Bifobia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bifobia é o medo, a discriminación ou o odio cara a persoas bisexuais. Non inclúe necesariamente a homofobia nin a heterofobia, porque hai estereotipos específicos pra os bisexuais[1].

[editar] Estereotipos bifóbicos

Os estereotipos bifóbicos inclúen, entre outros, a promiscuidade, poligamia, intercambio de parellas, estar confundido ou ser libidinoso[2]. Nalgúns casos, acúsase aos bisexuais de ter espallado enfermidades de trasmisión sexual á comunidade heterosexual ou incluso á comunidad LGBT. Deste estereotipo deriva aquel segundoo cal unha persoa bisexual podería ter sexo con calquera. Por iso os homes bisexuais adoitan ser vistos como portadores do virus da SIDA.

A miúdo, os heterosexuais engaden máis estereotipos baseados na homofobia. Os homófobos poden pensar que os bisexuais non están a gusto co seu sexo biolóxico. Ás veces os homosexuais consideran que os bisexuais conservan a súa reputación e colaboran con homófobos mentres distrutan simultáneamente da vida LGBT. Algúns consideran bifóbica a crenza de que a xente divídese entre heteroxuais e homosexuais, xa que pensan que a bisexualidade non existe[3].

[editar] Notas

  1. Eliason, MJ (1997). "The prevalence and nature of biphobia in heterosexual undergraduate students.". Archives of Sexual Behavior 26 (3): 317-26.
  2. GLAAD: Cultural Interest Media
  3. Dworkin, SH. "Treating the bisexual client". Journal of Clinical Psychology 57 (5): 671-80. PMID 11304706
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas