Terminoloxía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Terminoloxía, en sentido amplo, refírese simplemente ao uso e estudo de termos, ou sexa, especificar as palabras simples e compostas dunha lingua que se usan xeralmente en contextos específicos.

Terminoloxía tamén se refire a unha disciplina máis formal que estuda sistematicamente a rotulación e a designación de conceptos particulares a un ou varios asuntos ou campos de actividade humana, por medio de pesquisa e análise dos termos en contexto, coa finalidade de documentar e promover o seu uso correcto. Este estudo pode ser limitado a unha lingua ou pode cubrir máis dunha lingua ao mesmo tempo (terminoloxía multilingüe, bilingüe, trilingüe etc).

Concepto[editar | editar a fonte]

Nas linguas hai amplas seccións do léxico exclusivamente denotativas. A súa estruturación non responde a criterios lingüísticos, senón que son os mesmos obxectos ós que fan referencia os que impoñen esa mesma estruturación. Non son campos semánticos, posto que non organizan significados lingüísticos senón obxectos (realidades). A palabra é nestes casos un substituto endosado á realidade.

O termo é un vocábulo lingüístico especial xa que carece do que Saussure chamou, como compoñente do signo lingüístico, significado: o significante refire directamente a realidade, de aí que sexan vocábulos puramente denotativos onde a connotación non ten cabida. Noutras palabras, na terminoloxía non cabe que aqueles que participan no acto de fala teñan unha idea propia e persoal (connotación do signo lingüístico) do significado da palabra, pois tal significado é puramente denotativo, exactamente igual á realidade extralingüística: cando un científico ou un alumno pronuncian a palabra mitocondria, ese significante non se refire á imaxe mental que eles se fan dunha mitocondria, senón ó que a mitocondria é na realidade extralingüística.

Terminoloxía

A disciplina da terminoloxía baséase nos seus propios principios teóricos e consiste fundamentalmente nos aspectos seguintes:

  • análise dos conceptos e as estruturas conceptuais utilizados nun campo ou dominio de actividade
  • identificación dos termos asignados aos conceptos
  • no caso da terminoloxía bilíngüe ou multilíngüe, establecimento das correspondencias entre termos nas diversas linguas
  • compilación da terminoloxía, en papel ou en bases de datos
  • xestión das bases de datos terminolóxicas
  • creación de termos novos (neoloxía), de ser o caso

Tipos de terminoloxía[editar | editar a fonte]

Distínguese entre dous tipos de terminoloxía:

  • Terminoloxía ad hoc, que trata un único termo ou un número limitado de termos
  • Terminoloxía sistemática, que trata todos os termos dun campo de estudos específico ou dominio de actividades

A terminoloxía ad hoc prevalece na tradución, onde se require a tradución dun termo específico (ou grupo deles) rapidamente para resolver un problema de tradución concreto.

A terminoloxía como disciplina[editar | editar a fonte]

Como disciplina, a terminoloxía está relacionada coa tradución e a neoloxía, e con frecuencia estúdase conxuntamente con esta nas universidades e facultades de tradución (por exemplo, na de Vigo). As súas principais figuras (segundo cadansúas escolas e épocas) son o enxeñeiro austríaco Eugen Wüster (da Escola de Viena), a belga Rita Temermann (da escola sociocognitiva) ou a catalana Teresa Cabré.

Tipoloxía[editar | editar a fonte]

A terminoloxía tamén se define polo contexto, o estudo de termos relacionado fundamentalmente coa súa organización polo contexto en que se usan. Estes contextos poden incluír:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]