Ex gai
Ex gai é un termo empregado por algúns terapeutas de reorientación, grupos relixiosos e outros grupos de carácter conservador para describiren a unha persoa que supostamente mudou a súa orientación sexual de gai ou bisexual a heterosexual.
Índice |
Organizacións que rexeitan a homosexualidade [editar]
As principais organizacións e grupos que teñen dentro dos seus obxectivos mudar ou controlar a atracción homosexual son:
- Exodus International.
- National Association for the Research and Therapy of Homosexuality (Asociación Nacional pola Investigación e Terapia da Homosexualidade).
- Parents and Friends of Ex-Gays (Familiares e Amigos de Ex Gais).
- Love In Action (Amor en acción).
- Courage UK (Coraxe Reino Unido).
- Courage International (Coraxe Internacional).
- True Freedom Trust (Grupo Liberdade Verdadeira).
- Evergreen International (Mormón).
Razóns destes grupos para o rexeitamento da homosexualidade [editar]
Algúns grupos ex gai, basean a súa filosofía en conseguir reprimir os desexos homosexuais por medio da vontade ou a oración.[1] Por exemplo, algúns ex gais que se atopan casados nun matrimonio heterosexual recoñecen que os seus desexos homosexuais permanecen, pero esfórzanse en que os seus matrimonios funcionen.[2] Para algúns, o mero acto de adoptaren o termo «ex gai» é un dispositivo verbal polo cal «os individuos usan a linguaxe como a ferramenta primaria non só para expresaren a súa identidade, senón para creala e transformala».[3]
Os ex gais comparan o seu proceso co do «saír do armario». Algúns destes grupos que promoven estas técnicas tratan de distanciarse do termo ex gai. Courage International (Coraxe Internacional) non se considera como unha organización ex gai, senón que prefire o término «pro-castidade».[4] Parents and Friends of Ex-Gays and Gays (Familiares e amigos de Ex Gais e Gais), é a maior organización que se define a si mesma como unha organización de ex gais. Outras organizacións consideran que a homosexualidade se pode «curar», e que as terapias de reorientación son ferramentas útiles e necesarias para tratar e «corrixir» o desexo homosexual.[5]
Nos Estados Unidos, a American Psychiatric Association declarou: "Algunhas persoas cren que a orientación sexual é innata e fixa; con todo, a orientación sexual desenvólvese durante toda a vida dunha persoa."[6] A comunidade médica e científica maioritariamente considera que a homosexualidade non é unha enfermidade e, xa que logo, non se pode curar[7], a terapia «reparadora» non é eficaz e ademais é potencialmente daniña para a saúde mental.[8]
A American Psychiatric Association (Asociación Psiquiátrica Estadounidense) emitiu informes críticos, apoiados por varias organizacións médicas, de acordo á cal: «Simplemente non hai suficientes evidencias científicas de que a orientación sexual poida cambiarse».[9] Segundo isto, as posicións apoiadas polas organizacións ex gai «non están apoiadas na ciencia» e «crean un ambiente no que poden aflorar a discriminación e os prexuízos». Os grupos ex gai din que a comunidade científica tomou esta posición influenciados polas presións políticas e non por consideracións científicas.[10]
Notas [editar]
- ↑ Vexáse, e.x., SexualIdentityInstitute.org (Instituto sobre a Identidade Sexual). Consultado o 4-07-2007.
- ↑ christianitytoday.com ("Non easy victory": "A vitoria non é doada"). Consultado o 2006-03-26.
- ↑ Peebles, A. "It´s Not Coming Out, So Then What Is It? Sexual Identity and the Ex-Gay Narrative".
- ↑ Courage - FAQ's Alan Chambers, presidente de Exodus International (Éxodo Internacional), non está de acordo co termo e rexeitou publicamente o seu uso.
- ↑ Exodus International Policy Statements, Exodus International. Consultada o 04-07-2007.
- ↑ Gay, Lesbian and Bisexual Issues
- ↑ O 17 de maio de 1990, a OMS eliminou a homosexualidade da súa lista de trastornos mentais.
- ↑ American Psychological Association (Asociación Psicolóxica dos EE. UU.), et al.: [http://www.apa.org/pi/lgbc/publications/justthefacts.html “Just the Facts About Sexual Orientation & Youth: A Primer for Principals, Educators and School Personnel” (‘só os feitos acerca da orientación sexual e a xuventude: manual para reitores, educadores e persoal de escolas’), 1999. Consultado o 2007-02-23.
- ↑ APA Discredits 'Ex-Gay' Movement, 365Gay Newscenter, 8-11-2006. Consultado o 04-14-2007.
- ↑ USA - Gay Conversion. Consultado o 2006-06-22.Jeff Satinover: Homosexuality and the Politics of Truth, Baker, 1996.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- CatholicCulture.org (Homosexuality & Hope –Catholic Medical Association: homosexualidade e esperanza – asociación médica católica).
- CourageRC.net (Coraxe).
- EvergreenInternational.org (Evergreen Internacional).
- EWTN.com (Christian Anthropology and Homosexuality: Antropoloxía Cristiá e Homosexualidade).
- ExodusGlobalAlliance.org (Éxodus International: Éxodo Internacional)
- narth.com (National Association for Research & Therapy of Homosexuality: Asociación Nacional pola Investigación e Terapia da Homosexualidade).
- PeopleCanChange.com (‘As persoas poden cambiar’).
- SSAML.com (Same Sex Attraction Morality League: Liga pola Moralidade da Atracción ao Mesmo Sexo).
|
|||||||||||||||||