Avant
Renfe Avant é a marca comercial que Renfe Operadora utiliza para ofrecer servizos rexionais de alta velocidade. A marca Avant era coñecida anteriormente como Lanzadeira AVE. Para este servizo utilízanse trens deseñados para ofrecer servizos de menos de 1h30 de viaxe, nos que non existe a clase preferente e o número de prazas de clase club é moi baixo, 31 prazas frentre a 205 de clase turista.
Cando o número de unidades do tren AVE Serie 100 foi numeroso, Renfe a través da U.N. de Alta Velocidade, creou un novo produto denominado Lanzadeira AVE, comercializado ata finais de 2004 como un tren rexional de alta velocidade, prestando servizo entre Madrid, Cidade Real e Puertollano, estando prestado este servizo con trens AVE Serie 100 ata finais de 2004, ano no que foron substituídos por Serie 104. O percorrido entre Madrid-Puerta de Atocha e Cidade Real completábase en 45 min, alargándose 15 min máis ata Puertollano.
No outono de 2005 abriuse a LAV Madrid-Toledo, pola que se introduciron servizos Renfe Avant e estes mesmos introducíronse entre Córdoba-Central e Sevilla-Santa Justa.
Na actualidade, Lanzadeira Ave desapareceu como marca comercial, substituíndose por Renfe Avant e realizándose todos os traxectos con trens da serie 104 de Renfe e a Serie 130 de Renfe. Pero proximamente Renfe vai "resucitar" a denominación de Lanzadeira AVE para referirse aos Avant que circulen tamén por vía convencional, como o que circula xa entre Cádiz e Xaén.
Servizos prestados[editar]
Actualmente os trens Avant circulan cubrindo os seguintes traxectos:
- Madrid-Puerta de Atocha <> Cidade Real (53 min) <> Puertollano (1:13 h) Realízase coa serie 104.
- Madrid-Puerta de Atocha <> Toledo (30 min) Realízase coa serie 104.
- Sevilla-Santa Justa <> Córdoba Central (35 min) <> Puente Genil-Herrera (1:12 h) <> Antequera (1:26 h) <> Málaga-María Zambrano (1:55 h) Realízase coa serie 104.
- Madrid-Chamartín <> Segovia-Guiomar (35 min) <> Valladolid-Campo Grande (1:10 h) Realízase coa serie 121.
- Barcelona-Sants <> Camp de Tarragona (41 min) <> Lleida-Pirineus (1:15 h) Realízase coa serie 104.
- Zaragoza-Delicias <> Calatayud (30 min) Realízase coa serie 104.
- Zaragoza-Delicias <> Huesca (42 min) Realízase coa serie 104.
- Cádiz <> Xaén (4:08 h) Realízase coa serie 121. Primeiro servizo en largo internacional e ibérico. Cambios de ancho en Majarabique (Sevilla) e Alcolea (Córdoba).
- A Coruña <> Santiago de Compostela (25 minutos) <> Ourense-San Francisco (38 minutos)
Véxase tamén[editar]
- Renfe Operadora
- Media distancia Renfe
- Alta Velocidade Española
- Alta velocidade ferroviaria en España