de máxima para o tráfico de mercadorías e os 250 km/h de máxima para os viaxeiros. O trazado realizarase nun 70% baixo túneles, o que supón un 40% da totalidade do percorrido, ou sobre viadutos, un 20% do percorrido[1]. Haberá 23 túneles e 44 viadutos. Segundo outras fontes[Cómpre referencia], a lonxitude total da infraestrutura é de 171,9 km, dos cales en túnel son 104,3 km (60,64%), en viaduto son 17,0 km (9,93%), e ao descuberto son 50,6 km (29,43%).
A entrada en servizo desta infraestrutura permitirá reducir o tempo de viaxe entre as tres capitais: Vitoria - San Sebastián nun 60%, e entre Bilbao - San Sebastián e Bilbao - Vitoria nun 80% (a duración no ano 2008 do percorrido en transporte ferroviario entre capitais como Bilbao e San Sebastián era de algo máis de 2 horas e 15 minutos; entre Bilbao e Vitoria era de 2 horas 20 minutos con transbordo en Miranda de Ebro, e para rematar, entre Vitoria e San Sebastián, era de 1 hora e 40 minutos).
Os servizos de mercadorías chegarán directamente ata o porto de Bilbao en Santurtzi (Biscaia) pola variante sur ferroviaria, e ao porto de Pasaias en Guipúscoa a través dun acceso desde Irún creando unha intermodal de mercadorías en Lezo. Estímase que se retirarán da estrada 800.000 camións anuais. Prevíronse conexións ao futuro eixo cantábrico de alta velocidade (liña de alta velocidade da costa cantábrica) que o uniría con Santander, e ao corredor navarro que o uniría con Pamplona e a liña do val do Ebro, esta última cunha conexión en Ezkio-Itsaso e sen afectar os parques naturais de ao redor.[2]
Prevíronse seis estacións e dous postos de adiantamento e estacionamento de trens, un en Aramayona (Álava) e outro en Ezkio-Itsaso (esta última tamén será estación de pasaxeiros). Estas instalacións ocuparán unha plataforma de 1.500 m de longo, cun largo de entre 42 e 56 metros, e acollerán seis ou oito vías.
Estacións [editar]
Polas estacións de Astigarraga, Bilbao-Abando, Vitoria-Gasteiz e Ezkio-Itsaso pasarían todos os trens, mentres que nas de Donostia-San Sebastián e Irún faríase mediante desvíos, o primeiro para chegar ao centro da cidade e o segundo para entrar en Irún e conectalo coa vía convencional francesa (mesmo largo que o Y vasco). Así mesmo, como é posible facer paradas sen ningunha dificultade nos postos de adiantamento e estacionamento de trens, a localidade de Aramayona estaría preparada desde o primeiro momento para unha posible estación.
Viadutos e túneles [editar]
Haberá 44 viadutos e 23 túneles previstos:
- Túneles
- Túnel de Albertia, de 4.786 m de lonxitude.
- Túnel de Udalaitz, de 3.185 m de lonxitude.
- Túnel de Zarátamo, de 2.728 m de lonxitude.
- Túnel de Induspe, de 2.224 m de lonxitude.
- Túnel de Galdakao, de 1.827 m de lonxitude.
- Viadutos
- Viaduto sobre a estrada A-2620 en Aramayona, de 1.401 m de lonxitude, 77 m de altura e 22 vans.
- Viaduto sobre o val de Atxondo, de 1.080 m de lonxitude e 60 m de altura.
- Viaduto de San Antonio - Malaespina, de 837 m de lonxitude.
- Viaduto de Mañaria, de 616 m de lonxitude, encargado á enxeñería Areas e Asociados con deseño coidado.
- Viaduto de Elorrio, de 870 m de lonxitude e 88 m de altura.
- Viaduto sobre a estrada A-3002, río Zadorra e estrada N-I, de 505 m de lonxitude.
- Viaduto sobre a estrada GI-3343, de 471 m de lonxitude.
- Viaduto de Zaldibia, de 900 m de lonxitude e 80 m de altura.
Tempos de viaxe [editar]
| Itinerario | Duración futura | Duración actual (2008) | En coche | En autobús |
|---|---|---|---|---|
| Bilbao - San Sebastián | 0:38 | 2:15 | 1:00 | 1:15 |
| Vitoria - Bilbao | 0:28 | 2:20 | 0:45 | 1:00 |
| San Sebastián - Vitoria | 0:34 | 1:40 | 1:10 | 1:30 |
| Bilbao - Pamplona | 0:45 | 3:30 | 1:30 | 2:00 |
Comparativa entre as duracións en tren actuais e futuras entre as cidades do País Vasco con outras de Francia e España.
| Itinerario | Duración futura | Duración actual (2008) |
|---|---|---|
| Bilbao - Madrid | 2:10 | 4:45 |
| Vitoria - Madrid | 1:42 | 3:45 |
| San Sebastián - Madrid | 2:15 | 5:20 |
| Bilbao - Bordeos | 2:18 | 4:55 |
| Bilbao - París | 5:47 | 9:10 |
| Madrid - París | 7:25 | 13:27 |
| Madrid - Bordeos | 4:20 | 8:15 |
| Itinerario | Duración mínima actual tren | Autobús | Coche | Duración Y vasca |
|---|---|---|---|---|
| Bilbao - San Sebastián | 2h 13min | 1h 10min | 1h | 38min |
| San Sebastián - Vitoria | 1h 40min | 1h 30min | 1h 10min | 34min |
| Vitoria - Bilbao | 2h 20min | 1h | 45min | 28min |
| Bilbao - Madrid | 4h 50min | 4h 45min | 4h | 2h 10min |
| San Sebastián - Madrid | 5h 20min | 5h | 4h 40min | 2h 15min |
| Vitoria - Madrid | 3h 45min | 4h | 1h 45min | |
| Bilbao - París | 9h 10min | 12h 15min | 8h 30min | 5h 47min |
| San Sebastián - París | 11h | 7h 35min | 5h 09min | |
| Vitoria - París | 12h 15min | 5h 40min |